A filtración, procedente dun colector de 50.000 litros, foi detectada o luns ao mediodía grazas a un aviso.
Unha fuga de gasóleo procedente dun depósito de Adif chegou á rede de saneamento da cidade de Ourense. Aínda que o vertido se produciu o sábado, non se detectou até o mediodía do luns. A perda, que se produciu de xeito continuado dende un colector de 50.000 litros de capacidade, xa "está controlada", segundo o Concello.
A alarma comezou cando o goberno local recibiu un aviso por un forte cheiro a gasóleo, que foi confirmado logo por técnicos da empresa concesionaria do servizo de auga, Aquagest. Despois, detectouse que o vertido procedía da rede de saneamento dende un depósito propiedade do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias no barrio do Peliquín.
O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, asegurou que "todo está controlado", aínda que descoñecía a "cantidade exacta da fuga". Engadiu que os operarios de Aquagest están a facer un "seguimento permanente" para evitar que o gasóleo chegue ao río Miño. Rodríguez explicou que o combustíbel se mesturou coas augas residuais e chegou até a depuradora, onde foi detectado polo seu forte cheiro. Comparou o vertido co efecto dunha billa que vai perdendo líquido durante "horas e horas".
Iniciativa do BNG
Neste senso, o senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, pediulle explicacións a Adif polo vertido de gasóleo ao río Miño e tachou de "inxustificábel" e "escandaloso" que o organismo non avisase ao respecto. Por iso, presentou unha iniciativa no Senado para reclamarlle ao goberno español que explique as circunstancias do vertido e por que non informou do mesmo a tempo.
No texto, Pérez Bouza lembra que Renfe (antigo Adif) figura nun informe de 2006 do Ministerio de Medio Ambiente como "un dos principais focos contaminantes" do río Miño. Finalmente, pídelle ao executivo español que asuma "todos os custos" da depuración do vertido e que tome as medidas necesarias "para que non volva ocorrer".
Alguén pode explicar por q eses depósitos están a carón do rio e quen carallo lle dou permiso para pôlos aí?
o final o cidadán paga o gasoil que se estragou, os depósitos que farán novos, as canalizacións e os soldos de toda esta gleba miserable que cobra por facer as cousas mal e por fallar día sí e día tamén e que soio serve para sair na foto.
aquí e nadie é responsable, nadie vai a engrosalas listas do paro: nin os responsabeis de medio ambiente do concello nin os subditos do conselleiro vázquez nin moito menos o operario que deu por boa a evaporación de vintecinco mil euros de combustible nin o que ordenou volver cargar outro tanto con destino as sufridas augas do pai miño. para cando os políticos e os funcionarios respoderán da súa demañada actutude có séu propio patrimonio? qué pasa?
socializámolo gasto entre os contribuíntes pero as ganancias quedan na man duns cantos. con esta administración voraz ( concellos, deputacións, xunta, madrí, bruselas ) é mellor meterse no monte e tratar directamente co lobo.