Tras o exemplo de Kosovë, os 'szeklers' piden máis autogoberno nunha rexión en que superan en número aos romaneses.
Tropas romanesas marchando sobre Transilvania, tras a I Guerra Mundial
En Romanía, a minoría húngara coñecida como szeklers considera é o momento de avanzar cara a un maior autogoberno do territorio coñecido por Szeklerlandia (no centro do país) e que consta das provincias de Mureş, Harghita e Covasna incluídas na Macrorrexión 1, segundo a ordenación territorial romanesa oficial (parte das históricas rexións de Dacia e Transilvania, que pasou a formar parte de Romanía tras a I Guerra Mundial).
"Kosovë é un exemplo moi claro de que se unha comunidade quere vivir baixo un goberno propio, debemos de declarar moi alto o noso arelo" afirmou Csaba Ferencz, vicepresidente do Consello Nacional Szekler, un grupo húngaro local fundado en 2003 que ten como fin a autonomía, informa Nicholas Kulish, do Sfântu Gheorghe Journal -xornal da capital-, para varios medios internacionais.
De feito, o modelo polo que avogan os szeklers é similar ao de Escocia ou ao que Galiza, e sobre todo Cataluña e Euskadi teñen an actualidade. En teoría buscan a autonomía parcial, non a completa independencia, deixando a política internacional e a defensa territorial en mans do goberno de Bucarest.
O pasado mes de febreiro, cando Kosovë declarou a súa secesión de Serbia centos de szeklers botáronse á rúa para darlle o seu apoio ao novo estado, así como para demostrar as súas aspiracións a un maior autogoberno. Romanía é un dos membros da UE que rexeitou o recoñecemento á independencia cosovar.
Unha vez máis, Vieiros destaca pola falta de coherencia: székely é o nome deste subgrupo húngarofono, szeklers é un invento medio inglés medio galego descoñecido no noso país.
Por outra parte, non todos os húngaros de Románia son székely...
O de Szkerelandia non ten desperdicio: de Székerlyföld, collemos o inglés Székely Land (separado en inglés!!) e sacamos da manga Székelilandia...
Realmente, a vós, o galego dávos igual, non????
Os hungaros de Romenia, Eslovaquia, etc. som como os protestantes do Ulster. Estam onde estam porque a Hungria foi um grande imperio que mandou colonos "magiares" (ou polo menos falantes de hungaro) por todo o imperio. Logo a Hungria foi perdendo territorios por apoiar a Alemanha nas duas guerras mundiais (sobre todo na primeira). Nom esquezamos que a Hungria era um pais nazi antes de que Hitler comezasse a anexionar, mais ou menos voluntariamente, paises vizinhos.
Isso nom implica que os falantes de hungaro que se acham fora das fronteiras da actual Hungria nom deveram ter direitos linguisticos. Mas, antes de dar aços aos delirios imperialistas da extrema direita hungara, cumpre analisar se Hungria respeita as minorias etnicas ou linguisticas que se acham no seu territorio, nomeadamente Romenos, Eslovacos e outros eslavos e ciganos. A resposta é nom. Estas minorias carecem de quaisquer direitos linguisticos na Hungria e nem estam reconhecidos como tais "minorias" (em parte polo feito de nom estar organizados). Pola contra, os falantes de hungaro nalguns dos paises vizinhos (desconhezo se é o caso da Romenia) contam com escolas, liceus e ate universidades em hungaro. Contam tambem com medios de comunicaçom em hungaro e partidos politicos nacionalistas hungaros que mesmo chegarom formar parte dum governo de coaligaçom na Eslovaquia. A situaçom reciproca seria impensavel na Hungria.
De maneira que, insisto, antes de darmos aços ao nacionalismo pan-hungaro (normalmente de extrema direita) pensemos o que se vai passar com a populaçom non-hungara desses territorios:
http://hongrois.skyrock.com/10...
Claro esta que o nacionalismo pan-hungaro criou um mito que os converte em victimas de invasoes de imigrantes romenos, eslovacos e servios, assim como victimas de grandes massacres. Isto estuda-se em muitas escolas.
Sara_Mago
"a situación recíproca seria impensábel na Hungría"
En Hungría, as 11 minorías lingüísticas existentes contan coa lexislación de dereitos nacionais máis ampla de Europa. Poden chegar a formar un goberno de coalición porque teñen escanos no parlamento reservados para eles, se se dese o caso.
A situación en Romania, para os húngaros, é lastimosa, para os Székely é inaturábel, porque non só se dá discriminación lingüística, senón relixiosa.
Certo que Hungría foi un grande imperio, pero no Tratado de Trianon de 1921 ficaron máis de 3 millóns de húngaros alén das súas fronteiras (os hátarontúli magyarok), nalgúns casos -como en Transilvania- con porcentaxes de 90% de poboación húngara. Neste caso concreto pouco mudou a situación entre a época de Çauçeşcu e a actual....
dá que pensar.
E comparar os protestantes do Ulster con eles é unha falta de rigor.
#5 A comparaçom com o Ulter nom é ajeitada? Mas seria-no no caso de que a Irlanda do Norte fosse "reintegrada" na Republica de Irlanda. Entom, os protestantes que ficassem no Ulster (a maioria da populaçom) seriam como os hungaros da do sul da Eslovaquia ou do norte da Servia. Para alem disso, o que tenhem em comum os unionistas irlandeses e os hungaros é a revindicaçom do DIREITO DE CONQUISTA. Embora os hungaros, perdedores das duas grandes guerras, o ocultem baixo um enorme victimismo. Mas a culpa nom é deles, ja que, como indiquei, é o que apreendem na escola.
Mas, na verdade, a hungria toda foi um imperio formado em territorios de gentes eslavas e, da facto, o hungaro moderno esta inzado de palavras eslavas. Tendo em conta a situaçom de supremacia da que sempre gozaram os hungaros (que durante um milenio tentaram impor a sua lingua e a sua cultura sobre os povos conquistados), a forte influencia eslava na lingua hungara (pre-indoeuropea) pode apenas explicar-se pola existencia dum importante substrato populacional eslavo em territorio hungaro.
Para alem disso, cumpre recordar que a Hungria perdeu os territorios que perdeu (e que antes conquistara) a resultas da sua implicaçom (e DERROTA) em guerras imperialistas para expandir ainda mais o seu territorio.
Lembremos tambem que os hungaros eram NAZIS (estricto sensu) antes, durante e depois a WWII. Portanto, foram reprimidos polos sovieticos, tal e como (ainda que em maior medida) muitos nazis alemas foram "reprimidos" polos aliados. Ja esta bem de tando victimismo.
Para acabar, ha mais eslovacos em hungria do que hungaros na eslovaquia. Porem os eslovacos na hungria nom existem e nem se atrevem a afirmar as suas raizes. Isto é logico ja que hungria era a metropole colonial do "Reino da Hungria" e, em grande medida do Imperio Austro-Hungaro polo que era receptora de imigraçom proveniente das regioes mais pobres do imperio (as eslavas). A pesar disto, os nacionalistas pan-hungaros falam de "invasom" por parte dos seus "inimigos" romenos e eslavos.
Sara_Amago:
Nome de uma "boa cantante!! Segundo a Esperança Aguirre,governanta por acidente da região de Madrid!!
Bom,eu primeiro de mais obrigado pelas suas informações, ignorava todo isso, mas ainda assim, não concordo a cem por cem com você. Os romenos não são uns "santinhos" pelo menos nos derradeiros tempo.
http://lacomunidad.elpais.com/...
Eu nom falei dos romenos, é mais, indiquei explicitamente que nom conhezo a situaçom dos hungaros da Romenia.
Nom encontrei informaçom relativa a este assunto no seu blogue de El Pais.
Se nom acha acaida a comparaçom com o Ulster, se calhar prefire "Eslovaquia Bilingue" e "Tan rumano como el rumano"
"Eu nom falei dos romenos, é mais, indiquei explicitamente que nom conhezo a situaçom dos hungaros da Romenia."
Entón mellor non fale do que non sabe.
Se nom se pudesse falar do que nom se sabe, nom existiria nem Vieiros nem imprensa em geral :D E nom se teria publicado o artigo precedente nem os seus comentarios.
Xa, Sara_Mago, pero unha cousa é opinar con fundamente e a outra dicir cousas sen sentido. Os székely son social e economicamente un grupo moi deprimido e desprestixiado en Romania, nada que ver cos protestantes do Ulster. Alén diso, existe un forte compoñente étnico na súa diferenciación -incluso cos demais hungarófonos da zona. O de Eslovaquia Bilingüe, unha vez máis, é unha comparación sen razón de ser neste asunto. As pretensións tanto de húngaros coma de eslovacos no Félvídek son moito máis coherentes -aínda que opostas- das de GB.
as pretensoes de muitos hungarofonos na eslovaquia, na servia e na romenia (e incluso noutros paises) é a de que os territorios que ocupam passem a fazer parte da hungria e desterrar completamente as outras linguas faladas nessas regioes. Mas outros vam mais longe. A extrema direita hungara pretende reconstruir a Grande Hungria, que comprederia parte de servia e eslovenia, a metade da romenia e toda a eslovaquia. alguns vam ainda mais longe e acham que a galicia polaca ou mesmo a movavia checa pertencem tambem por direito aos hungaros. nalguns mapas veras tambem umha pequena parte da austria, mas com essa nom se metem tanto. de momento centram os seus ataques nos "inimigos" mais febles: romenia, eslovaquia e servia. eu sei bem como pensam, pois discutim com eles muitas vezes sobre este e outros assuntos. no outro lado do espectro, tambem tenho amigos que som professores em universidades hungaras e que tentam, com mais ou menos sucesso, desmontar os mitos victimitas do pan-hungarismo imperialista. os hungaros na romenia som objecto de discriminaçom? seram. mas tambem foi muito mal o que eles fixerom no passado e as feridas som ainda muito recentes. nom sei se sera prudente fozar-mos nelas.
mas para darmo-nos conta do caracter mitico do nacionalismo hungaro e das suas aspiraçoes expansionistas, nom temos que recurrir a paginas com conteudos partidistas. abonda botar umha olhadela na Wikipedia:
http://en.wikipedia.org/wiki/H...
qualquer pessoas objectiva, concordara com que a entrada Hungary semelha umha fabulaçom delirante propria d'O Senhor dos Aneis e sem qualquer pretensom de rigor historico. compare-se com:
http://en.wikipedia.org/wiki/S...
e repare-se nas diferencias.
Sara_Mago: cantos parlamentarios ten o MIÉP (extrema dereita revisionistas) en Hungría? 0
Cantos ten a extrema dereita en Eslovaquia, Romania e Serbia? non memos do 25%... xa me dirá entón!
Alén diso, no 2004 houbo un referendo en Hungría no que se decidiu sobre a concesión na nacionalidade aos hátarontúli magyarok (eses extremistas que vostede cita) no que gañou o non.
Non invente, viaxe; canto wikipedista....
Misticismo hai en todos os países... non me veña con lerias da Wikipedia (referencia seria onde as haxa, especialmente en inglés e castelán...) Eu sei do que falo que para iso vivín alí!
De novo, non fale do que non sabe nada!
desqualifica muito, argumenta pouco, comenta apenas o que lhe convem e nega a evidencia. é você um grande partisano mas um pessimo racionalista.
viver ali nom garante saber do que se fala. muita gente que mora na Galiza, acha que se esta a "impor" o galego. muita gente que morava na altura tambem achou que o golpe de estado franquista "era necesario".
Sara_Mago, eu non pretendo ser racionalista, senón mostra o pouquísimo que sei a un que da wikipedia bota o coñecemento que ten. Vivin en Hungría, falo a lingua, e sei do que falo. Hai fascismo en Hungría? Abofé! pero menos que nos países da redonda...
O seu comentario 19, de se referir a min, non ten razón de ser. Argumento pouco, pero abondo para os seus contra-argumentos, que consisten en facer semellanzas co Ulster e Galiza bilingüe!
Ande, lea algo máis! Hai na rede milleiros de artigos. E aprenda logo a pronunciar Székelyföld para saber do que fala.
A ver, çauçeuquista:
http://en.wikipedia.org/wiki/C...
Dous detalles da wiki: observen onde está Koloszvár na Romania e o censo de poboación... por que desapareceron húngaros e alemáns?
Lea tamén algo sobre o señor Funar, ese si que é un racionalista; dígame, Funar é máis coma Adams ou coma Berlusconi?
Por certo, relendo os teus comentarios: teño por Vigo un atlas eslovaco sobre o imperio austrohúngaro; os teus amigos nazis húngaros (afirmación a túa moi racional) e os eslovacos coinciden nas cifras; 1.250.000 húngaros en eslovaquia vs. 75.000 eslovacos en Hungría. Vaites! eses 75.000 teñen en Hungría:
a-escano de seu no seu parlamento
b-escolas financidas polo goberno húngaro
c-dereito a usar o eslovaco nas institucións oficiais.
Porén, os teus amigos eslovacos, non son ese pobo que esterilozou ciganos duantes os anos 90 (do século XX)
Meu, ser lusista, eu cría que era cousa lingüística, non aprobar prácticas colonialistas!
#22 Este comentario é pura ciencia-ficçom. Nom tem nem umha afirmaçom veridica. Para alem disso, ja passamos das simples desqualificaçom ad hominem para recorrer as fobias anti-reintegracionistas. Com isto fica muito clara a tua categoria intelectual e etica. Fecho o debate.
Refíreste ao atlas ou ao comentario lingüístico?
Home, chamar colonialista a unha persoa, partindo da súa opción lingüística non é nada tras chamar a todo un estado nazi.
En fin, xa vexo, cando o ofendido es ti, entón atacas a miña inexistente camada (categoría non existe en portugués) intelectual e ética, da que eu non fixen alarde....
De novo, falas do que non sabes....