Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Tras os ataques do 11-S

Altos funcionarios da Casa Branca aprobaron as torturas nos interrogatorios

Segundo relatou unha fonte anónima da CIA a ABC News, estarían implicados Dick Cheney e Condoleezza Rice, entre outros.

Redacción - 11:35 11/04/2008
Cheney e Rice participaron nas reunións

Cheney e Rice participaron nas reunións

Funcionarios do máis alto rango do goberno de Estados Unidos, entre estes o vicepresidente Dick Cheney, aprobaron persoalmente aplicar torturas a prisioneiros para obter información, segundo revelou a canle de televisión estadounidense ABC News e confirmou a axencia de noticias Associated Press.

Nos anos inmediatamente posteriores aos ataques do 11-S, membros da administración republicana déronlle luz verde á utilización de técnicas de interrogatorio ilegais como o afogamento simulado (waterboarding, en inglés). Os funcionarios eran todos membros do Comité Principal do Consello de Seguridade Nacional (NSC).

Ademais de Cheney, sancionaron a medida a secretaria de Estado, Condoleezza Rice, e o seu antecesor, Colin Powell, o ex xefe do Pentágono Donald Rumsfeld e o director da Axencia Central de Intelixencia (CIA), George Tenet, así como tamén o fiscal xeral, John Ashcroft.

Bush, aparte

Precisamente este último foi un dos que se mostrou máis preocupado nas xuntanzas -das que, segundo esta mesma información, George Bush permaneceu apartado- onde se aprobou a medida, malia confirmar que os métodos de interrogatorio eran legais. "Por que estamos a falar disto na Casa Branca?", citou ABC News. "A Historia non xulgará isto con consideración", engadiu Ashcroft.


Ligazóns

5/5 (2 votos)

Comentarios (6)

Sabrexo #1 11/Abril/2008 Sabrexo

Esta nova terá a mesma repercusión que a das matanzas uribistas en Colombia.

Regina #2 11/Abril/2008 Regina

Não sei se há o que falar,ou na verdade já era de se esperar algo desse tipo dos Eua.Eles treinaram os militares brasileiros na epóca da ditadura,ensinaram os técnicas de tortura.Me enoja tudo isso. Sei o que passaram os presos politicos do meu país e como foram torturados.
O meu própio pai teve que esconder-se nessa período.Onde está os direitos humanos em relação a td isso? acho até que é dificil tomar alguma providência com os "Donos do Mundo", a grande potência genocida, pq na verdade eles devem ser denominados dessa foram.

Regina #3 11/Abril/2008 Regina

Quis dizer dessa forma.só para corrigir.

UnDeTantos #4 11/Abril/2008 UnDeTantos

Sí,pero os chinos,os cubanos e os venezolanos (por ex) son malisimos..

castelom #5 11/Abril/2008 castelom

E que mais dá?
Se todos os meios se estám a fazer eco disto é porque tanto tem...! A quem importa que JÁ SAIBAMOS que há prissons ilegais dos EUA na UE? A QUEM??
Em Alemanha quando massacravam judeus, judias, homossexuais, cigan@s e socialistas, nas moradas alemás vivia-se num mundo feliz banhado em sabom feito com graja dos e das mortas! Mudou algo? Si, que em Alemanha polo menos nom tinham a valentia de publicá-lo e seguir como se nada.
Vaia por Deus... Que honradez publicar isto; que meios de comunicaçom tam livres temos no mundo burguês!

COUTOVEN #6 11/Abril/2008 COUTOVEN

Mire UnDeTantos o problema é que para algúns o “IMPERIO! ten o monopolio absoluto niso de intrigar, torturar e pare vostede de contar.

O interesante, é que talvez os medios de información, goberno e a xustiza dese mesmo imperio son os que permiten que se desclasifiquen documentos (Que pasen a ser de dominio público) E é cando caen en mans dalgúns “intelectuais” e “xornalistas” que utilizan esta información para xustificar a outros gobernos que fan o mesmo. Pero que non permiten que a verdade salga ao mundo. S

Sería bo ver algún día os rexistros do goberno cubano e de forma especial o venezolano.

Vostede é UnDeTantos, que certamente sabe que en Cuba e Venezuela se tortura ás persoas. Que pode falar o goberno venezolano de Guantánamo (por exemplo) Cando resulta que os cárceres deste país teñen máis mortos nun ano que a suma de asasinatos nos cárceres de Colombia, Brasil e México en similar período. En Venezuela é ben coñecido o caso “Barrio Kennedy” onde de forma criminal a DISIP asasino a estudantes universitarios por "confundilos" como delincuentes e despois non lles tremeu o pulso para intentar modificar o lugar do delito e ata ameazar aos habitantes do mesmo se falaban. Hoxe en día, están xulgados parte deles pero non os altos responsables de permitir criminais desta calaña nas forzas de seguridade. E non falemos do caso Anderson, onde foron imputadas, condenadas e detidas persoas. E resulta que os mesmos fiscais que levaron o caso denuncian que foron manipulados e que o expediente estaba forxado. Claro, parte dos imputados son adversarios do goberno. Isto é a xustiza ROBOILUSIONARIA.

De tal xeito que se os altos funcionarios do goberno imperialista de Estados Unidos recoñeceron aprobar torturas está mal de xeito evidente. Pero polo menos o recoñecen. Cousa que non pasa pola cabeza dun golpista como Chávez. Que utiliza o mesmo expediente do imperialismo, capitalismo e pare de contar. Para tratar de xustificar un goberno CORRUPTO e criminal.

Por certo. Non dubide que vostede UnDeTantos, sea criticado por falar mal de gobernos mal chamados “progresistas”

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: