O xulgado de Corcubión encargado do caso considera que a firma puido ser neglixente nas súas inspeccións.
A xuíza de Corcubión encargada do caso Prestige, Carmen Veiras, admitiu a trámite a querela presentada por Nunca Máis contra a sociedade estadounidense ABS, por considerar que as inspeccións que efectuou no petroleiro puideron ser neglixentes e constitutivas de delito.
O auto da xuíza, do que se fai eco La Voz de Galicia, recoñece a dificultade de imputar persoas xurídicas, polo que chama a declarar como imputado o representante legal de ABS, como solicitaron os avogados de Nunca Máis, aínda que non até o 10 de setembro.
Paralelamente, o Estado Español mantén un pleito civil nos EUA e está pendente dun recurso contra a inhibición do tribunal no caso. A xuíza admite a querela por considerar que ABS "foi a encargada de levar a cabo as inspeccións periódicas obrigatorias" e "autorizou a navegación do buque".
Carmen Veiras tamén solicita case todas as probas que pediu Nunca Máis: as actas das inspeccións de 2001 e 2002, a identidade dos inspectores que as realizaron, o organigrama e a estrutura da sociedade, os seus órganos de representación e de dirección.
Reacción de Nunca Máis
O voceiro da plataforma, Rafael Villar, cualificou a nova de "paso positivo", a pesar da lentitude do proceso xudicial. Para Villar, a vía abriuna o xuízo polo afundimento do Erika, en decembro de 1999, que procesou a sociedade de certificación daquel petroleiro. Porén, o representante de Nunca Máis coida que a sentenza aínda tardará e que non se producirá este ano.
Bon, imos ver. A plataforma Nunca Máis é clandestina?. Informa, convoca asambleas, ten algunha web, quén toma as decisións?.
Así é como facemos País?. De ónde saen os cartos?.
Isto é escandaloso como tamén é escandaloso que un liberado sindical como Rafa Villar cale durante meses e apareza agora como voceiro de algo, de qué leite bravo é voceiro?. E vai ser voceiro toda a vida?.
Obrigado por converter a Nunca Máis nunha plataforma de políticos averiados e sindicalistas que non a rañan que deciden por nós e sobre nós. Obrigado e ide á merda.