A rexión de Santa Cruz celebra o referendo autonómico declarado "ilegal" polo goberno boliviano.
O goberno de Bolivia, co seu presidente Evo Morales á fronte, cualifica de "ilegal" e "separatista" a consulta convocada para este domingo en Santa Cruz e acusa a Estados Unidos de apoiala para debilitar ao propio executivo estatal. Así e todo, desde o contorno do goberno chaman aos cidadáns a absterse ou votar en contra da proposta autonomista. Aproximadamente 900 mil cidadáns están chamados ás urnas para decidir en referendo sobre ese posíbel estatuto de autonomía que lle outorgaría poderes extra á rexión fronte ao goberno estatal.
No fondo do problema está a riqueza en materia prima, nomeadamente hidrocarburos, da que gozan as rexións enfrontadas ao executivo de Evo Morales. Tamén o poder dunha presa de familias que controlan xigantescas extensións de terreo e que usan a loita pro-autonomía como simple ferramenta para manter os seus privilexios fronte aos plans de reforma agraria deseñados polo goberno de Morales.
A Organización de Estados Americanos, OEA; decidiu durante a madrugada do sábado aceptar a petición de apoio realizada polo goberno boliviano, e emitiu un ambiguo comunicado a prol do goberno. Así, nunha resolución asinada polos 34 países membros, a OEA expresa a súa "solidariedade e apoio ao pobo de Bolivia, ao goberno constitucional dirixido polo presidente Evo Morales Ayma, á institucionalidade democrática e ás autoridades elixidas polo pobo boliviano". A maiores, solicita respecto pola orde constitucional e a "integridade territorial de Bolivia" e advirte contra calquera tentativa de ruptura destes. Con todo, o Consello Permanente da OEA evitou tratar especificamente o asunto da consulta popular convocada para este domingo.
Dende Plan 3000, resistencia en Santa Cruz. O dia amanece logo dumha dura noite de roubos (cal é o roubo, agora ou esta farsa electoral??) de "ánforas" e papeletas. Pero co sol non só chegan os locais que neste bairro resisten a un peche que significaría ir votar, senon as persoas que por 200 bs (e eso é moito) por día vinheron dende Pando, Beni, Tarija para defender colexios electorais que outros disenharon como carátula para disfrazar un desexo de manter privilexios económicos e un forte odio racial que trasluce as suas políticas.
O día promete ser longo, con rutas cortadas cara o centro da cidade, e moi tenso (xa algun ferido por balins e pedras)pero presinte-se que o máis duro estará por vir nos vindeiros días.
Son tempos convulsos, pero moi esperanzadores para Bolivia. Se lhes deixan.
Que vos apostais que o governo de progresso apoia o resultado do referendo ilegal? O Aznar, ou um desses lobbys que el dirige enviou oservadores para a consulta. O mesmo ZP que tanto o defendeu na cimeira passada se me apurais eu diria que tambem vai apoiar, e se nom o fai por motivos pragmáticos, ganhas seguro nom lhe ham de faltar. Vamos ver o que se passa com a consulta de Ibarreche. Dá gosto ver como ouveam nos jornais...