Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CANDA LEICEAGA E PALMOU

Quintana liderará unha comisión que solicitará no Congreso o traspaso de Tráfico

Todos os grupos parlamentarios aprobaron unha proposición de lei que pode ser clave para o despregamento da Policía Galega.

Redacción - 12:50 08/04/2008
De confirmarse o traspaso, a Garda Civil perdería as súas competencias actuais

De confirmarse o traspaso, a Garda Civil perdería as súas competencias actuais

As tres forzas políticas con representación no Parlamento aprobaron este martes por unanimidade unha proposición de lei para que o Congreso español dea luz verde á transferencia de Tráfico a Galiza. Os deputados tamén votaron a prol de que sexa o vicepresidente Anxo Quintana o que defenda en Madrid o traspaso. Canda el, no parlamento español estarán o socialista Xaquín Fernández Leiceaga e Xesús Palmou (PPdeG).

De prosperar a proposición do Parlamento, Galiza terá todas as competencias en materia de tráfico, circulación de vehículos e seguranza viaria. O goberno español só conservaría a facultade para expedir o permiso de conducir e as matriculacións e transferencia dos vehículos.

O consenso parlamentario foi posíbel logo dunhas negociacións que comezaron o pasado outono. Se o executivo estatal confirma a transferencia, as forzas políticas galegas coidan que sería un paso decisivo para o despregamento da Policía Galega, que asumiría a vixianza nas estradas do país.

Por outro lado, este martes incorporouse ao Parlamento o deputado Miguel Anxo Fernández López, do PSdeG. Fernández substitúe pola circunscrición de Lugo a Margarita Pérez Herraiz.


4/5 (5 votos)

Comentarios (6)

mceleiro #2 8/Abril/2008 mceleiro

E não era esta uma das grades "conquistas" (não proposta de consquista) em Madrid na legislatura anterior? Com os paradores, se não lembro mal. Alguém deveu de vender fumo.

Parece ser que os lucros (matriculação, transferência, taxas) seguirão sendo para Madrid. Interessante.

No caso de ser aprovado, pode-se vender a conquistinha por 3ª vez.



#1. Graças que a sociedade civil vá muito diante dos nossos politiquinhos, não se sabe se atrasados(galego-português) ou retrasados (galego-castelhano).

Imaginem que na Galiza temos um partido nacionalista, e por exemplo o titular fosse "Quintana liderou uma comissão que solicitará o ingresso da Galiza na CPLP.", subtitulado "Todos os grupos parlamentares aprovaram uma proposição de lei que pode ser clave para o despregamento da Cultura Galega".

Mas temos outras prioridades, muito mais ventajosas para a Galiza. Com o permiso de papainho, evidentemente. Por nós mesmos, NADA!.

baltar69 #3 9/Abril/2008 baltar69

decíamo fai pouco tempo un amigo do peesedegá-pesoe: e éstes, que sempre foron correndo diante da policía, cómo estarán ahora tan ensimismados en temas policiais?
eu, galego contribuinte, teño menos medo de kosovares e xitanos ( que están moi de moda estes días ) que da propia policía e da garda civil, sexa galega ou sexa de lourenço marques; nunca me foderon aqueles, pero estou até o carallo de estos e aseguro que para nada necesito unha policía galega que non preciso nin quero que me defenda.
si a precisa o quintana para salvagardalo chalé de allariz, que pague escoltas privados con diñeiro do séu peto.

Sabrexo #4 9/Abril/2008 Sabrexo

Brillante análise, baltar69. Eu pola miña banda si prefiro unha Policía Galega.

GALICIEN #5 11/Abril/2008 GALICIEN

POLICIA GALEGA XA, PERO CONTROLADA POR UNHA CONSELLERIA DO BNG.

mceleiro #6 11/Abril/2008 mceleiro

Hahahaha. Qual? A de cultura? ou indústria? Isso que a madeira em geral e os paus em particular lhe corresponderia a Meio Rural...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: