O alcalde de Pontevedra advirte que a decisión de ampliar o permiso ambiental de Ence viola gravemente os acordos do bipartito.
Ao alcalde de Pontevedra non lle tremeu este luns a voz á hora de cualificar a decisión da Consellería de Medio Ambiente ao respecto do complexo Ence-Elnosa. O nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores considera que a ampliación por tres anos da autorización ambiental á celulosa é unha “traizón e un paso atrás moi grave”. Para o rexedor, non hai dúbida de que a decisión do conselleiro socialista Manuel Vázquez supón “consolidar” a actividade destas empresas na ría.
A decisión da Xunta doe especialmente no BNG local. Esta formación chegou en 1999 á alcaldía do municipio coa promesa de pelexar polo traslado da factoría. Lores considera que o anuncio do conselleiro de Medio Ambiente é “unha violación flagrante” dos acordos adquiridos polo bipartito galego: “No pacto de goberno asinado por Touriño e Quintana en 2005, recollíase expresamente o traslado de ambas factorías”.
Dende o goberno pontevedrés anunciaron que recorrerán a decisión da Xunta e que chegarán “até as últimas consecuencias”. Pola súa parte, o voceiro da dereita pontevedresa, Telmo Martín, mostrouse satisfeito pola decisión da Xunta.
Reacción de Medio Ambiente
O conselleiro de Medio Ambiente teima en afirmar que as dúas empresas “cumpren medioambientalmente” e retou ao alcalde nacionalista a que “peche el a empresa”. Manuel Vázquez insistiu en que o Goberno mantén o compromiso de que se traslade a factoría antes de 2018. Con respecto ás declaracións de Lores, Vázquez botou máis lume ao afirmar que “a demagoxia ten uns custes”.
Pois eu creo que o señor Lores ten razón de sobra para andar encabuxado. Aquí parece que se cumpre aquelo de "todos al suelo que vienen los nuestros"
E os do PSOE local de Pontevedra chupiguay indo a manifa de ecoloxistas de toda a vida.
Que apresenten unha moción reprovando ao conselleiro e esixindo a retirada de ENCE, os do PP agora tamén din estar en contra da permanencia do complexo... pois que se movan.
Que lle quede claro á cidadanía pontevedresa quen está e quen non está contra Ence-Elnosa con todas as consecuencias.
E a Loli Rodríguez falando dos emigrantes. Já se vê para onde focam a atenção...
O P$o€ sempre na sua. E vam cometer esta classe de traiçons sempre que o vejam oportuno. O carto é o carto..
Imos ver: si hai un pacto e unha parte racha nele, como asegura o alcalde Lores, qué é o que ten que facer a "outra" parte?
Obviamente. Esixir o cumprimento a quen faltou ós acordos. Ou non?
O q inventou o acrónimo PPSOE cada vez ten mais razón. Q cambiou desde q non manda o PP?
PP/PSOE pura miseria...
O que non acabo de entender é á cidadanía de Pontevedra. Comecei a ir por Pontevedra polo ano 83 máis ou menos e a cidade era un barreño de lixo. Desde que goberna o BNG a cidade sufriu unha transformación radical para ben. É unha das cidades galegas que se achega ao estandard europeu (a pesar de que a situación de partida era absolutamente negra). De repente ves que o PP dun especulador como Telmo Martín ten unha subida espectacular en votos; a maioría desa xente que lle votou non gañaría nada co cambio de situación, máis ben perdería... E eu pregunto: de verdade os galegos estamos preparados para vivir con estándares europeus ou preferimos seguir nunha especie de terceiro mundo cutre... Aquí avanzouse moito economicamente pero moi pouco culturalmente, isto é a demostración máis evidente. Moitos galegos viven máis comodamente no medio do lixo, do desorde urbanístico e no caos de circulación. Unha cousa parecida ao que ocorre na India (onde non hai normas para a circulación e as poucas que hai non se cumpren).
Tino, quererás dizer que tu lhe dás cada vez mais razão. Porque o inventor do acrónimo PPSOE tinha razão desde o princípio, ainda que os outros não lha deram...