O goberno chinés pon como condición que o Tíbet cese no seu independentismo e que deixe de "conspirar e sabotar" os XXOO.
Segundo un comunicado da axencia oficial de noticias chinesa, o goberno aceptou a oferta do Dalai Lama para se reunir cun dos seus representantes en Beixín. Porén, un voceiro do líder espiritual tibetano na India afirmou que non lle constaba este ofrecemento.
Fontes citadas pola axencia Xinhua explicaron que a xuntanza se vai producir após "as repetidas peticións realizadas por parte do Dalai Lama para retomar as conversas", e que o executivo chinés agarda que "pola banda do Lama se dean pasos críbeis para deter as actividades que perseguen separar China e para acabar coas conspiracións e a incitación á violencia".
Ademais, tamén piden que se deteñan as sabotaxes aos Xogos Olímpicos de Beixín, como condición para que teñan lugar as conversas. O goberno chinés -recolle tamén a axencia- sempre lle mantivo "a porta aberta" ao Dalai Lama.
Algo terán que perder (ventas?), mais algo conseguiron a CIA e o Imperialismo.
“Made in China”. Xa nin sequera escriben “feito polo pobo da República Popular de China” Que tiñan os xoguetes que os meus pais regalábanme na máis tenra infancia.
Home. Cousas do porco capitalismo. Mentres en China o fracasado e ineficiente comunismo está dando paso a prácticas económicas máis próximas ao capitalismo. Aínda existen persoas que admiten que a autodeterminación dos pobos é letra morta, cando a ideoloxía que predomina no mesmo é a relixiosa ou distinta ao ultraortodoxo socialismo.
Afortunadamente China con todos os seus defectos demostrou que a súa ancestral cultura é capaz de admitir a palabra negociar. Iso é un signo de tolerancia e un paso saudable. Sexa cal fora o resultado.