PSdeG e BNG prognostican que será unha das últimas "tropelías" de Baltar antes de que os cidadáns lle retiren a confianza definitivamente.
A actualidade ourensá axítase estes días co debate sobre a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza respecto do conflito coa Finca Santamariña. Un espazo de privilexio en pleno Concello onde a Deputación de Ourense lle vendeu hai xa seis anos, e sen mediar concurso, arredor de 180 mil metros cadrados á empresa Flager SA polo equivalente daquela a 8,4 millóns de euros.
Trátase dun proxecto inmobiliario que constrinxe o desenvolvemento da cidade nun lugar estratéxico. Ademais, segundo algunhas estimacións os ingresos posíbeis pola venda de vivendas e locais comerciais podería multiplicar esas cifras até uns beneficios de 180 millóns de euros posíbeis. Por todo isto, socialistas e nacionalistas levaron o caso aos xulgados e, despois dunha longa lea, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sorprende agora fallando en favor da Deputación de Ourense.
Paradoxal decisión xudicial que "impide chegar ao fondo do asunto"
Malia que estudan chegar até o Constitucional co caso, analizada a sentenza, PSdeG e BNG, consideran que a xustiza optou por non entrar no fondo do asunto. "Discrepamos ao cen por cento coa sentenza", explica Alfredo García, voceiro provincial do PSdeG, laiándose de que os xuíces eviten darlle saída xurídica a unha "falcatruada co patrimonio público" destas dimensións. Os socialistas basearan a súa denuncia en subliñar o esaxerado baixo prezo ao que segundo eles accedera a Deputación para ceder os predios, e consideran que o presidente da institución, Xosé Luís Baltar, facilitou un "agasallo" que podería ter proporcionado ate 20 ou 30 millóns de euros máis para a caixa pública.
Desde o BNG van máis aló e, segundo o voceiro nacionalistas, Xosé Manuel Pérez Bouza, a venda xorde xa no seu momento "na ilegalidade da propia venda", considerando inadmisíbel que se pechase unha operación dese calibre directamente coa empresa. Critican ademais que a Deputación se desfixese dun "magnífico espazo" sobre o que debera ter planificado posíbeis usos para dotacións públicas e do que se desfixo a prezo de "saldo" deixándoo en mans privadas e facilitando un proxecto "desmesurado" e do que opinan que "non irá en beneficio da calidade de vida dos cidadáns".
Exemplo dun modelo "caciquil" que esmorece en Ourense
"Os cidadáns xa comezaron a opinar o 9 de marzo pasado que isto é a fin dun modelo", advírtelle ao PP o voceiro socialista. Na opinión de Alfredo García, o funcionamento "personalista e caciquil" co que o PSdeG define as prácticas do PP liderado por Baltar á fronte da Deputación de Ourense, chegaron a un punto de inflexión que os levará a perder definitivamente a confianza dos cidadáns en toda a provincia. "Todos os cidadáns saben que é o pelotazo do século", subliña García.
No mesmo sentido, Xosé Manuel Pérez Bouza avisa de que o BNG seguirá trasladándolle aos cidadáns "a responsabilidade política" que o PP e Baltar teñen neste tipo de actuacións realizadas "en contra dos intereses de todos os cidadáns". Socialistas e nacionalistas coinciden así en que, unha vez pechada a vía xudicial, seguirán pola vía política, denunciando o "desbalde" feito cos recursos dos ourensáns.
Si, si, si... pero o PSOE que noutrora denunciou o "Pelotazo I", agora que tutela a Concellería de Urbanismo na cidade de ourense RENUNCIA A RECURRIR A SENTENCIA. Porqué a quen antes lle parecía ilegal a operación agora non? Non será que están planeando o "PELOTAZO II"? Eu non teño dubida ningunha. Se a construcción de vivendas da para iso e mais... tan so hai que subir o precio final do metro cadrado e xa está!!
tropelía que tanto o BNG coma o PSOE amparan e consinten mais hipócritamente só saben farfullar... sería posible que ese lixo non ocupara o que podería ser o grande parque de Ourense pero non lles dá a real gaña!!
clase política (todos iguais)
si eu fose presidente da diputación de ourense tal e como é o sr. baltar pumar ( do que me sinto cerca o coincidir o noso nome - anque non o noso número: eu son do riquísimo 69 e este insigne maestro nacional imaxino que prefire cifras que os seus correlixionarios do partido popular clerical definirían como máis pías e naturais - e lonxe no regusto musical e culinario ), obraría da seguinte forma:
lexitimado pola vontade popular e todas esas gaitas non foxistas que falan nos telediarios, morador cuasi vitalicio do pazo provincial dende a traición a victorino e administrador último do patrimonio de tódolos ourensanos, intuíndo as necesidades urbanísticas tanto dos moradores da cidade do barbaña como dos empresarios adicados á construcción neses termos xeográficos, poríame en contacto con grupos empresariais interesados en multiplicalo diñeiro, tal como o milagro pampeixista, e buscaría unha venta a moi baixo prezo de ese terreo para que logo os dividendos suculentos que se adiviñan na operación me fosen reintegrados, baixo man, de entre o moito diñeiro negro que os abnegados futuros propietarios entregarían gozosos ós detentadores da lexítima propiedade, legalidade que previamente será autorizada polo concello, xuices, clero e cantos técnicos con máster sexa necesario traer e amasar.
pero eso sería, xa digo, si a cidadanía ourensana me tivera promovido a mín a ese cargo e non a este santo varón, a este infatigable traballador polo benestar do seu pobo, a este irredento loitador por iluminar con sapiencias os reductos da escuridade provinciana de este rincón de galicia.
e por eso debería eu ser perseguido con saña polo populacho e arrastrado polo asfalto dende a cima de pena trevinca, golpexado por vellos e nenos cos adoquíns das rúas das que tamén mamei prebendas e, cual aquel alcalde peruano fai uns anos, ser queimado lentamente con fachos de palla de cereais da limia antes de ser pendurado, tales tamén aqueles contratistas madeinusa nunha ponte de bagdad, nunha das farolas con que os veciños da prolongación da saínza iluminan as súas penurias.
por que esa sería a única forma que tería o pobo de deter a especulación, o latrocinio, a ignominia e a desvergonza á que se vería abocado. esta sería, si eu fose presidente da deputación de ourense e non este meu homónimo, a única arma que lles quedase os cidadáns para impedir que eu lles roubase o séu e me fose de rositas a vexetar, non a nogueira de ramuín, se non a chantada.