A senadora por Nova York gañoulle a Obama por só dez puntos, a metade do que prognosticaban hai poucos días as enquisas.
Con máis de 12 millóns de habitantes, Pensilvania é o sexto estado máis poboado dos Estados Unidos, e a disputa pola vitoria nun momento especialmente tenso entre os candidatos fai o resultado especialmente significativo.
"O vento sopra agora en meu favor", asegurou a senadora Hillary Clinton. Mentres, Barack Obama quitoulle importancia á vitoria da súa rival e destacou que o esmagador triunfo que as sondaxes prognosticaran para Clinton quedaron á fin en pouco máis da metade do agoirado, resultando finalmente nun 55% para Clinton e un 45% para Obama. O senador por Illinois aínda ten vantaxe de 1.658 delegados sobre os 1.544 que sumaría agora Clinton.
Máis na CNN e no New York Times.
Penso que Obama ten máis posibilidades de gañar ao remate destas primarias. Ofrece unha mensaxe nova e é un político diferente. Pola contra, Hillary Clinton non ofrece un cambio real pero en troques, achega unha maior experiencia política.
Calquera que gañe en EE.UU significa unha perda para o resto do mundo.
Na teoría,a diferenza entre demócratas e republicáns é que uns foden ó mundo menos cos outros.Na realidade custa moito atopar esa diferenza.
Igualiño que o que vai ocorrer aquí entre Rajoy e Esperanza, con Gallardón polo medio para sacar tallada.
Moi ben apuntado Roixordo.
Sigo as primarias con ben atención e H.R. Clinton é a única que se acerca as ideas deste lado do Atlántico, tanto socialmente coma económicamente. Por exemplo, é a única que abertamente apoia o matrimonio homosexual. Obama, inda que aquí nolo pareza doutra maneira é un candidato moi gastado e gastable (véxase o rendemento que o señor Murdoch pode sacar na campaña de Novembro co de Jeremiah Wright) e que chega un público similar ó que chegaban Al Gore e Kerry,é dicir, os demócratas fieis pero non os independentes que dan a victoria. HR Clinton está máis que inmunizada fronte a prensa.
Ela leva ano e medio falando de cambio climático, de cambio de modelo enerxético e cambio de modelo económico baseado en 'PYMES' e I+D+I; de sanidade nacional universal (que non financiada), de retirada das tropas e de politica exterior baseada na diplomacia.... El só fala de conceptos etéreos, vagos, que alimentan o imaxinario soberanista dos USA.El é máis do mesmo.
Esta muller empezou na política antes co seu marido e se non gaña estas eleccións é pola gran misoxinia que inunda os medios de comunicación dos USA. Hillary ten que seguir na batalla demócrata, como sexa. Quen gañe no lado demócrata será presidente. A min como europeo interesame unha 'pseudo-socialdemocrata' na casa branca.
Mais para salvarse e colocarse para a próxima, a Clistom promete ata a DESAPARICIÓN DE IRÁN (reclama así o voto xudeu USA)
Ecoe; mintes. Literalmente dixo:
>
É unha concatenación de SE's. Se Irán atacase a Israel con armamento nuclear poderian ser quen de 'erradicar' o ataque.
(escapóuseme) a frase é esta:
Whatever stage of development (the Iranians) might be in their nuclear weapons program in the next 10 years, during which they might foolishly consider launching an attack on Israel, we would be able to totally obliterate them,' Clinton said.
'That's a terrible thing to say, but those people who run Iran need to understand that,' she added. 'Because that, perhaps, will deter them from doing something that would be reckless, foolish and tragic.'