Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Os ministros tenden pontes con Serbia

A UE evita falar de boicot e renuncia a facer presión sobre China

A declaración asinada polos ministros limítase a pedirlle aos chineses "diálogo construtivo" e tratar a "preservación da lingua, cultura, relixión e tradicións tibetanas".

Redacción - 10:00 30/03/2008

Apenas unha pequena referencia realizada pola presidencia de quenda, con Eslovenia á fronte, onde se sinala que a Unión Europea "seguirá vixiando de perto a situación dos dereitos humanos en China". Desde a mesma oficina da presidencia da UE este semestre, indicaban ao respecto das propostas de boicot á cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos que a UE, en tanto que non forma equipos como tales, déixalle a cada estado membro a decisión ao respecto.

Nese sentido, o representante da política exterior europea, Javier Solana, anunciou que estará na cerimonia, o mesmo que fixo a diplomacia do Estado español e tamén o Reino Unido ou Portugal. Por outro lado, entre os ministros de Exteriores que confirman que os seus gobernos cavilan non asistir aparecen Alemaña, Francia e Polonia.

Por outra banda, a diplomacia europea aproveitou a cita para convidar o ministro serbio de Exteriores, Vuk Ieremic, a unha xuntanza especial. A reunión realizouse de feito á marxe do resto da axenda dos representantes de Exteriores, para evitar que o delegado serbio coincidise co de Kosovë, xa que a UE convidou tamén o primeiro ministro cosovar, Hashim Thaci. Na xuntanza, Serbia solicitou acelerar a sinatura do Acordo de Asociación coa Unión Europea. Ao respecto deste chanzo, os ministros fixeron presión á súa vez sobre a diplomacia neerlandesa, xa que os Países Baixos manteñen agora mesmo un veto á sinatura do acordo de asociación con serbia. Ao fío, a presidencia eslovena recomendou que se facilite este acordo, xa que reforzaría as posibilidades das forzas políticas pro-europeas nos comicios lexislativos que se celebrarán o próximo mes de maio.


5/5 (1 votos)


Comentarios (2)

baltar69 #1 1/Abril/2008 baltar69

dou por sentado que tódalas cadeas de televisión e tódolos medios escritos de discurrir masivo nas democracias capitalistas occidentais falsearon mediante manipulacións, cando non con enganos, os feitos que aconteceron nas derradeiras semanas co galo das protestas e desordes na rexión autónoma do tibet.
tanto a cnn como a bbc usaron imaxes trucadas e descontextualizadas, como ven sendo habitual nestes adiantados seguidores da intoxicación vestidos cas teorías da liberdade e dos dereitos humáns, e secuencias tomadas noutros lados alleos o territorio chino ou tibetano ( no nepal, por exemplo, varias manifestacións foron reprimidas, ó igual que na india e tanto os pes de foto como as voces en off dos redactores falaban da represión da policía china ) para incriminar as forzas de seguridade china como as responsables de estas algaradas, cando parece confirmarse que a intervención das tropas se levou a cabo para impedir actuacións violentas en contra dos comerciantes e grupos étnicos escasamente acomodaticios cas lerias dos seguidores do enésimo lama.
si ben en algúns casos estes " informadores " interesados son de sobra percibidos pola cidadanía como escoria polo trato e nula rigurosidade esibido, totalmente entregados a un concepto de periodismo espectáculo que únicamente busca atraer a atención dun público morboso a desgraciadas situacións da crónica negra ( caso da nena que apareceu morta en huelva ), noutras ocasións adiviñase a presencia de cabales gabinetes de desinformación para que a poboación sexa manipulada no sentir colectivo e non resulta tan perceptible polo telespectador ou polo lector este engano, máxime cando cando tódolos medios, independentemente dos escasos matices que intercalen, os repiten até a saciedade.
esta visión sesgada e maliciosa de china non se debe a casos de ignorancia ou de racismo ( ben presente na nosa cultura, por moito que se pretenda lavar con billetes de euro ); débese, nas máis dos casos, o interés que os grupos capitalistas occidentais defenden e a posibilidade de que o país asiático se asome ao banquete das potencias sen abonar nengúns dos peaxes que os cidadáns do " mundo libre" paga a cada momento. de ahí que estes pequenos intentos de desestabilización non sexan máis que guiños a galería, unha galería que pretende entronizar no noso actuar unha certa categoría moral e intelectual que nos sitúe como o punto de inflexión na moderna teoría social.
occidente necesita á china, hoxe como gran laboratorio e mañán como gran mercado, pero pretende lavar as mans ante o seu electorado á maneira de pilatos e vendernos a todos que son un país deleznable. pero nos coñecemos a actuación histórica de estes católicos de pacotilla, sabemos do prezo e da rapiña do imperialismo histórico e actual, sabemos quen foi metrópoli ladrona e quen foi colonia, sabemos quen desencadenou a vergoñenta guerra do opio e tódalas outras guerras que asolaron o mundo dende 1.692. nos xa o sabemos, a pesares de eses tristes laboratorios de mentira e non vamos berrar de novo que solten a barrabás.

xaviersouto #2 2/Abril/2008 xaviersouto

Eis um link interessante para sabermos o que se passa na imprensa occidental quando (des)informa sore o Tibet: http://www.rebelion.org/notici...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: