O voceiro dos socialistas no Parlamento, Ismael Rego, recoñeceu este luns que o obxectivo prioritario é adiantarlle ao PPdeG para deixarlle ao Bloque un papel máis secundario na vindeira lexislatura.
Os cobadazos para os vindeiros comicios autonómicas xa principiaron e cada forza política intenta diferenciarse diante do electorado. Un bo exemplo disto son as declaracións do voceiro socialista Ismael Rego nunha entrevista en Onda Cero. O responsábel do grupo parlamentario do PSdeG subliñou que a máxima arela da súa formación é adiantarlle en escanos ao PPdeG para ter a “maior autonomía posíbel” de cara a vindeira lexislatura. Porén, a pesar da forte aposta, Rego matiza que “esta é a nosa aspiración, pero se non o logramos non será un fracaso”.
Rego foi máis lonxe á hora de valorar a relación cos seus socios na Xunta. O socialista considera que os votantes van ter en conta a formación que “apoia sen complexos o Goberno”.
Un BNG máis secundario
Dentro das filas nacionalistas coidan que o PSdeG está intentando levar adiante unha estratexia similar á que emprega o PSOE no Estado. Se os socialistas lograsen guindar a maioría relativa dos conservadores no Parlamento, o escenario no Goberno podería ser moi diferente, incluso cun pacto puntual. Fontes nacionalistas consideran que o PSdeG está a ensaiar unha estratexia de tensión que lle permita medir as súas propias forzas de cara a opinión pública.
De feito, nas filas do Bloque consideran que aínda non se pode descartar un adiantamento dos comicios ao vindeiro mes de outubro e que os vindeiros días poden ser cruciais para saber cal é a postura real dos socialistas. Por esta posibilidade, que circulou con forza nas últimas semanas, apostan aínda algúns sectores do PSdeG. Porén, a maioría dos cadros socialistas (entre eles o propio presidente da Xunta) pensan que a xogada é demasiado arriscada e teñen marcado os comicios para marzo do ano que vén.
Que o PSOE apoia sen complexos o goberno??? Por iso lle está a facer oposición constante, a través dos seus alcaldes, a todas as iniciativas das consellarías do BNG (que por outra banda son as únicasa que traballan). E por iso vota en Madrid en contra do que se aproba por unanimidade en Santiago. O señor Rego debe pensar que os galegos estamos cegos.
A miña visión é outra, atacan o BNG porque son os que capitalizan a acción do goberno, ó mellor sucede como no 2001 e o PSOE ocupa o terceiro lugar no Parlamento.
# Aí concordo contigo, Atlantico. Vanse presentar ás eleccións sen máis balanzo que as trabas postas á única forza que traballou. Desde logo, eu coido que é moi preciso que no 2009 se invirta a correlación de forzas no bipartito, o PSOE demostrou que a presidencia lle vén moi grande.
O BNG capitalizará a acción de goberno para os que teñen unha semsibilidade nacionalista (?) O asunto é se a maioría dos votantes que non elixiron unha opción nacionalista hai catro anos teñen esta mesma opinión.
E o que para min é aínda máis importante. O BNG fixo medrar a conciencia nacional e de esquerdas dos habitantes deste país?
Eu son pesimista respecto ás posibilidades do Bloque nestas eleccións, mais aínda o son máis no que se refire á segunda cuestión.
Pois que nom colham moita autonomia, que a cagamos todos. xaca, nom hai que ser tam fino. Temos que tirar todos polo mesmo carro, e com força. O BNG esta-o a fazer bem (galescolas, centros de dia, vivenda...). No entanto, PP e PSOE o único que querem é pór-lhe paus entre as rodas.
Pois levámola clara como teñan mais poder estes vendidos das multinacionais, creadores de problemas fictícios: primeiro néganse a asinar o convenio de Vicepresidencia e despois caen todos coma moscas.
PPSOE mais ca nunca.
Resultado do gran esforzo do BNG: Subirá de 13 a 15 escanos e aínda haberá que contentarse. No entanto o PSOE chegará case ata os 30, facendo o de sempre: Ou sexa, aproveitarse do traballo dos demais e vendelo coma seu, machucando mediáticamente. Por certo, noraboa ós do boletín oficial do PSOE(Voz de Galicia) por inaugurar a campaña do SOE. En fin, tanta intoxicación que acabarei crendo que ata Touciño ten carisma...