Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xosé Ramón Vidal Romaní, xeólogo

"Dáme medo que non haxa ningún tipo de reacción por parte das administracións"

O director do Instituto Universitario de Xeoloxía da UDC falou con Vieiros sobre as posíbeis consecuencias que tería o enchido de auga das minas de Meirama e As Pontes.

Redacción - 11:32 06/04/2008

En Galiza non estamos acostumados a sentir moitos tremores sísmicos, vivimos nun lugar seguro?
Si, até o de agora a maior intensidade dun tremor non pasou de seis na escala Richter, os problemas non veñen pola sismicidade natural, senón por outras causas alleas que incrementan os riscos.

Causas como por exemplo o recheo das minas d'As Pontes e Meirama de auga? Que suporía para o noso país que se leve a cabo esta iniciativa?
No caso d'As Pontes e Meirama pretenden encher de auga o que antes estaba enchido con outras substancias minerais. O problema é que as lagoas resultantes chegarían até os 400 metros de profundidade, o que suporía unha presión hidrostática moi grande no fondo das mesmas, e esta presión podería dirixirse en calquera dirección. Se combinamos esta causa cos sismos que se producen nestas dúas zonas, especialmente ao estaren situadas enriba de dúas fallas activas, os riscos se incrementan. É perigoso para as cidades que se atopan debaixo da presa.

O control do enchido tamén debería facerse de forma coidadosa, para poder deter o proceso en calquera momento, ante posíbeis imprevistos. Ao tratarse de dúas zonas sísmicas activas, que se moven periodicamente, este proceso tamén está rodeado de riscos.

Outro dos problemas desta medida sería a falta de medidas de emerxencia preestablecidas, ou dun protocolo de actuación á hora de accidente...
Si, estamos falando dunha lagoa de 400 metros de profundidade, que estará fundamentalmente destinada ao uso turístico, o que implica que pode chegar a haber naufraxios. No plano non se inclúen medidas de actuación en casos deste tipo, habería que ter medios especiais, submarinos, e algún tipo de organización á hora de proceder aos rescates. Polo de agora, este é outro dos moitos inconvenientes que achega esta medida.

A existencia dunha masa de auga tan grande ao carón de cidades ou vilas pode tamén producir cambios climáticos non si?
Incrementaríanse as brumas e a humidade da zona, ademais de provocar microclimas húmidos que provocarían en moitos casos infeccións nas plantas ou incluso na poboación. As condicións da auga acumulada tamén será outro dos efectos negativos. Habitualmente en Galiza a calidade da auga é ácida, pero nestas zonas a acidez increméntase debido á profundidade. Non se permite a osixenación, o que impide que haxa unha vida subacuática normal.

Desbotáronse outras propostas como a de selar o fondo do oco das minas, ou utilizalo como vertedoiro, en moitos casos por causas económicas. Dende o seu punto de vista, cal sería a mellor solución para rematar con este problema?
Penso que sería enchelas de entullos. En Galiza hai dúas empresas que están a producilos. Enchería o fondo dos ocos con lousa, e deixaría unha profundidade de aproximadamente 20 ou 40 metros para facer a lagoa e dedicala ao turismo como se pretendía nun principio. O problema non é que se cre unha lagoa artificial, senón a profundidade da mesma. Unha masa de auga de menor tamaño sería menos prexudicial que a que teñen prevista.

E cal sería a solución dende o punto de vista administrativo?
Esta é unha das cousas que máis medo me dá. Que non haxa ningún tipo de reacción por parte das administracións. O informe medioambiental polo que se rexeron para crear este proxecto está anquilosado, agora existen máis estudos que reflicten os perigos dos proxectos d'As Pontes e Meirama, e o mes que ven se vai presentar unha tese que conta con datos de 2007.

Penso que alguén do goberno ten que arriscarse e dicir que non vai haber ningún problema. Necesitamos a un responsábel ao que recorrer en caso de que o proxecto non saia como estaba previsto e que non sexa Galiza nin os galegos os que teñan que pagar os erros cometidos por outros.


4,75/5 (16 votos)

Comentarios (11)

mceleiro #1 6/Abril/2008 mceleiro

A minaria na Galiza pode fazer o que lhe saia do c. A administação só está para legalizar posteriormente os feitos consumados.

E se há depois terremotos na terra TerRemota será cousa da natureza. Ou do demo.

Carballo #2 7/Abril/2008 Carballo

Amigo mceleiro. En Ferrol a administración colmou de "permisos" á planta de gas sen escoitar as voces de técnicos e reclamacións dos veciños. Por outra banda, a xudicatura segue sen aclarar quen ten razón a pesar de ter as denuncias desde FAI OITO ANOS. Logo se pasa algo a botarse a culpa uns a outros.

OBSERVADOR #3 7/Abril/2008 OBSERVADOR

Os dous comentários complementam-se. E sim, a culpa é de uns ou/e de outros. Por que raio não se procura um apoio para essas reivindicações? Onde está a mobilização cidadã? Só funciona em época de eleições?

piorno #4 7/Abril/2008 piorno

Convido todo o mundo a observar as Pontes através do Google Earth ou do Google Maps. Só vendo a imagem do satélite é que se pode ter umha ideia da desfeita realizada ali.

Mesmo a umha escala pequena, com a imagem da Galiza, a erosom provocada nas Pontes é notoriamente visível.

Agora pretendem tapar isso alagando completamente a zona.

Tino #5 7/Abril/2008 Tino

Ninguén non mceleiro e Carballo: o bng foi o único q se opuxo no seu momento, o único q votou en contra da sua construción nese lugar e propuxo unha alternativa.
Q ninguen me veña agora se le podia negar o permiso de apertura ou q a hai q trasladala pq iso suporia deixar de investir en industria, I+D, educación, sanidade, etc, etc devido aos gastos do traslado ou das indemnizacións milionárias q nos faria pagar a UE por negarlle o permiso (q nos guste ou non conta con todos os preceptivos).

mceleiro #6 7/Abril/2008 mceleiro

Desculpa Tino, ninguém fala de denegar permisos por denegar. Do que se fala é das CONDIÇÕES que deveriam cumplir as empresas para obtê-los, cumplindo TODA a legislação e tendo um plano de feche SÉRIO.

A maioria das canteiras na Galiza não cumplem a distância mínima de 2000m a qualquer núcleo exigidas, nem a legislação de actividades perigosas, nem as leis de protecção do meio ambiente, e poucas vezes entram em conflito com os planos urbanísticos porque ou se "cozinham" ou se cuida bem que esses concelhos não o tenham.

Os planos exploração e feche de canteira são "um trámite" no que a empresa gasta o mínimo possível e não se lhe exige "o correcto".

As leis que elabora a Junta fazendo uso das competências que tem na matéria, são escandalosas nestes temas. A Lei do Solo vigente tem uma disposição adicional que permitiu legalizar practicamente todas as canteiras quanto a exigências urbanísticas. A Lei da Minaría que vem de aprovar, aparentemente muito bonita, tem letra menuda de escándalo.
E disto não sei um bocadinho, porque tenho uma canteirinha ILEGAL perto da minha casa, e sei de primeira mão como funciona o tema e o INDEFENSOS que estamos os afectados.

Eu falava em geral, não do caso específico d'As Pontes, no que se comprendeste o artigo, no que se fala é de alternativas ao projecto mais barato para Endesa, mas cheio de problemas e perigos.

Dá também a impressão de que tu achas que as empresas PRIVADAS podem fazer o que queiram, e que os gastos das suas desfeitas lhe correspondem aos poderes PÚBLICOS. Pois não!

Eu ainda não tenho notícia no que levo de vida de uma sanção ou medida contra alguma desfeita na minaría por parte da Junta, e desfeitas e ilegalidades, bem delas que há.

Se é o mesmo com permisos que sem eles. Fazem o que querem. Ou se lhes outorgam ou não os reclama ninguém.

Carballo #7 7/Abril/2008 Carballo

Nunca che preguntaches por que os permisos e papelorios da planta tardaron 5 anos en resolvelos?
Aclárocho eu. Simplemente porque houbo que maquillalos. En canto ao BNGas dígoche que fixo a peor das traizóns que se lle pode facer a un pobo. Cambiar de opinión logo de 5 anos de apoio a case 60 asociacións de veciños na súa loita contra a planta. Aquí en Ferrol téñeno claro. De momento perderon, ademais de credibilidade, catro concelleiros.

Maeloc-do-Rouco #8 8/Abril/2008 Maeloc-do-Rouco

Carballo: Nunca che preguntaches??

Robli: Chi que mo perguntei...e como chiga achi hei chegar lonche

ecoe #9 8/Abril/2008 ecoe

E qué pasou cos consecuentes concelleiros do BNG, os Lastra e resto ata 4, que se foron?

Carballo #10 8/Abril/2008 Carballo

Para o Señor/a ECOE
Cóntoche sobre o que lle pasou ao BNG en Ferrol.
Don Xosé Lastra e dona Mª Luisa Sabio, ambos concelleiros do BNG, dimitiron por culpa da planta de gas, así como o concelleiro do PSOE señor Fra Molinero.
O ex-calde Don Xaime Bello (BNG) cambiou de opinión logo de 5 anos de oposición furibunda contra a planta de gas apoiando ao Partido Popular (PP) nunha moción a favor de Reganosa. Por que? Non quero pensar mal, pero?. Eu estiven naquel triste pleno municipal e un bo amigo meu e afiliado ao BNG quixo zarandear ao Xaime Bello ao finalizar o pleno e impedímosllo. Logo levámolo a beber unha tila a un bar próximo. Nese bar non deixaba de dicir "Levo 20 anos militando no BNG, indo a múltiples manifestacións e agora ter que ver como o BNG vota co PP.
Respecto dos catro concelleiros do BNG referíame aos que perdeu nas últimas eleccións. Pasaron de 6 a 4. Eu tiven que ver niso porque lle retirei o voto ao BNG.
O pobo demostrou que non comulga con pedras de muíño.
Saudos.

Minhogalego #11 9/Abril/2008 Minhogalego

Escrever galego na norma internacional é salvar a nossa língua. Porquê?

1- A Galiza era uma Nação desde extremo norte da actual Galiza para sul até ao rio Tejo. A língua culta e oficial era o Galego em todo o território sendo estável mais de SETE SÉCULOS até à colonização castelhana.
2- A Galiza estava ocupada pelo reino de Leão.
3- Vários fidalgos galegos tentaram libertar a Galiza sem o conseguir.
4- Até que um grupo de galegos Chefiados pelo galego D. AFONSO HENRIQUES se revoltou contra o reino de Leão e declarou a independência de todas as terras da Galiza a sul do rio Minho com a excepção de São Félix dos Galegos (província de Salamanca) e parte da Extremadura espanhola lindeira a Cáceres. Com a constituição do reino de Portugal os galegos da parte da Extremadura e os de São Félix dos Galegos ficaram isolados até hoje.
5- O reino de Portugal não foi por se tornar independente que mudou os seus habitantes e idioma. Continuaram a falar a sua língua materna o GALEGO. Este galego foi expandido por todo o mundo devido a Portugal dominar durante séculos todo o comércio internacional da costa ocidental e oriental de África, Índia , Ásia até ao Japão.
6- Enquanto o Galego ganhava prestígio internacional através dos portugueses era esmagado na Galiza que entretanto ficou sobre o domínio Castelhano. Foram os “Séculos os Escuros” em que os Castelhanos humilharam os galegos, religiosamente, literalmente e materialmente. Foram séculos de escravidão castelhana. Os piores trabalhos estavam destinados aos nossos pais galegos.
7- Enquanto os galegos do sul que entretanto passaram-se a chamar de portugueses conservaram a nossa língua a sul do rio Minho e nas terras que reconquistaram aos mouros. Pelo contrário a norte do rio Minho ficamos colonizados, privados de evolução linguística, impuseram-nos o analfabetismo como regra . Tornaram o idioma galego enfermo com a mistura de palavras castelhanas.
8- Então o nosso idioma galego embora enfermo sobreviveu heroicamente principalmente nos meios rurais da Galiza mas sem apoio escolar.
9- É por isso que hoje existem várias ortografias na Galiza resultado da falta de escolaridade e da influência negativa do colonizador castelhano.
10- Pelo contrário a sul do rio Minho preservou-se a nossa língua galega original sem as enfermidades castelhanas e foi-se actualizando naturalmente protegida da colonização. Por isso é fundamental que as Figuras Galegas deixem de falar e escrever o politicamente correcto e passem a escrever na norma internacional do galego e não na da RAG que só serve para destruir a cultura galega.

Sou Galego tenho 48 anos e decidi escrever sempre em galego do século XXI. Na norma internacional adoptada por mais de 250 milhões de falantes nativos no Brasil, África, Ásia , Europa e Oceânia . Norma oficial na União Europeia; Mercosul e União Africana. Nós galegos temos uma grande vantagem sobre as línguas minoritárias catalã e basca. Temos o terceiro idioma mais falado no mundo ocidental.
Vamos todos recuperar o tempo perdido nos humilhantes séculos escuros eliminemos a castelhanização da nossa língua escrevendo puro galego na norma internacional actual.
Temos o privilégio dos nossos irmãos galegos do sul terem preservado o nosso idioma e expandido por todos os continentes do mundo.
Se todos começarmos a escrever na normativa internacional não há RAG que resista com NEOCOLONIALISMO.

MinhoGalego

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: