Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En San Francisco, EUA

Desmond Tutu e Richard Gere, a cabeza da protesta contra o facho

Mentres, o COI organiza unha xuntanza na que, esta sexta feira, se ha decidir se se suspende ou non o percorrido do lume olímpico.

Redacción - 10:50 09/04/2008

Xa dende esta terza feira a seguridade foise reforzando en San Francisco, na súa ponte, o Golden Gate, e na contorna da única cidade dos EUA pola que ía pasar o facho olímpico: a policía preparábase para as protestas masivas que agardaban, despois das de Londres e París.

De feito o facho, que ía percorrer a Baía da cidade a cuarta feira a partir das 14:00 horas, levaba toda unha noite gardado nun lugar segredo. Era tanta a certeza de que ía haber protestas que até algún dos portadores do lume olímpico decidiu abandonar, "por razóns de seguridade".

Organizando as protestas
Pouco despois de ter chegado o facho á cidade, os activistas polos dereitos humanos no Tíbet e na China mobilizáronse ante o consulado chinés pedindo a fin do control sobre a rexión tibetana. Ao tempo, a poucos quilómetros de distancia de Chinatown, os líderes da comunidade chinesa en San Francisco, desenvolveron unha conferencia de prensa pedindo un percorrido pacífico do lume olímpico, amosándose orgullosos de que China fose seleccionada para organizar e acoller os Xogos de verán.

Tamén na mesma hora, mais en Beixín, o presidente do COI, Jacques Rogge, aseguraba que a Xunta Directiva do organismo vai decidir esta sexta feira se se suspende o percorrido do facho olímpico, a causa das mobilizacións que hai organizadas. "Recoñecemos o dereito da xente a protestar e expresar as súas opinións, pero debe ser de xeito non violento. Estamos moi tristes, sobre todo pola situación que están vivindo os atletas e moita xente que agarda moito do percorrido do facho e que botou a perder a súa alegría", dixo Rogge.

As protestas, protagonizadas por Richard Gere e Desmond Tutu
Na praza do concello de San Francisco xuntáronse unha chea de activistas polos dereitos humanos, capitaneados polo arcebispo e premio Nobel da Paz, Desmond Tutu, e o actor Richard Gere, entre bandeiras do Tíbet. Despois marcharon até o consulado chinés, e xa de noite, organizouse unha xuntanza con candeas.

No seu discurso, Desmond Tutu chamou ao presidente Bush e a outros xefes de Estado a boicotear a cerimonia de apertura de Beixín.

E mentres, na China

Na China algunhas webs e blogs rebeláronse contra o tratamento que fixeron os medios occidentais das protestas do Tíbet. Por exemplo, a web Anti-CNN amosa como algunhas noticias e fotografías foron, segundo contan, manipuladas.
Ademais, algúns intelectuais chineses pronunciáronse publicamente a favor do seu goberno. O escritor Jiang Rong, que pasou ano e medio no cárcere polo acontecido en Tiananmen, e que aínda ten prohibido saír do país, dixo que os países occidentais deberan ser máis comprensivos coa China, que se vai abrindo paseniño á democracia, aínda que fai falta máis tempo. Tamén aproveitou para criticar o movemento independentista tibetano.


0/5 (0 votos)

Comentarios (6)

lavesedo #1 9/Abril/2008 lavesedo

"nelson mandela está entre rejas y han concedido el premio nóbel de la paz hahahahah, desmond tutú" falou o muguruza, falou ben.

ecoe #2 9/Abril/2008 ecoe

Agora entendo cómo aparecen TANTOS DEFENSORES DOS DDHH: o maestro de ceremonias do paso do facho en París -e no mundo mundial- é o Menard, o axente da CIA dos Reporteiros Sinvergüenzas (RSF), autotitulados Sin Fronteiras.

Faltábame o fío físico conductor dos cartos (o medio) da CIA ou a USAID, agora xa todo queda en claro:
http://www.gara.net/paperezkoa...

Sabrexo #3 9/Abril/2008 Sabrexo

Canta hipocrisía... Agora disque tamén van deixar de acudir á cerimonia inaugural dúas persoas como Bush e Brown, que nestes momentos teñen invadido un país soberano, con milleiros de mortos.

COUTOVEN #4 10/Abril/2008 COUTOVEN

O problema está precisamente na dobre moral e a hipocrisía. E é a que fai patéticas as formas de goberno extremistas.

A única diferenza entre o afán imperialista de USA e de China é a ideoloxía política que ambos os países din defender.

No capitalismo occidental, a libre empresa e a inhumana loita pola riqueza teñen como basee o individualismo por sobre as comunidades. Pero, hipócritamente os países mal chamados socialistas o único que fixeron é desaparecer a un tipo de oligarcas para crear unha nova elite de dirixentes. Que a diferenza da doutrina que din defender son tan corruptos e ineficientes que o capitalismo que destronaron.

Nepal poderá ser un pequeno país no cal o seu pobo teocrático ou non, ten dereito á súa autodeterminación. Resulta que China, asumindo unha conduta tan imperialista como a norteamericana non o permite. Resulta que o mellor que se lles ocorre a algúns é apelar ao expediente do imperialismo de tal ou cal país para malamente xustificar esta aberrante conduta.

É hipocrisía cando un militar fascista de dereita álzase contra un goberno e “golpe de estado” Pero é todo o contrario, cando un militar álzase contra un presidente democraticamente elixido enarborando a bandeira do socialismo.

Hai argumentos que dan risa polo repetitivos e acomodaticios. Os que o utilizan saben que son verdades en moitos casos. Pero por Deus, non para todo. “Culpa do imperio” “terrorismo mediático” “Que se a CIA isto e aquelo?. Todo isto son medias verdades. Que non explican todo, e moito menos xustifican acciones como las que esta a facer o gobernó Chines en Nepal.

De feito. Nestes momentos China vai máis na dirección do capitalismo que no sentido das trasnoitadas e probadamente fracasadas políticas que levaron á U.R.S.S. á extinción como os dinosauros.

ecoe #5 11/Abril/2008 ecoe

E no sarillo CIÁTICO non podería faltar Amnesty Internacional (acabo de receber seu correio)...sobre.... A CHINA. BINGO!

ecoe #6 11/Abril/2008 ecoe

"CIÁTICO"

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: