Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reprochan que se critique o proxecto

Os consumidores saen a prol da "dignidade" que garante a Norma do Hábitat

A Unión de Consumidores de Galicia felicita a entrada en vigor da nova lexislación e destaca a importancia de que se estabelezan garantías "no produto máis importante" ao que un consumidor accede ao longo da vida.

Redacción - 14:30 18/04/2008

Medidas que contribuirán decisivamente a dotar as vivendas "dunha configuración que as faga habitábeis e dignas no seu uso" non poden senón "ser consideradas como moi acertadas". Deste xeito se pronuncian desde a Unión de Consumidores de Galicia, UCGAL, en apoio das Normas do Hábitat que entraron en vigor este xoves. "Supoñen un avance moi importante na consecución de obxectivos tendentes a dotar as vivendas galegas dunhas características de habitabilidade e sustentabilidade e por riba de todo, de dignidade", afirman desde o colectivo.

Despois de estudar o documento polo miúdo, a UCGAL subliña o seu "rotundo" apoio á posta en marcha destas normas, e de xeito concreto, expresan a súa satisfacción polo feito de que as propias organizacións de consumidores e usuarios vaian ter voz neste ámbito a través dun representante no Comité Asesor de Habitabilidade.

Salientan ademais o desexo de que fronte ás presións e críticas aparecidas desde algúns sectores, as novas normas "non acaben sendo papel mollado" e insta ao Goberno a "implicarse decididamente" nunha iniciativa que lle garante aos cidadáns "o acceso a vivenda en condicións de calidade, sostibilidade e dignidade". Ao respecto, propóñenlle á Xunta que desenvolva tamén actuacións informativas co obxectivo de trasladarlle á cidadanía "o contido do decreto" coa meta de que os consumidores sexan conscientes dos "dereitos" que a Norma do Hábitat lles garante.


5/5 (12 votos)


Comentarios (12)

Quicol #1 18/Abril/2008 Quicol

¿Porque a uns poucos lles molestará que a maioría poidamos vivir mellor?

Sabrexo #2 18/Abril/2008 Sabrexo

Porque a eles suponlles un pouco menos de eslora no iate.

GALICIEN #3 18/Abril/2008 GALICIEN

http://www.anosacosta.es/ agora UPD está neste xornal co grande escritor RAFAEL LEMA, visitadeaa e dado un comentario sobre este personaxe.

alog #4 18/Abril/2008 alog

A norma do habitat é boa, pode xerar algún problema tecnico (por exemplo algunha dubida, ou o dos marcos das portas) o principio pero van ser facilmente arranxables, e logo se verá coma un gran acerto. O fin os promotores terán unhas normas que cumprir, e xa non poderan facer o que lles pete... seguro que en dous anos esta norma a copian a maioria das CCAA do PP, senon o tempo, e mentres estara o Albertito -mira que pensei que este home faria cousas con senso...- largando de que vamos contra

luisfoz #5 18/Abril/2008 luisfoz

Nom é necessário preocupar-se tanto polo "escritor portenho" Rafael Lema; se este indivíduo abre a feira do livro de Santa Comba pensai que este concelho está governado polo PP (para Galicien). O que interessa é esta manifestaçom da organizaçom de consumidores: boa falta lhe fam apoios à Conselheira de Vivenda que impulsa umha norma dedicada a melhorar as condiçons de vida dos galegos, algo que nom parece entusiasmar à parte PSOE do governo galego.
Muito bem pola valente decisom de Teresa Táboas.

Tudense #6 18/Abril/2008 Tudense

Eles ganharom a pulso o intervencionismo, quantos alcaldes e promotores gestionarom com responsabilidade e dignidade o urbanismo nos últimos 50 anos em Galiza: andam pola media dúzia. Oleiros, Allariz, Santiago de Compostela e pouco mais.

É doloroso ter que dizelo para um liberal como eu mais o intervencionismo, o BNG é moi intervencionista, foi ganhado a pulso.

GALICIEN #7 18/Abril/2008 GALICIEN

Por certo non é o certo o que dixen, fieime dun comentario , escrito neste xornal pro PP e O LEMA aparentemente non é da UPD.

mceleiro #8 18/Abril/2008 mceleiro

Que entrem em vigor não significa nada. Há que fazer cumpli-las. E já sabemos...

Esperemos que os seus defensores não as esqueçam quando deixe de ser actualidade esta notícia.

fillotolo #9 19/Abril/2008 fillotolo

O BNG ten que lembrar que actos coma estes dan votos, porque simplemente melloran a vida dos cidadáns. Esta é a forma de animar aos nacionalistas e non a propaganda barata. A valentía sempre ten recompensa e a señora Táboas vaina ter. esta conselleira non só goberna ben, ademais tamén amosa un gran compromiso co país e coa súa lingua na que antes patinaba bastante e que agora domina. Noraboa

fuco-lois #10 19/Abril/2008 fuco-lois

U-lo os socia"listas" defensores das clases traballadoras, da vivenda pública(Vigo co pxou)...?. Na primeira medida de defensa non xa das clases desfavorecidas, senon de defensa do consumidor, situánse o lado do cartiño, caiselle a careta, de vergoña... ¡Noraboa a Tereixa Táboas!.

Galezio #11 19/Abril/2008 Galezio

Cá neste estado immaculado o que não é do PP ou afins, é tolo, não sabe e até ignorante... Mas o gente já vai colhendo a onda!!Viva a Galiza possível,bloqueira em quanto não chegar a outra!! A que não tenha que render contas aos castelhanistas!!
http://lacomunidad.elpais.com/...

felipin #12 20/Abril/2008 felipin

É evidente que son boas. Tamén que haberá que pulilas.
¿E que vos parece o espectáculo que están dando os arquitectos e os alcaldes, que parece que foran o ariete dos promotores inmobiliarios? Por certo que os socialistas, co seu presi e o seu xornal a cabeza non quedan atrás.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: