O conselleiro de Medio Ambiente xustifica a decisión, asegurando que é o tempo que a empresa deberá empregar en "comezar o desmantelamento e traslado".
"É unha ferramenta necesaria para traballar baixo unhas calidades ambientais e non se lle daría se non cumprise eses requirimentos", aseguraba Manuel Vázquez, conselleiro de Medio Ambiente, durante unha entrevista na Radio Galega este domingo.
Vázquez xustificou que a "autorización ambiental integrada" que o Goberno lle concederá ao complexo industrial de Ence na ría de Pontevedra terá "unha duración máxima de tres anos", subliñando que estará por baixo do prazo concedido a outras empresas. No mesmo sentido, insistiu en que será o tempo que "á empresa lle debe levar o comezo do desmantelamento e traslado".
Ao respecto indicou que a Xunta segue traballando co obxectivo de que a papeleira desapareza da ría antes de 2018, data na que remata a concesión á empresa. "Non se pode ir a posturas maximalistas e radicais, Ence non se vai ir mañá", afirmou Vázquez.
O recoñecemento en público desta decisión do executivo chega apenas unha semana despois de que milleiros de persoas acudisen en Pontevedra á manifestación convocada pola Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR). Entre os motivos cos que se convocara esa mobilización estaba expresamente a petición á Xunta de que non lle concedese a Ence a autorización ambiental integrada á que finalmente o Goberno accede.
a ver sr conselheiro, vostede cre que hai algumha razóm para reconhecer-lhe algo de credibilidade?
Que tres anos já passarom desde que vostede está no governo e as suas promessas como se incumprirom-se umha tras outra.
Esperemos que dentro de tres anos nom siga vostede enganando aos cidadáns, de todos depende deixar-lhe claro que o que defrauda as expectativas mínimas dos votantes é necessário que lhe deixe o sitio a outro.
Manda carallo!
Nunca pensei que a mulida moqueta, os traxes caros e o coche oficial, mudaran tanto a unha persoa.
Xa sei a quen non votar nas vindeiras eleccións.
Isto quere decir que ninguén se durma nos laureis, e se o outro día saiamos 3000 pontevedreses/as e galegos/as á rúa a manifestar o noso rexeitamento a que ENCE sega a contaminar a ría de Pontevedra, debemos seguir manifestandonos, informando a cidadanía, loitando contra ENCE e a clase política e empresarial que a apoian, etc. . .
E construirán todas as piscifactorias novas, e darán outros 3 millóns de euros a Laregión, e seguirán ,,perdendo" exames de opositores, e mandando a policia (delegados do governo) ás manifestacións a favor do galego... E AUMENTARÁN EN VOTOS!
Cambiar de PP a PSOE: Cal é a diferenza?
se por cartos ata na feira de Monterroso o porqueiro vendia a sua muller...que pregunten en Carballiño por Pachi,que`pregunten...e logo falan de Baltar...jajaja!
Esses três anos são muito necessários. Para aquela já terão ardido as fragas do Eume, reforestados os terrenos com eucaliptos, e explanada uma nova localização ao pé dum bonito lago n' As Pontes....
Para que trasladar em Ponte-Vedra, podendo abaratar custos noutro lugar e arranjando o problema de desemprego que afectará aquela comarca? Criará emprego, Ibarrola pintará uma bonita fachada, etc...
Ah!, e nos actuais terrenos Ence poderá promover uma urbanização que trave a crise imobiliária...
Se existisse vontade de mudar de terrenos em Ponte-Vedra já se teria feito.
Amais, no 2018 haverá ria? :-)