Unha vez que a emisora perdeu un xuízo por despedimento improcedente denunciou a maxistrada alegando que o seu avogado non entendía a lingua.
A resolución do xulgado do social número 2 de Santiago de Compostela, notificada o 23 de xaneiro, consideraba probado que unha traballadora da COPE fora despedida pola súa opción sexual (casara cunha muller) e pola súa militancia política (pertencía ao BNG), e ordenaba á emisora que a readmitise e lle pagase os salarios pendentes. Segundo denuncia a Mesa pola Normalización Lingüística, foi naquel momento cando os avogados da COPE anunciaron ao xulgado o seu descoñecemento do galego e esixiron a tradución da sentenza.
A demanda presentárase en galego e así se tramitou. Os avogados da Cope responderon á demanda sen se queixaren da lingua empregada, e continuouse o procedemento en galego "con toda normalidade". Finalmente, o día do xuízo, "cada testemuña expresouse na lingua que quixo, e a acta está redactada en galego e en castelán".
Agora, a instancias da demanda dos avogados da COPE, o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) abriu unhas dilixencias previas contra a titular do xulgado do social número 2 de Santiago de Compostela, Ana López-Suevos, acusándoada de "sectarismo e partidismo" polos avogados da Cadea COPE por ter permitido a utilización do galego. A emisora aduce que o seu avogado dixéralle á xuíz que o castelán é o único idioma que coñece e que, aínda así, a maxistrada permitiu o uso do galego. López-Suevos négao con rotundidade e xa fixo chegar ao CXPX unha certificación da secretaria xudicial que dá fe de como se desenvolveu o xuízo.
Denuncia da Mesa
A Mesa pola Normalización Lingüística amosou o seu total apoio e solidariedade coa maxistrada inxustamente investigada e esíxelle ao CXPX "o inmediato arquivo das actuacións que se seguen contra ela a nivel informativo". Así mesmo, a Mesa denuncia o emprego destas queixas como elemento amedrentador dos xuíces e xuízas "que optan libremente por empregar o galego como lingua vehicular do xulgado e que respectan escrupulosamente os dereitos lingüísticos de todos os intervenientes no proceso".
Finalmente, considera a actuación da COPE "tácticas xurídicas burdas e zafias" para disimular o verdadeiro fondo deste asunto: "que os letrados da Cope foron derrotados xustamente nun procedemento xudicial por despedir a unha traballadora por móbiles homófobos e políticos".
Este asunto é gravísimo e merece todo o apoio do nacionalismo e do galeguismo. É o que nos faltaba, que unha das poucas maxistradas que usa o galego sexa acurralada pola emisora ultrafascista dos curas.
O que hai que facer é unha campaña contra da COPE por xenófoba e anti-galega e medios satelite e non permitir que renoven licenzas en Galiza.
PAREMOS A CADEA DO ODIO!!
O do CXPX admitindo a tramite a demanda xa lles vale, agardemos que non vaia moi lonxe.
TODOS A COMPOSTELA O 18 DE MAIO!!!
Impresionante e impresentable. O de investigar a unha xuíz por "permitir o uso do galego", pero non esquezamos o subxacente, que unha empresa bote a unha persoa por ser lesbiana, de esquerdas e galeguista.
Ana López é unha das xuízas máis competentes que temos no país, todo o meu apoio para que siga poñendo boísimas resolucións EN GALEGO
A COPE é un reduto de resentidos e de xenófobos. No seu ideario figura como primeiro versículo: Irás contra a liberdade dos pobos diferentes, negarás e aniquilarás toda cultura que non claudique ante as botas do invasor, esixirás que todo o mundo se exprese na lingua do imperio.
Segundo versículo: Serás trapalleiro no aspecto xurídico até o extremo do grotesco; así os benpensantes verán a túa pureza de intención en canto dis e fas, e a túa heroica disposición a ser crucificado, morto e soterrado no presbiterio da catedral de Burgos, xusto debaixo do asento que en breves datas ocupará e sobará o cóengo, Jiménez Losantos.
Contraversículo: Ite retro, vómitos do Evanxelio!
