Os deputados nacionalistas reiteran que é fundamental un maior ritmo inversor, os avances no autogoberno e a reforma do voto emigrante.
Os dous deputados do Bloque no Congreso non teñen aínda decidido se van apoiar a investidura de Rodríguez Zapatero como presidente do goberno español. Francisco Jorquera e Olaia Fernández Davila mantiveron este mércores unha xuntanza co secretario de organización do PSOE, Xosé Blanco, e co deputado Ramón Jáuregui. Ao remate da mesma, Jorquera subliñou que a formación frontista aínda non saben cal será o sentido do voto. Os nacionalistas afirman que apoiarán a Zapatero sempre e cando haxa “xestos” cara as propostas do Bloque, de non habelos, optarán pola abstención.
Os deputados nacionalistas volveron a debuxar as liñas mestras que demandan para Galiza nesta lexislatura. Para Jorquera é fundamental que o executivo socialista desbloquee totalmente competencias como a de Tráfico. En canto aos investimentos, os nacionalistas consideran que é preciso aumentar os mesmos en infraestruturas, á vez que se apoia os sectores produtivos. Isto concretaríase na revitalización dos asteleiros de Fene e nun maior apoio ao sector leitero galego en Bruxelas.
Tal e como se anunciara, o voto emigrante é outra das bazas cruciais nas negociacións. O Bloque considera que o sistema actual non cumpre as mínimas garantías democráticas. Entre outras esixencias, demandan que os emigrantes depositen en urnas os seus votos.
Los socialistas saben perfectamente:
A. Que el BNG les apoyará o se abstendrá, pero que en ningún caso votará en contra.
B. Que con sus dos escaños no pintan nada, asegurados los votos de CiU, IU y PNV.
Gaviotero, como me pos. É que che daría duro agora mesmo. Póñenme cachondo os teus comentarios.
Gavieotero fas unhas análises tan precisas e boas que pode que acabes de tertuliano antes de Arguiñano!!!!!
IU sí oh!, os mesmos que lle esixen o cambio da lei electoral para poder votar a favor... Pode ser que o bloque non pinte moito, pero non se pode afirmar categoricamente, porque o PSOE non se poderá apoiar sempre en CIU e PNV eternamente, e iso é ben sabido.
A pé desta información foi borrado un comentario:
En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.
O de vieiros con este TROLL estame parecendo certamente PATÉTICO
Felicitacións a redacción de Vieiros polo seu proceder, agardo que fagan o mesmo cos comentarios ofensivos, insultantes e calumniadores dalguns foristas enemigos desta terceira parte do Pobo Galego que é A EMIGRACIÓN.
Simplemente revisade os foros donde se topa este tema e veredes.
Sí, sí, o que queirades. Mentres falamos do troll e de gaviotero, non tocamos o tema da posición do BNG a respecto da investidura de Zapatero.
Ah, que tempos. Lembro a mani primeira de Nunca Máis, perto xa do Hotel Compostela, cando o entón líder da oposición, amigo Zapatero, se incorporou e foi recibido cunha chuvia de ovos. Qué tempos. Aquelo sí que era liberación nacional.
Bon, todo quisque ten dereito a mudar e se a mudanza é rápida e en beneficio de Galiza, mellor que mellor.
Entendo que o encoramento de votos do BNG nas últimas elecións xerais non é debido ás diferentes tomas de decisión do BNG en Madrid
onde se comportou como un partido de goberno responsable (votemos pola ministra de Fomento que algo caerá) senón a que nas cidades galegas (nomeadamente Pontevedra e Ferrol pero tamén Vilagarcía) a mensaxe do BNG chegou até onde tiña que chegar. Se medran, medrarán nas vilas pequenas e no rural en parte grazas á política de Quin, que non vos é moi diferente á que praticaba Coalición Galega, ou sexa, caciquil.
Qué fará o BNG co seus dous votos na investidura de Zapatero?.
Misterio, como o que está tras a mesta néboa galega. Pero se algo podemos trincar en Madrid para a nosa Nazón, entón todo vale. Alta política é a figura que máis lle cadra a esta situación.