A persoa que liderou as operacións do 25 de abril estivo na redacción de Vieiros; falou da Revolución dos Cravos e tamén das que veñen.
Un anaco da historia do século XX pasou unhas horas na redacción de Vieiros. Otelo Saraiva de Carvalho foi o principal estratega do 25 abril, acción que de xeito rápido e eficaz (sen apenas violencia) mudou cinco décadas de ditadura por poder popular. De Saraiva dise que poucas persoas en Portugal tiveron tanto poder ao alcance da man, pero tamén que ninguén o rexeitou nunca de xeito tan categórico como el. A revolución foi por outro camiño e o Saraiva retirouse do primeiro plano do presente. Mais aquí está, moitos 25 de abril despois, falando con entusiasmo do que se fixo e do que ficou sen facer, e tamén das revolucións aínda pendentes.
Naceu en África e quería ser actor; mais unha enfermidade levouno para Portugal e a tradición familiar encarreirouno cara á vida militar. Non quixo chegar a xeneral, mais conserva os ademáns de home de mando: despois duns minutos de conversa, ordenou que comezásemos a entrevista.
"Dende un punto de vista realista era utópico naquelas circunstancias tentar instaurar un novo modelo de réxime político nun país pobre, como era Portugal, sen recursos (...) O Partido Comunista tentouno facer, obedecendo ideoloxicamente a Moscova (...) Tomou ao asalto os medios de comunicación social, os concellos, e procurou identificarse en termos públicos co MFA. O resultado foi que o mundo occidental comezou a chegar á conclusión que o MFA estaba formado por comunistas e que era o brazo armado do PCP".
"O 25 de novembro vai ser o final dunha acción continua e deliberada do Frank Carluci" (embaixador norteamericano en Portugal).
Habería que matizar iso de que en Portugal non pode haber democracia directa (socialismo) porque non ten riqueza. Trala súa argumentación subxace unha concepción bastante discutible que di que ao socialismo só se pode chegar despois do capitalismo plenamente desenrolado e industrial. Isto semella implicar que, ao parecer, non se pode xerar riqueza e industria desde a democracia directa.
Aínda que teña petróleo, Venezuela non é un país industrializado e rico, senón que é pobre e campesiño. Certo que pode ser un motor do socialismo e que pode marcar o camiño a outros países e que estes lle perdan o medo ao bloqueo. Pero en 1974 non vale a escusa do bloqueo e menos aínda a de que, como somos pobres, non podemos saír da miseria coa democracia directa.
Tampouco sei de onde saca que Chávez exerce un poder ditatorial.