Nin un paso atrás, señora Xuíza. Estou ao seu lado co corazón e coa mente.
Mimá como esta o patio,en fin tremendo.
¿Cando é a manifa de galicia bilingüe para protestar por isto?:)
A verdade é que se trata de um assunto gravíssimo, porque se a juíza demonstra que as suas afirmações, os advogados da COPE estariam a incorrer em vários delitos, polos quais espero que caia sobre eles todo o peso da lei espaÑola.
Caros amigos, a campanha eleitoral da dereita máis ráncia está em marcha para nom perder máis pesso na Galiza; e éste é só um dos diversos capítulos da programaçóm preparada para os próximos messes desde vários ámbitos para resistir o desgaste nas eleiçóns autonómicas ...
assim que, polo menos, que nom nos colham desprevenidos.
Todo o meu apoio para esa maxistrada pola súa profesionalidade, sentido común e dignidade!!!.
Se esta é a campaña eleitoral da dereita máis ráncia e resentida...benvida sexa, e que se siga manifestando con esa transparencia, que seguro que alivantan o país en contra dela!!!
Pregunta: esta xuíza e a irmá daquel home que perdera unha praza de profesor universitario fronte a Touriño por que non lle entendían os seus traballos por estaren en galego? (e por non ter enchufe, claro)
No nome do pai, do fillo e da pomba "buena onda"....
Cubríronse de gloria os avogados da COPE....
Nin caso señora xuíza, a facer camiño co seu traballo e coas súas sentenzas en galego.
O eixo da campaña da ultradereita do PP para as eleccións autonómicas será o ataque ó noso idioma.
Non hai máis que ollar a prensa provinciana galega (La Voz, El Faro).Case tódolos días aparece unha nova sobre a "persecución do castelán" e a "imposicion do galego" por parte dos "sectarios nacionalistas".
E xa veremos o que fan os do Consello Xeral do Poder Xudicial, tan dispostos eles a defender a xuíces que deixan en liberdade a pederastas, con esta denuncia dos seus amiguiños da COPE.
Supoño que todo son "artimañas" xurídicas dos avogados.Nada máis.Noraboa pola maxistrada.Mágoa que sexan fabas contadas no eido xudicial.Polo demáis dicir que, pese a que obviamente non estou a favor da línea editorial da emisora dos obispos nin coas súas "estrelas" radiofónicas, entendo que debe primar a liberdade de expresión.Pese a quen pese.
Coñezo o impecable labor da xuiza López-Suevos nos eidos legal, social e lingüístico, e, sen entrar noutras cuestións, merece toda a solidariedade.
Facédeo chegar.
#17 xoselado A liberdade de expresión pouco ten que ver coa renovación de contratos. Se eles teñen un dereito de antena en Galiza e un contrato de emisión a renovar cada x anos (que se terá que ater a unha serie de reglas) e están a usalo reiteradamente pra difamar (cousa doada de demostrara e agardo q alguén se digne en facelo pola vía xudicial xa) e dirixir comentarios claramente xenofobos contra dos galegofalantes e por veces contra do conxunto dos galegos e dos seus principais sinais de identidade, é de dereito e cuestión de dignidade colectiva sacar a COPE de Galiza. A liberdade de expresión é unha cousa, deixarlle a unha emisora que vaia espallando GALEGOFÓBIA e facilitarlle os medios pra facelo é algo ben diferente.
Sería de grande utilidade coñecer o texto da denuncia dos avogados da COPE e mais o informe remitido á comisión disciplinaria do CXPX por parte da maxistrada denunciada para axustar o comentario; mais, polo de agora coido que convén ter en conta que:
1ª) Desafortunadamente para as comunidades lingüísticas españolas distintas da castelá , e para os seus membros, existe a crenza xeralizada, desgrazadamente tamén entre xuristas (xudicatura, avogacía, procuradoría,...), de que do réxime de cooficialidade ligüística vixente nos territorios propios das linguas españolas distintas do castelán se deriva o “dereito” a usar indistintamente calquera das linguas oficiais en calquera acto de comunicación lingüística; mais, esta crenza é manifestamente contraria á lóxica (iuslingüística) propia da regulación normativa vixente e aplicábel en materia de linguas e dereitos lingüísticos.
En efecto, xa hai máis de vinte anos que o TC tivo que manexar o concepto de oficialidade aplicado ás linguas españolas, e dixo (STC 82/86, fx 2º): "Aunque la Constitución no define, sino que da por supuesto lo que sea una lengua oficial, la regulación que hace de la materia permite afirmar que es oficial una lengua, independientemente de su realidad y peso como fenómeno social, cuando es reconocida por los poderes públicos como medio normal de comunicación en y entre ellos y en su relación con los sujetos privados, con plena validez y efectos jurídicos (sin perjuicio de que en ámbitos específicos, como el procesal, y a efectos concretos, como evitar la indefensión, las Leyes y los tratados internacionales permitan también la utilización de lenguas no oficiales por los que desconozcan las oficiales)".
Daquela, nada impide que calquera poder público recoñeza ou declare como oficial calquera lingua allea (ou a propia, claro!), vg. o concello de Burela o portugués; mais, como se pode tirar doadamente, dese concepto constitucional de lingua oficial DE NINGUNHA MANEIRA SE TIRAN DEREITOS DE USO POR PARTE DOS PARTICULARES, nin en concreto o DEREITO a usaren unha ou outra linguas oficiais os empregados públicos.
Dese concepto constitucional de lingua oficial só se pode derivar a obriga dos poderes públicos de COÑECEREN, na persoa dos seus empregados e autoridades obviamemte! e, eventualmente, USAREN, tamén a través dos seus empregados e autoridades, a ou as linguas declaradas oficiais.
Ven isto a conto porque os galegoexterminadores obxectivos, conscientemente ou non, os defensores obxectivos da progresiva extinción do galego por medio da indebida merma dos seus usuarios, afirman teimuda e temerariamente que da oficialidade do castelán e mais do galego na Galiza se pode deducir o (INEXISTENTE!) dereito a escolleren de entre as oficiais a lingua de uso en calquera actividade ou circunstancia de comunicación lingüística.
Sendo, por outra banda, certo, moi certo!, que existe o dereito constitucionalmente recoñecido (art. 3 CE) a usar o castelán na Galiza ( e o polaco, e o chinés, e calquera das outras seis mil, disque, linguas que hai no mundo ex art. 27 PIDCP!), e sendo igualmente certo, moi certo tamén!, que existe o dereito constitucional (14 CE) e estatutariamente (5 EAG) recoñecido a usar o galego na Galiza; non é menos certo que eses dereitos nin son absolutos nin se poden exercitar de xeito abusivo: hai circunstancias nas que un deles ten que ceder fronte ó outro.
Como o dereito de uso non se limita á facultade de expresarse, senón que integra as facultades de expresarse e mais de informarse (uso activo e pasivo, oral e escrito), cando dous interlocutores pretenden exercitar o dereito de uso de linguas distintas, expresándose en cadansúa lingua, a comunicación resulta imposíbel (agás que se coñeza a lingua do outro!, que será en todo caso algo alleo ó dereito de uso), e o exercitamento do dereito tamén!
Nesta circunstancia o dereito dun deles NECESARIAMENTE ten que quedar suspenso para que o outro poda exercitar o seu. Nesta situación preséntase o problema de discernir cal dos dereitos entra en suspensión e cal deles se exercita. E, a solución, para o caso da Galiza é a seguinte: a) Se os interlocutores coñecen ou deben coñecer o galego (14 CE) usarán o galego (3.3 CE); e, b) Se algún dos interlocutores, ou ambos!, sendo españois ambos, descoñece LEXITIMAMENTE o galego (porque razoabelmente non puido aínda aprendelo) usaran o castelán ou outra lingua que coñezan (14 CE).
A solución non é, como algúns pretenden, que cada un se EXPRESE no que lle pete, con tal de que se entendan; pois, o DEREITO non é unha liberdade, é un poder que o titular ten sobre alguén, o dereito ó uso dunha lingua non é viábel sen coñecela e significa esencialmente dispor, coa intermediación do Estado de ser o caso, de interlocutores nesa lingua (uso pasivo); ten unha finalidade social (comunicación, tamén da identidade cultural!) e non só unha satisfacción individual (emitir sons, lingüísticos ou non!, por propio pracer ou interese).
Por outra banda, a CE esixe un especial respecto e protección das modalidades lingüísticas de España (3.3 CE) e, daquela, a fortiori, con moita máis razón!, das linguas españolas (calquera que sexa o significado que lle queiramos dar a "modalidade lingüística").
Así, se existira o dereito a ESCOLLER lingua de entre as oficiais na Galiza e todos escolleramos o castelán (de tal “dereito” serí
iamos titulares todos os españois na Galiza, obviamente!), é máis que obvio que o galego NON recibiría absolutamente NINGÚN tipo de protección nin respecto (que como mínimo esixen que se conserve como lingua viva, que non morra, se extinga ou vire en lingua morta!), infrinxíndose manifestamente o art. 3.3 CE. De aí que esta redución ó absurdo nos leva a concluir con clareza que ese dereito de escolla é INEXISTENTE.
Á mesma conclusión se chega se todos escolleran o galego porque; en primeiro lugar, quen non o sabe non o pode escoller (e hai españois que non o saben, non o dubidemos!, e hainos que non o queren saber!), non podería razoabelmente ser titular dun dereito que non pode exercitar e, caso de que o escolla sen ser capaz de usalo, a súa escolla sería gora, inútil, non desempeñaría ningunha función social, sería antixurídica e irracional, algo NUNCA buscado polo dereito nin por ningunha norma xurídica.
Así as cousas, xuridicamente, en dereito é IMPOSÍBEL a existencia do por algúns pretendido “dereito” de OPCIÓN ou escolla de lingua oficial na Galiza ou, analogamente, en calquera outro territorio español con lingua propia oficial distinta do castelán (como é sabido, o caso do uso do castelán no seu territorio propio e do uso de linguas alleas no seu territorio non experimenta ex constitutione ningún cambio verbo da situación preconstitucional).
2ª) Non sendo admisíbel en dereito a pretensión da existencia do “dereito” de opción ou escolla de lingua oficial nos territorios españois con réxime de cooficialidade lingüística procede determinar cando se poden exercitar os dereitos de uso do galego ou do castelán na Galiza, cando hai obriga, no seu caso, de usar un ou o outro e cales son as cargas, prexuízos ou sancións que conleva o incumprimento desas obrigas lingüísticas. Vexámolo!
Como é ben sabido, xa no seu preámbulo a Constitución Española de 1978 constata que a Nación española (os pobos de España) proclama a súa vontade de, entre outros moi poucos obxectivos xerais!, o de “protexer a todos os españois e pobos de España no exercicio dos DEREITOS HUMANOS (v.g. art. 27 PIDCP da ONU), das súas CULTURAS, das súas LINGUAS e istitucións”. E, presidindo a relación dos máis valiosos dereitos e liberdades da persoa humana, indica (art. 14 CE) que “os españois son iguais perante a lei, sen que poida prevalecer discriminación ningunha..... por calquera condición ou circunstancia persoal ou social” (cfr. co tamén art. 14 CEDH, vía art. 10 CE). Impoñéndolles asemade ós poderes públicos a obriga de “promoveren as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e mais dos grupos nos que se integra sexan reais e efectivas, removendo os atrancos que impidan ou estorben a súa plenitude..” (art. 9 CE).
Esta prohibición constitucional de discriminación lingüística, xunto cos valores superiores do ordenamento xurídico (1.1 CE), principio xeral do dereito e dereito fundamental á igualdade (14 CE) esixen, por unha banda, TRATAR IGUAL OS IGUAIS (as linguas propias entre si e as linguas alleas entre si; isto é, tratar igual os usuarios dunha lingua española no seu territorio propio que os de calquera outra no seu, e tratar igual os usuarios dunha lingua allea que os de outra tamén allea no territorio propio doutra terceira) e, por outra, TRATAR DIFERENTE OS DIFERENTES (a lingua propia e a lingua allea; isto e, tratar diferente os usuarios da lingua propia no seu territorio verbo dos usuarios de lingua allea no territorio propio doutra).
Mais, ese TRATAR DIFERENTE OS DIFERENTES por motivos lingüísticos non pode ignorar que “a Constitución fundaméntase na indisolúbel unidade da Nación española, patria común e indivisíbel de todos os españois, e recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran e a solidariedade entre todas elas” (art. 2); que “os españois teñen dereito a elixiren libremente a súa residencia e a circularen por todo o territorio nacional (art. 19.I CE), e que, “todos os españois teñen os mesmos dereitos e obrigas en calquera parte do territorio do Estado (art. 136.1CE).
Por iso xa o constituínte estableceu unha lingua (o castelán, que aínda que no momento de aprobación da Constitución puido ser unha opción herdeira do autarquismo franquista e, daquela, pouco internacionalista, hoxe debería ser substituído como lingua común ou universal por outra que permitira unha comunicación lingüística directa entre membros dun maior número de comunidades lingüísticas do mundo, sen prexuízo da conveniencia de coñecermos os membros de cada comunidade lingüística española a lingua ou linguas das comunidades lingüísticas veciñas) como lingua común ou universal no pequecho universo das linguas españolas impondo a súa oficialidade (deber de coñecemento e eventual uso por parte dos poderes públicos a través dos seus empregados e autoridades) e mais o deber xeral de coñecela PARA, EVENTUALMENTE, USÁRMOLA tamén os particulares con quen lexitimamente aínda descoñeza a lingua propia do territorio (art. 3.1 e 2, e 14 CE).
Esta estrutura complexa do Estado español, tanto desde o enfoque da distribución territorial do poder político-administrativo coma da realidade plurilingüística determinan un réxime de usos lingüísticos no que a lingua propia do territorio sexa a lingua de uso xeral, normal ou habitual no seu territorio propio respectivo (o castelán en Castela, o galego na Galiza, o ... en ... ), como condición necesaria para o seu respecto e protección constitucionalmente esixidos ex art. 3.3 CE e garantía do preceptuado no art. 14 CE; e a lingua común, interlingua, lingua de integración ou antidiscriminatoria (o castelán fóra do seu territorio propio, a substituir por outra de maior potencialidade interlingüística coma o inglés, esperanto, ... ) a lingua que permita a comunicación lingüística directa entre españois membros de distintas comunidades lingüísticas españolas e mais a integración dos españois dunha comunidade lingüística española noutra.
De aí a regra-resumo en materia de dereitos lingüísticos na Galiza: NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN CASTELA NA SÚA, SEN PREXUÍZO DE USARMOS LINGUAS ALLEAS, NOMEADAMENTE O CASTELÁN COS OUTROS ESPAÑOIS (inglés, esperanto, ... cos outros terráqueos), CON QUEN LEXITIMAMENTE AÍNDA DESCOÑEZA A LINGUA PROPIA DA GALIZA.
Así todo, como xa se adiantou, o que existe é a obriga de usarmos a correspondente lingua territorial (obxecto de especial respecto e protección) no seu territorio propio respectivo con carácter xeral ou habitual, e isto sen prexuízo de usar linguas alleas con quen lexitimamente (por falta de arraigamento v.g.) descoñeza a lingua propia do territorio, nomeadamente o castelán cos españois doutras comunidades lingüísticas españolas que descoñezan a nosa, e todo isto sen prexuízo asemade doutros usos de linguas alleas iocandi causa, docendi causa ou por outras causas debidamente xustificadas.
Réxime lingüísico que, completado co art. 27 do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos da ONU, tamén permite que ENTRE ELES usen a súa lingua persoal os membros de calquera comunidade lingüística distinta da propia do territorio; mais, coa obriga (ex arts. 3.3 e 14 CE) de se integraren na respectiva comunidade lingüística española de cada territorio.
Así o entendeu xa tamén o propio Tribunal Constitucional na referida sentenza 82/86 (fx. 3º), ó dicir que “a posibilidade de usar só unha delas (das linguas oficiais) en vez de ambas á vez, e a de usalas indistintamente, aparece CONDICIONADA, nas relacións cos particulares, polos DEREITOS que a Constitución e os estatutos lles (ós particulares) atribúen....sendo o dereito das persoas (naturais) ó uso dunha lingua oficial un dereito fundado na Constitución e mais no respectivo estatuto de autonomía”.
Tamén o ven entendendo así o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza na súas sentenzas da Sala do Contencioso-Administrativo nº 573/95 do 14.09.95, e nº 739 do 16.11.95; cando di que “é oportuno lembrar que o problema suscitado non é o da validez ou carácter oficial do galego ou do castelán, senón o do dereito do cidadán a que se utilice unha ou outra lingua nas súas relacións coa Administración, e a conseguinte obriga desta última a posibilitar o exercicio de tal dereito.
Daquela, se a posibilidade de usarmos os particulares unha ou outra lingua vén condicionada tanto por dereitos subxectivos (non discriminación e igualdade) coma por obxectivos colectivos (respecto e protección do patrimonio cultural da humanidade), tamén está sometido a eses condicionamentos o uso das linguas por parte dos órganos dos poderes e administracións públicas (que adquiren a súa lexitimidade das potestades que lles atribuímos a cidadanía).
Por outro lado, segue plenamente vixente o art. 6.3 do código civil (malia non ter sido aínda publicado en galego) establecendo a nulidade de pleno dereito dos actos contrarios ás normas imperativas e ás prohibitivas (“ Los actos contrarios a las normas imperativas y a las prohibitivas son nulos de pleno derecho, salvo que en ellas se establezca un efecto distinto para el caso de contravención”).
Daquela, sendo imperativas ou prohibitivas tanto as normas constitucionais aludidas coma as estatutarias e legais en materia de dereitos e usos lingüísticos, resulta inexorábel a nulidade dos actos que non se acomoden ó por elas prescrito.
E, amais, ex art. 53.1 CE, corresponde ex officio A TODOS OS PODERES PÚBLICOS (e Administracións públicas) impedir calquera violación do dereito fundamental á igualdade e á non discriminación TAMÉN!! por mor ou causa de lingua (NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN CASTELA NA SÚA, sen prexuízo...) e, daquela, aprezar a nulidade e ausencia de todo efecto das condutas lingüísticas infractoras do ordenamento imperativo ou prohibitivo.
3ª) En boa lóxica xurídica, falar de obrigas lingüísticas ou de dereitos lingüísticos é falar da mesma relación xurídica aínda que vista, respectivamente, desde a posición xurídica do obrigado ou do que ten o poder, coa intermediación do Estado de ser o caso, de obrigalo.
4ª) Así, os representantes procesuais da COPE, na medida na que son colaboradores da administración de xustiza, veñen sometidos ó principio de dupla oficialidade e obrigados, daquela, a usaren a ou as linguas oficiais que de acordo cos dereitos das partes materiais que sexan persoas xurídicas corresponda.
E, a maxistrada vén obrigada tamén a usar a ou as linguas oficiais que corresponda: a propia do territorio; sen prexuízo de virar, oralmente ou por escrito, directa ou mediatamente (tradución e interpretación), as actuacións ou parte delas á oficial allea.
E fará o mesmo coas linguas alleas non oficiais nas que se expresen outros colaboradores da administración de xustiza (testemuñas, peritos, ... ) que lexitimamente descoñezan as oficiais: recolleranse en galego as súas manifestacións e poranse tamén en castelán para quen descoñeza lexitimamente o galego (evidentemente tamén se lles formularán nunha lingua allea que entendan as correspondentes preguntas!).
La noticia es falsa, con lo cual sobra cualquier comentario.
Y la sentencia, emitida por una bloqueira, apañera de la causa, será fácilmente recurrible.
Así que rabiad, malditos...
Por unha vez que unha xuiza está aprol do galego, queren cortarlle a cabeza os fachas da COPE. Amigos dos da COZ de Galicia, el correo gallego , faro de vigo e outras herbas. Todoa amigos pra darlle o toque de graza a nosa lingua e por riba a Xunta dalle subvencio'ns , non entendo nada.