Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
"É importante vir aquí e meter o pé no barro"

Lula chámalles 'palpiteiros' aos que afirman que os biocombustíbeis acaban cos alimentos

O presidente brasileiro critica aos eurocentristas que pensan que os cultivos destinados á biomasa son os causantes da suba dos prezos dos produtos alimentares e da fame.

Redacción - 10:30 18/04/2008

O presidente brasileiro, Luiz Inácio Lula da Silva chamoulles "palpiteiros" (algo así como agoireiros ou prognosticadores con non moi boas miras) ás persoas que afirman que a produción de biocombustíbel está a reducir a área de plantación de alimentos e causando a suba do prezo dos produtos.

"É moi fácil ficar sentado nun banco da Suíza 'dando palpite' no Brasil ou na África. É importante vir aquí e meter o pé no barro para saber como a xente vive e saber a cantidade de terras que nós temos e a cantidade e o potencial de produción que nós temos", afirmou Lula.

Entrando na polémica da suba dos prezos dos alimentos
"Como ser humano que precisa comida todo día, eu xamais aceptaría calquera tipo de política de combustíbeis que lle fixese á xente comer nafta (produto derivado do petróleo) e facer combustíbel da soia, ou de outra cousa", afirmou o mandatario brasileiro, ao tempo que rexeitaba a idea de que a alza dos prezos dos alimentos teña a ver co cultivo de produtos destinados a producir biodiesel. O motivo de que suban os prezos, segundo Lula, é o crecemento do consumo de alimentos.

"Non me digan que o alimento está caro neste momento por causa do biodiesel. (...) está caro porque o mundo non estaba preparado para ver millóns de chineses a comer, millóns de indios a comer...", afirmou o presidente brasileiro.
Aumentar a produción agrícola: o grande desafío mundial.

De acordo con Lula, o Brasil está preparado para entrar no debate mundial, na defensa dos biocombustíbeis, mais, segundo dixo, non con paixón, mais si con racionalidade, ao tempo que destacaba que esta cuestión non debe ser discutida dende a óptica europea.


3/5 (2 votos)


Comentarios (6)

Sabrexo #1 18/Abril/2008 Sabrexo

Unha cousa pode ser Brasil, onde a cana de azucre se dá sen necesidade de fertilizantes, e outra moi distinta Europa. Aquí si que é unha barbaridade primar os agrocombustibles.

signatus #2 18/Abril/2008 signatus

Lula joga ao despiste. Europa e EUA querem agrocombustíveis, quem nom os quer som organizaçons ecologistas, labregas e indígenas de todo o mundo, e especialmente de países empobrecidos http://www.verdegaia.org/conte...

E nom é só a competência entre combustíveis e alimentos, é tamém a mao de obra escrava http://www.vieiros.com/nova/65...

A última moda é botar a culpa de todo à China e Índia, como se a sua populaçom se tivesse multiplicado em dous dias. Já nom lembramos a crise da "tortilla" em México e a sua relaçom coa produçom de etanol de milho nos EUA?

Os preços sobem pola demanda (e os agrocombustíveis tenhem muito a ver) e pola especulaçom (e aí os agrocombustíveis tenhem a ver ainda mais).

"Alimentar o país é máis importante que exportar e elaborar combustíbeis" http://soberaniaalimentar.info...

signatus #3 18/Abril/2008 signatus

E, por suposto, a suba do preço dos alimentos, como de tantas outras cousas, terá a ver coa crise energética, coa suba dos preços do petróleo, base do sistema económico no que vivemos, tamém no referido à produçom e distribuiçom de alimentos.

Roquinho #4 18/Abril/2008 Roquinho

A maior porcentaxe na suba dos alimentos está na ansia de riqueza dos que se dedican a distribución deses alimentos, intermediarios que se dedican a especular con todo para encher as suas bulsas, non lles preocupa nada que aumente a fame sempre que aumente o seu capital.
A solución coma sempre está en mans dos gobernos, que poden limitar a corruptela derivada das practicas especulativas deste sector, se realmente interesa facelo.

BonKarallan #5 18/Abril/2008 BonKarallan

Non acaban cos alimentos, acaban cos seus prezos e coas persoas que teñen que compralos, especialmente os pobres.

ecoe #6 18/Abril/2008 ecoe

o máis grave asunto desde sempre son os grandes intermediarios!

E logo o demáis ca sua cota correspondente.

Qué fan as "constitucións" e os códigos civís ca sua actividade? Improductiva i encarecedora?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: