Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A HISTORiA RECUPERADA

Medio século despois A Albergaría volve saír a flote

Os veciños dunha aldea do municipio da Veiga que desapareceu pola construción do encoro reviven a súa historia constituíndo unha asociación.

Redacción - 19:55 14/05/2008

Un 14 de maio de 1958 as augas comezaban a asolagar as terras da Albergaría, no municipio valdeorrés da Veiga. Seiscentas persoas deixaran atrás as súas casas para deixarlle sitio a un encoro programado polas autoridades franquistas. Precisamente, pouco máis de tres anos despois, en setembro de 1961 o ditador, acompañado da súa dona, Carmen Polo, inaugurou o encoro de Prada, propiedade da empresa Hidroeléctrica Moncabril.

Mais a memoria non hai xeito de pechala baixo a auga. E aínda que as casas e os agros quedaron asolagados, os veciños que un día tiveron que deixar todo atrás nunca esqueceron cal era a súa patria pequena. Un exemplo é que cada 15 de agosto os veciños celebran a festa patronal á beira do río Xares, algo que tamén fan os que tiveron que marchar para Bos Aires.



Quizais or iso mesmo, este mércores cando se cumpren exactamente cincuenta anos do éxodo, A Albergaría volve a rexurdir. Un grupo daqueles exiliados forzosos e dos seus descendentes constitúen no Barco de Valdeorras a Asociación Cultural da Albergueiría-Oleiros (A.C.A.O)

A asociación nace para que nunca morra na memoria aquel lugar e as xentes que o poboaron. Como explican os estatutos do novo colectivo que acaba de nacer, a misión é transmitirlle a lembranza dun pobo que xa non aparece nos mapas.

Poden ampliar información nesta páxina.


4.9/5 (20 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A vila, nunha imaxe do ano 1945
A vila, nunha imaxe do ano 1945
Romaría en Alberguería
Romaría en Alberguería
O ditador Francisco Franco, a súa muller Carmen Polo e (á dereita desta) o gobernador de Ourense, José María Quiroga inaugurando o encoro / Foto: 'O Sil'
O ditador Francisco Franco, a súa muller Carmen Polo e (á dereita desta) o gobernador de Ourense, José María Quiroga inaugurando o encoro / Foto: 'O Sil'
O encoro, pouco a pouco, foi 'papando' a vila
O encoro, pouco a pouco, foi 'papando' a vila