Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
VII CONGRESO

Carme Freire, nova secretaria xeral do Sindicato Labrego

A súa candidatura logrou o apoio de 336 delegados fronte aos 113 da liderada por Xurxo Álvarez.

Redacción - 18:10 24/11/2007
Tags: Congreso SLG

A máxima responsábel do Sindicato Labrego Galego (SLG) volverá ser unha muller. Carme Freire sucederá a Lidia Senra, que deixa a secretaría xeral despois de 18 anos. Freire conseguiu este sábado en Compostela a apoio de 336 delegados que acudiron ao VII Congreso do SLG. O seu contrincante, Xurxo Álvarez, tivo que conformarse co voto de 113 compromisarios. A nova Executiva Nacional vai estar composta por 11 membros da candidatura de Freire e 4 da de Álvarez.

Carme Freire, natural de Rois (comarca do Sar), milita no sindicato nacionalista dende mediados dos 80. Esta enxeñeira técnica agrícola e forestal, entrou a formar parte da Executiva Nacional do SLG en 2003. Dende hai meses o seu nome soaba con forza para substituír a Lidia Senra. Foi a propia secretaria xeral a que anunciou en outubro a candidatura de Freire, algo que non gustou nada ao sector crítico que encabezaba Xurxo Álvarez. Este acusaba á lista de Freire de apostar polo "continuismo" e de enfocar a mensaxe sindical aos "labregos seudoecolóxicos" á vez que "esquecía" os sistemas de produción convencional. A polémica acentuouse nos últimos días logo de que o grupo de Álvarez asegurara que a escolla de delegados non fora transparente.


4,38/5 (24 votos)

Comentarios (3)

xato #1 26/Novembro/2007 xato

No SLG coma en tódalas casas e boas familias tradicionais: onde mandan patróns, neste caso matrona, non mandan mariñeiros. Orgullo sindical non, só queda orgullo duns poucos por seguir cortando e pinchando no doce poder. A narración das batallas, o que nos contan e pasa a formar parte da historia contemporánea son sempre medias verdades e son contadas polos que mandan. Co paso do tempo irase vendo o verdadeiro camiño que collen as cousas e saberase o resultado das pretensións deste VII Congreso... para non olvidalo na historia do sindicalismo galego, sobretodo os que estivemos alí e pensamos por nós mesmos: 24 de novembro de 2007. Como conclusión apunto as verbas da nova: Carmen Carmen Freire: "pechase unha etapa e agora hai que traballar con esta nova ferramenta"

alboiando #2 26/Novembro/2007 alboiando

que pasou logo?

Afonso_ch #3 27/Novembro/2007 Afonso_ch

Pois basicamente aconteceu que certo sector, alegadamente vinculado e/ou dependente da UPG, tentou fazer-se co control do sindicato. E isto fundamentalmente para poder implementar propostas que "poidam ser asumidas" pola Conselharia do Medio Rural; isto é, fazer definitivamente do SLG um sindicato que poida actuar de "correa de transmisión" das necesidades políticas do BNG, do mesmo jeito que actúa Unions Agraria em relação ao PSOE, ou Xovenes Agricultores co PP.
Neste congresso o SLG mantivo a sua autonomia para poder defender os dereitos dos labregos da Galiza, independentemente de si esta defesa é contrária os intereses da Conselharia; como já tem acontecido.
O das matronas não sei se merece ser comentado, simplesmente dizer que Lidia Senra tem já um lugar destacado na história da Galiza, e que todos os militantes do SLG, e todos os galegos, lhe devemos uma homenagem, ou não??
Um saúdo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: