Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Do 3,5% ao 2,8%

A Xunta reduce en sete décimas a previsión de crecemento do PIB

O conselleiro de Economía confirmou que en 2008 se medrará menos do estimado a finais do ano pasado.

Redacción - 18:01 08/04/2008

O conselleiro de Economía e Facenda, Xosé Ramón Fernández Antonio, anunciou este martes a redución en sete décimas da previsión de crecemento do PIB para este exercicio, que se sitúa no 2,8%.

Na súa intervención no Pleno do Parlamento, Fernández Antonio confirmou que a economía do noso país evolucionará este ano peor do estimado a finais de 2007, pois na Lei de Presupostos aprobada se calculaba un incremento do PIB do 3,5%.


0/5 (0 votos)

Comentarios (1)

ecoe #1 8/Abril/2008 ecoe

E tan sisudos estudosos do asunto, cómo se poden trabucar tanto en tan pouco tempo? Será que as previsións en realidade, como todo, son un anuncio, isto é, PUBLICIDADE (ou sexa, lixo)?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: