Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE NO SINDICALISMO AGRARIO NACIONALISTA

O sector crítico do SLG acusa a Executiva de acabar coa democracia interna

Os partidarios de Xurxo Álvarez coidan que o Sindicato Labrego perde iniciativa ao converterse en "comparsa" doutras organizacións agrarias.

Redacción - 20:00 12/05/2008

Os enfrontamentos internos que arrastra o Sindicato Labrego Galego dende o último Congreso, que se celebrou en novembro do ano pasado, proseguen. Este mesmo martes, membros do sector que lideran Xurxo Ávarez e Manuel da Cal, convocaron á prensa para acusar á Executiva do sindicato de "usurpar" as funcións da Dirección Nacional. A corrente crítica considera que o SLG centraliza na Executiva (na que os partidarios de Álvarez non teñen representantes) todas as decisións políticas e de organización interna deixando sen función ningunha ao resto dos órganos.

Xurxo Álvarez sinalou que vén de xuntar un terzo de sinaturas dos membros da Dirección Nacional para forzar a convocatoria dunha reunión extraordinaria deste órgano. Segundo Álvarez, a decisión tomouse logo de que a Secretaria Xeral (Carme Freire) e a de Organización (Lidia Senra) se negasen a dar as explicacións requeridas.

Diferenzas políticas e de funcionamento interno

Os críticos piden que na reunión extraordinaria se traten asuntos que afectan ao sector leiteiro e o vitícola. O grupo que encabeza Xurxo Álvarez considera que o SLG está a ser "unha comparsa" doutros sindicatos. Como exemplo sinala a participación na última manifestación polos prezos do leite que se celebrou en Compostela: "Non se pode convocar unha protesta dende o local central do SLG cando antes se debatían estas decisións en asembleas comarcais".

Mais este sector tamén exixe que a Executiva dea explicacións da situación laboral e retributiva dos traballadores do SLG, que se fale das últimas rescisións de contratos e de traslados. Os críticos acusan ao máximo órgano do sindicato de estar tomando represalias contra empregados que non apoiaron á candidatura oficial no último Congreso, algo que dende o SLG negan rotundamente.

Unha pugna ideolóxica
A crise interna é tamén consecuencia dunha pugna ideolóxica que leva máis dun ano activa no sindicalismo agrario nacionalista, que sempre destacou pola unidade interna e pola forte peso da Unión do Povo Galego(UPG). Destacados dirixentes do sector oficial como é o caso de Lidia Senra, Carme Freire ou Xosé Ramón Cendán militaron activamente na UPG. Porén, nos últimos tempos a súa relación con esta organización política é practicamente inexistente e apostan por unha liña política independente do BNG. Os principais cadros deste partido están agora na oposición interna.


3/5 (12 votos)


Comentarios (16)

Afonso_ch #1 12/Maio/2008 Afonso_ch

De democracia interna falam os gajos estes...

Se eles ganham não importam quais sejam os métodos utilizados para conseguir a vitória, mas se, com tudo, perdem é a hora de criticar a falta de democracia.

Pouca vergonha!

bainha #2 13/Maio/2008 bainha

Non sei onde lin "se non consigues reventalo desde dentro, tenta desprestixialo desde fora". Pero non creo que fora Lenin.

El_Uali #3 13/Maio/2008 El_Uali

Nom sei muito sobre o conflito e nom tenho claro neste tema quem tem ou deixa de ter razom.
Em todo caso, imagine-se por um momento que o mesmo que está a fazer a UPG no SLG o figessem os críticos (que porcentualmente representam mais do que estes) no BNG ou em Galiza Nova... e o que diria a UPG nesse caso.

Sara_Mago #4 13/Maio/2008 Sara_Mago

Os trabalhadores e trabalhadoras do SLG, que fazem o seu trabalho em condiçoes de enorme precaridade (peor do que na peor empresa), estam a ser represaliados. O facto de que o sector "critico" denuncie esta realidade nom faz com se seja falsa. Logicamente, os trabalhadores estam com quem os apoia (numhas condiçoes extremadamente dificeis) à margem da pugna politica que exista no transfondo. Aqueles que, cegados pola sua furia anti-UPG, nom queiram ver isto, nom pode ser considerados pessoas de esquerdas pois estam do lado da patronal e contra o trabalhador. Como isto chegar ao julgado (com a quandidade de chanchulhos existentes) vai ser um golpe durissimo. O mais duro que tenha recibido o "sindicalismo" agrario nacionalista, que poderia ficar ferido de morte. Mas certos cadros estam a trabalhar por segurar o seu futuro numha pequena organizaçom vertical com subvençoes do Estado. Cair quem cair.

moutras #5 13/Maio/2008 moutras

"Aqueles que, cegados pola sua furia anti-UPG, nom queiram ver isto, nom pode ser considerados pessoas de esquerdas pois estam do lado da patronal e contra o trabalhador." ..... pero como podes dicir semmellante burrada e ficar tan a gusto. a furia anti.upg teñena máis que merecida, pòis sonche unha puta secta, un cancro nos organismos nacionalistas destes país, e un anacronismo. e por suposto sonche nacionalista de esquerdas, e non ando a mendigar postos de traballo na consellería como esa chamada "liña crítica"...

Sara_Mago #6 13/Maio/2008 Sara_Mago

Eu acho que quando um pais é corrupto, é corrupto e nom ha muito que fazer. Na Galiza nom existe etica de nemhumha classe e, portanto, temos o que merecemos. tanto tem o PSOE, como o PP, como o BNG. Somos um pais de caciques, de interesseiros de de claes mafiosos. Cada um mirando polo seu e os que pagam som sempre os de embaixo. Neste caso, os trabalhadores do SLG, que som os unicos que trabalhavam com ilusom polo projecto (pois polo dinheiro esta claro que nom é) e sempre os trataram como caes.

giao #7 13/Maio/2008 giao

A Executiva toma todas as decissons e o Conselho Nacional, que deve dirigir como organismo colegiado, nom pinta nada... Ouch! aguarda, que nom falam do BNG...

Qual democracia interna defendem exactamente? A dos delegados do BNG, "sete pessoas, um voto"? A dos votos delegados de ADEGA, "umha pessoa, cem votos"? A de Galiza Nova, que nem deixam que a candidatura critica escolha quem e quantas pessoas falam no seu nome na Assembleia Nacional, despois de sequestrar os censos? Se nesta ultima ate agruparom as responsabilidades antes divididas para que os minoritarios tocassem a menos...

Sara_Mago, se de verdade queres topar com gente que esteja do lado da patronal de verdade, pergunta por Fernando Blanco e os seus chanchulhos eolicos com Bazarra polo meio, ou por Quintana rodeado de empressarios espanhois no Forum Europa, com Bieito Lobeira negociando em secreto com as multinacionais da acuicultura o expolio da nossa costa, com os concelheiros de Santiago a privatizar selvagemente; se queres defender os trabalhadores, empeza por te indignar por Suarez Canal a montar o seu proprio chiringuito de enchufados, polas Galescolas nas que a entrevista vale 4 pontos de 10 e por todas as assistencias tecnicas que tem a U na Junta, com militantes sem profissom conhezida enchufados em todas as ramas imaginaveis, desde a supervisom dos Montes e a "Galicia Calidade" ate as viagens ao Brasil e a Havana; se queres denunciar aos que vam contra "o trabalhador", assina ja contra os privilegios de sobresoldos auto-concedidos pola nova aristocracia-cleptocracia que nos governa.

UPG: Cemento armado, cemento armado, cemento armado em vez de rosto!

Afonso_ch #8 13/Maio/2008 Afonso_ch

Tanto falar d@s trabalhadores "eventuais" do SLG que seica estam represaliados pela executiva, também podíamos falar de todos esses trabalhadores "fixos" que tinha a carta de despedimento na mão de terem ganhado os do sector crítico; podemos falar...

Ademais de que é preciso ter moi presente que o SLG não é própriedade nem da U nem do "nacionalismo galego" nem de ninguém mais do que os seus afiliados, e nós decidimos soberanamente que o autodenominado sector crítico não representa os intereses do sindicato. E se algum colaborador, por razões várias, tem que ir pra rua pois vai.

Afonso_ch #9 13/Maio/2008 Afonso_ch

E se a executiva se extra limita nas suas funções, é perante todos os filiad@s que vai ter que render contas; que de seguro que seram pedidas.

Que a U queria controlar para que o sindicato fosse a correia de transmissão da Xunta-Medio Rural-BNG é não o conseguiu, pois a ranha-la moito por ai adiante!

E que apliquem nas organizações que controlam o mesmo que exigem no SLG!

Sara_Mago #10 14/Maio/2008 Sara_Mago

Fica claro que na Galiza (essa merda) nom ha nada a fazer. Ai "vos" quedades entre caciques, mafiosos e mediocres.

Afonso_ch #11 14/Maio/2008 Afonso_ch

Efectivamente companheiro, cá ficamos com as nossas "merdas".

Muito obrigado pela constância e mais pelas boas intenções.

Afonso_ch #12 14/Maio/2008 Afonso_ch

Lembrando acontecimentos de caciques-mediocres bem-me agora à cabeça certas actuações de elementos vinculados com o sector crítico que tentaram ganhar protagonismo nas eleições (comarcais) para delegados ao VII Congresso pretendendo (e nalgum caso conseguindo) que tomassem parte das assembléias comarcais pessoas que levavam anos totalmente desvinculadas do sindicato.
Nalgum caso foi preciso "ameazar" com recorrer à lista de afiliados para parar essas argalhadas, e nalgum outro não se puido fazer porque não se contava com essa manobra dos "criticos".

Que cada quem tire as suas conclusões, mas que sejam os gajos estes os que falam de falta de democracia da muita vergonha alheia.

FROUXEIRA #13 15/Maio/2008 FROUXEIRA

Eu a verdade non sei de que vades a maioría dos que aquí escribides, non sei se sodes de esquerdas si de dereitas, ou nacionalistas ou non.
O que sí sei e que fraco favor facedes ao sindicalismo e máis ó nacionalismo.
Non se pode descalificar a UPG sin xeito, como tampocuco ó BNG nin ó SLG.
Un servidor traballou arreo dentro do que puido, (sin cobrar ren e con bastantes costos nos primeiros anos, pois non son funcionario,estou a falar dos anos 70 a 2000) para que o Nacionalismo no seu conxunto fora quen de chegar a cotas de poder; poido concordar ou non coa actual política nacionalista, pero é o que hai, si hai máis non coñezo nada, e mellor o que hai que nada.
Dito o anterior coido que non é a UPG a que fai e desfai, que cando interesa está e cando non falla.A miña experiencia a día de hoxe que levo fora do nacionalismo con carnet máis de dez anos,(máis o sigo con interese), poido decir que os tiros hai que dirixilos a outro lado, e como estades ou parece que estades,enterados? de todo? convidovos a que miredes os concellos e que pasa onde non está a UPG, si sodes espabilados pronto
saberedes quen son os que mangonean a quen apoian e a quen sirven.
Seguramente que atoparedes trepas, cobizosos, chanchulleiros e de todo o que poidades imaxinar e de seguro que a maioría non son da UPG, pero sí de outros sectores que son e non son, que queren e non queren, pero si hai un postiño por pouquiño que seña, a de aguantar del ate que todo se esfarele e quede todo a barbeito desfacendo o traballo todo, que por exemplo fixo un servidor e ainda estou que rabexo, e non precisamente polo postiño, e que sinto que perdin 25 anos da miña vida, e eso fode e dígovos que fode moito.Ben estoume perdendo, non se poden achacar os erros a quen non ten tanto peso como se dí, nin tampouco son os tontos do nacionalismo senon os que máis seguen a aportar.
Deixadevos de caralladas e traballade polo nacionalismo de esquerdas coa mesma ansia que o criticades e faredes máis polo País.
Por certo que non por estar nos sillóns para nada son máis nin menos, os votos os quitan e os poñen.
Para rematar e xa que sodes tantos e tan "puros", e decir máis que a UPG, o tedes moi facil, e que non, non vos entendo.
Ou acaso seredes como aquel que dixo que contra Franco estabamos mellor.Os bos e xenerosos ás veces non o son tanto, pero o traballo está de xeito que se ve, e eu non vexo tanta UPG nos cargos, acaso seña que vexo bastante peor que hai 35 anos, máis coido que son maioría "os outros".
Saúdos Nacionalistas.

Afonso_ch #14 16/Maio/2008 Afonso_ch

Não vou entrar nas pretensões da UPG e de se o único que pretende são objetivos puros(?).

Mas podias-me explicar, Frouxeira, porque é que se utilizam pessoas que levam anos desvinculadas do SLG nas eleições de delegados ao VII Congresso?

Será afã de controlar algo, digo eu!

Ou é que os demais não somos suficientemente válidos e tem que vir alguem dando-nos palavras de ordem?

Porque quem usam métodos anti-democráticos, e rasteiros que de todo houve, vem acusando aos demais não actuarem democraticamente?
Isso não é, quendo menos, hipocrisia?

Obrigado pelas respostas

FROUXEIRA #15 16/Maio/2008 FROUXEIRA

Eu,amigo Afonso non comentei si está ben ou non o que acontece no SLG, que por outro lado non estou enterado.Limiteime a defender unha opción política tan válida como outra, e que eu coido que é a millor das actuais e que si hai o nacionalismo que hai de esquerdas e gracias ou desgraciadamente según queiras á UPG, coido que segue a ser quen tira do nacionalismo e o demáis son gañas de coller "poder", si é que o hai.
Ao mesmo tempo dicirche tamén que ainda que non teña carnet de nada, si a UPG me solicita axudaría na miña medida o que poidera, e pode ser o caso deses que levan anos desvinculados, que non apartados, e supoñendo que se poida ir ao tacho algunha organización nacionalista, alí ímos todos os que fumos e que estamos a un lado para deixar a xente nova a continuar o proxecto, e sucede en non poucos casos que desfán máis do que fan.
En moitas ocasións e certo que hai moito trepa, e coido que non é dos vellos nacionalistas, que temos unha idea que non se axusta exactamente ao que prima actualmente.
No caso que dis da actuación anti-democrática, xa o dixen, si sodes a maioría non hai forma de impoñerse aos que defendedes unha postura, xa que as maiorías gañan.
Simplesmente agardo que saia o SLG beneficiado dos tiras e afrouxas en que está metido, o contrario sería malo, non só para o SLG senón tamen para o agro, e non está este para rifar por un postiño.Son tempos de tomar decisións non faciles, pois o capitalismo impera por onde quer que faga falla e o agro hoxe é un sector estratexico, do SLG e outros depende o futuro da nosa terra.
Agardo sensatez e que todo vaia ben.
Saudos nacionalistas e a terra para quen a traballa, prezado Afonso.

Reboredo #16 16/Maio/2008 Reboredo

Canta razón tes giao. A U de sempre tentou ter todo atado e ben atado. A cousa resultou doada mentras non se tocou poder. Unha vez que desembarca nas consellerias de industria e medio rural comeza a facer augas o seu control. Quere un sindicato ao servizo de Suarez Canal convencido que o labrego ignorante non é quen de entender unha estratexia profundamente analizada e preparada polo Comite Central. Outro tanto pasa no movemento ecoloxísta. A politica de industria e fortemente cuestionada por movementos ecoloxistas comprometidos ca terra galega e Paco Rodriguez manda aviso aos ecoloxistas afins que se manifestan en Santiago na defensa dio territorio e critican a politica da xunta, a rewsposta do afins xa a sabemos: ADEGA abandona a Rede Galiza Non Se Vende.
Animo a actual dirección. Acabades de vencer claramente e o que toco e executar a linea acordada pola asamblea. Xurxo que se dedique ao que se ten que dedicar e que deixe de facer o parvo xa.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: