Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NON HABERÁ RECOLLIDA DE SINATURAS

A Mesa do Parlamento aborta a ofensiva de EU para reducir o límite electoral ao 3%

Considera que non pode tramitar a iniciativa lexislativa popular xa que a reforma afecta ao "desenvolvemento básico do Estatuto de Autonomía".

Redacción - 18:00 02/05/2008

Esquerda Unida non poderá nin recoller as 15 mil sinaturas necesarias para que se debata no Parlamento unha reforma da lei electoral galega. A Mesa da Cámara considera que non pode tramitar a petición porque a proposta de EU de rebaixar do 5 ao 3% os votos necesarios para obter representación parlamentaria afecta ao “desenvolvemento básico do Estatuto de Autonomía”.

Antes de coñecerse a decisión da Mesa do Parlamento, os tres grupos con presenza na Cámara xa se mostraran pouco proclives a rebaixar a barreira que estabeleceu en 1992 o PPdeG.


5/5 (5 votos)

Comentarios (23)

maria_castanha #1 2/Maio/2008 maria_castanha

viva a democracia!

Galezio #2 2/Maio/2008 Galezio

E pois? Os da EU cheiram-me a "camelo"... Não há mais que olhar lá sua atitude em problemas concretos que tivo o BNG em lugares determinados. São fachas de esquerda, espanholista de esquerda, "fidalgos" de CCOO! Lembrais os artigos do Sr. Fidalgo de CCOO sobre o projecto do Estatuto catalão? Menudo facha!!
É pois!!
http://bvg.udc...

Tudense #3 2/Maio/2008 Tudense

Os três partidos que actualmente ostentam representaçom estám cómodos dificultando o acesso a outros ao Parlamento, que demócratas som estes gajos, é ainda mais patético tendo em conta que Esquerda Unida nom tem hipótese nenhuma de alcançar o 3% numhas autonómicas mas se calhar Terra Galega poderia nom estar longe dai pola Corunha.

Os do PP som parvinhos porque so a irrupçom dumha quarta força nacionalista de centro que puidesse pactar com eles poderia permitir que eles voltassem a cheirar poder num periodo razoável de tempo. Que voltas da a vida umha lei feita polo PP agora vai foder ao PP que num sistema de três como o actual e no que os outros dous vem-se forçados a pactar entre eles fica condenado a roer oposiçom por muitíssimos anos.

Xos #4 2/Maio/2008 Xos

Lembro que cando Fraga aprobara a lei do 5%,o BNG dicía que era algo antidemocrático, pero agora parece que xa non lles convén. Cousas do poder

Brixs #5 2/Maio/2008 Brixs

ELEITORAL!, nom eleCtoral. Mais respeito com a língua!

aconjuradosnescios #6 2/Maio/2008 aconjuradosnescios

o que dizer? cada vez fica mais claro que a verdadeira democracia fica além dos processos eleitorais - concordo com maria castanha: que viva a democracia!

alboiando #7 2/Maio/2008 alboiando

brixs, ti non chegas nin ao 2%!!
canto nos muda o banco cando non é bancada...

Cesare #8 3/Maio/2008 Cesare

Se ben non está entre as miñas previsións votar IU (nin outra forza por debaixo do 5%), esta decisión é abonda pra non votar a ningunha forza por riba do 5%.

asterix #9 3/Maio/2008 asterix

Hai 15 anos foi unha cacicada aprobar esa lei por parte do PP (para que non puidese entrar no parlamento nin Unidade Galega nin Coalición Galega) e agora é a mesma cacicada por parte do PSOE e do BNG non retirala (para que non poida entrar Terra Galega). Pois nada...se antes tiña dúbidas sobre que votar agora sei que o meu voto vai ir seguro para Terra Galega...para demostrarlles os tres partidos do oligopolio que hai vida máis aló das súas formacións, aínda que a eles lles amole. E para proba, botádelle por favor unha ollada a páxina web das mocidades de TEGA, todo un exemplo de alternativa política e frescura democrática: http://www.mocidadestega.org

Atlantico #10 3/Maio/2008 Atlantico

Non te equivoques, cando Fraga aprobou esa lei, os de Terra Galega estaban no partido de Fraga e calaron coma monos, agora que non protesten.

asterix #11 3/Maio/2008 asterix

Non te equivoces ti atlantico...cando Fraga aprobou esa lei os de Terra Galega estaban en Coalición Galega(Pablo padín, Xosé Posada, Fernando Alonso...), na CNG (Anxo Rodríguez) ou no PSG-EG, despois chamada Unidade Galega(Xoán Gato)

orwell #12 3/Maio/2008 orwell

A verdade, ben puideron buscar unha escusa máis crible que afectar ó "desenvolvemento básico do estatuto de autonomía". A maneira de responder lembra os peores tempos do PP, e cómpre ter un pouco de memoria histórica. Ademais de ser democrático e equitativo hai que parecelo, ou era ó revés?

AGIL #13 3/Maio/2008 AGIL

Não pertence ao estatuto de "antinomias" o do 3% nem o do 5% nem nada. Aliás, onde é que fica isso de "um home (varão ou mulher, tanto tem), um voto"?

carlinhos21287 #14 3/Maio/2008 carlinhos21287

DEMOCRACIAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA

Dogma #15 3/Maio/2008 Dogma

o problema non é ise, o problema é que non teñen votos...
Pero ainda así vaixalo ao 3% quizais estaría ben, pero iso sempre que tamén quitaran a lei de hont.

En canto o que di por ahi que se fixo para votar fora a os CG, é mentira, daquela tiñan mais votos que o memo BNG, foron eles mesmos os que tiraronse ao rio pactando co PP (partido que coma o PSOE, é dictatorial), o que si foi, foi o fin para o PSG-EG, único partido socilista dentro da terra galega.

manhoca #16 3/Maio/2008 manhoca

...jajaja que veña PaPa Llamazares ou senon,ainda mellor,Anxo Guerreiro a levantar o que tirou!sodes patéticos!!!!!

Anti_Lusista #17 3/Maio/2008 Anti_Lusista

"En canto o que di por ahi que se fixo para votar fora a os CG, é mentira, daquela tiñan mais votos que o memo BNG, foron eles mesmos os que tiraronse ao rio pactando co PP (partido que coma o PSOE, é dictatorial), o que si foi, foi o fin para o PSG-EG, único partido socilista dentro da terra galega."

Pero qué dis? Se CG formou parte do tripartito para que non gobernara A.P.

mceleiro #18 hai 6 dias mceleiro

Os de EU podem ser o que se queira, mas o 5% é antidemocrático colha-se por onde se colha.

A ver se nos deixamos o benefício partidista e somos algo coerentes e justos. Fede ver ao BNG mudando a postura duma revindicação "de sempre" ao ver-se agora beneficiado eleitoralmente.

Um "tripartidismo" perpétuo de três partidos de dereitas (veja-se a política que se está a fazer e cara onde se caminha) é terrível.

E os bloqueiros fazei memória, que antes dos deputados actuais também foi minoria com grandes problemas para ter representação.

Va ser que tudo ficou "atado y bien atado".

manhoca #19 hai 6 dias manhoca

mceleiro,eres patético!!!!!!!!!

mceleiro #20 hai 6 dias mceleiro

Manhoca, pode que seja patético. Não sei. Talvez se o explicasses....Sabes dizer algo mais de "sodes patéticos" / "eres patético"?

Patético não sei. O que sei é que sou um ignorante. Ignoro totalmente porque é tanto problema baixar um límite ridículo e injusto quando nem sequera com o 3% se consegue um diputado.

Qual é o problema? Agora nenhum. E num futuro?

De passada também podias explicar porqué temos as circunscripções provinciais, ou porque um filho dum emigrado a Buenos Aires que não computa como galego para os orçamentos nem nunca pissou Galiza pode votar, e um emigrado que se empadroe em Barcelona por uns meses não o pode fazer. Nem nas autonómicas, nem nas municipais, e nas gerais tampouco, porque se quiser votar a um partido galego, em Barcelona não terá a papeleta.

Ou porque uma lei eleitoral independente do estatuto agora não se pode modificar sem modificar este. Explica, faz o favor.

Obrigado.


PD: Nunca votei a EU nem tenho pensado fazê-lo.

Tarelo #21 hai 6 dias Tarelo

EU-IU non está facendo as cousas ben e tan poco se caracteriz apor ser un partido democrático. É habitual, que as executivas, responsables políticos e organizativos de EU-IU, cando teñen que tratar temas importantes, plantexen mareala perdiz e distraer o debate en asuntos de segunda ou terceira división. EU-IU ten a día de hoxe temas máis importantes para debater. Como é como relanzar IU dende o batacazo das xerais (que deberan facelo hai tempo, pero os cargos de responsabilidade política e organizativa de IU, nunca reaccionan máis que cando os seus sillóns perigan).

Na miña opinión, este tema non debería abordarse agora dende IU. Antes debérase "aranxar a casa por dentro". Ademáis, dende IU non é coherente plantexar en solitario esta modificación (nin outras), debron involucrar a outros movementos e organizacións sociais. En EU-IU deberan falar as bases, e non coma sempre que están amordazadas e non se lles permite participar.

Sabrexo #22 hai 6 dias Sabrexo

Por min que quiten os límites, aínda que a sucursal de IU en Galiza non chega nin ao 1% hoxe. Eu penso que quere distraer o debate real, que votan mortos e descendentes de emigrantes sen garantías democráticas, e milleiros de compatriotas emigrados no Estado ou xente que está embarcada non pode votar.

roixordo #23 hai 5 dias roixordo

vexamos se algún día o BNG non se ten que arrepentir porque lle queda moi "grande" ese 5%...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: