Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
"BILINGÜISMO INTEGRADOR"

Touriño di que "fracasarán" os intentos de dividir a cidadanía pola lingua

Quintana afirma que as empresas que renuncien ao galego perderán "un dos seus factores fundamentais", porque é unha "marca distintiva".

Redacción - 18:09 15/05/2008
Touriño presidiu en Padrón os actos do Día das Letras / Xoán Crespo

Touriño presidiu en Padrón os actos do Día das Letras / Xoán Crespo

O presidente da Xunta tachou de "vans, estériles e condenados ao fracaso" os intentos de separar a cidadanía por mor da lingua, e reafirmou o compromiso do Goberno "co proceso de recuperación lingüística". Nun acto que tivo lugar na Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón, co gallo do Día das Letras, Touriño apostou por "un bilingüismo libre e integrador".

Tamén dixo que o galego "é un patrimonio de toda a cidadanía" e lembrou que tanto a Constitución Española como o Estatuto de Autonomía lle aseguran "a súa presenza no espazo público" para garantir "a igualdade de todos os cidadáns, sen discriminacións por razóns de lingua e chegar a "un auténtico bilingüismo, libre e integrador".

Emilio Pérez Touriño díxolle non "a unha Galiza monolingüe", e citou o uso de ferramentas como a Lei de Normalización Lingüística, o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias e a xurisprudencia emanada do Tribunal Constitucional para "asegurar a convivencia lingüística en igualdade e liberdade, preservar a riqueza idiomática de Galiza e garantir a todos os cidadáns o exercicio dos seus dereitos”.

Tamén na empresa
Pola súa banda, o vicepresidente da Xunta convidou a "seducir" o empresariado para que use o galego como "marca distintiva" para competir no mercado internacional. Anxo Quintana falou do gran paso que ten que dar Galiza para "convencer o conxunto da poboación de que o galego serve para todo". Ademais, alertou de que as empresas do país perderían "un dos seus factores fundamentais" se renunciasen a empregar a lingua.

Quintana tamén fixo referencia ao rexeitamento do PP a apoiar unha iniciativa parlamentaria a prol do galego no comercio, e amosouse confiado en que a oposición se sume ao acordo, porque na defensa do idioma téñense que "comprometer todos".


2,5/5 (2 votos)

Comentarios (8)

JohnLocke #1 15/Maio/2008 JohnLocke

Esse "bilinguismo integrador" de Tourinho não será como aquele "bilinguismo harmónico" de Dom Manuel?

Chardella #2 15/Maio/2008 Chardella

É evidente que o empresariado pode crear un mercado grazas ao galego. Sen ningún gasto en publicidade un consumidor pode identificar un produto como galego porque está rotulado en galego. Ademais pode ser un medio moi eficaz para defenderse do dumping de Carrefour, Alcampo, etc. Iso sería se tivermos un empresariado porque ás veces parece que o que temos non son máis ca tendeiros.
Espero que llelo saiban vender aos empresarios. Pode ser moi interesante para a presenza da lingua na vida cotiá.

molondron #3 16/Maio/2008 molondron

Cando, de verdade, esté en vigor esa normativa lingüístico-comercial, sería interesante un listado desas empresas (ou, polo menos as máis coñecidas) que "renuncian" ao uso do galego. Tamén eu renunciarei a consumir os seus "productos". Alguén, en VIEIROS, podería facer ese listado no futuro.

Gaviotero #4 18/Maio/2008 Gaviotero

Pues Touriñín, mamoncete, son tus propios políticas las que están causando tal división entre vosotros, los totalitarios fascistoides que queréis imponer una lengua y los que defendemos la libertad.

Si hubieras conocido el franquismo no hablarías así...pero cuando se vive del régimen, ¿verdad?

Dogma #5 18/Maio/2008 Dogma

Para Gavi...

1º"""los totalitarios fascistoides que queréis imponer una lengua y los que defendemos la libertad."""...

Este comentario é de flipar é mais cando mesmo no mais basico como é a educación no teu propio pais é imposible dala na tua propia lingua... pero bueno o galegos sabemosnos xa moi ben coma se moven os fascistas neste pais.... o que non esperaba era o segundo comentario:

2º """Si hubieras conocido el franquismo no hablarías así...pero cuando se vive del régimen, ¿verdad?"""

O cal me leva a pensar que esta persoa lle gustaría que Franco seguira vivindo para lebar ao paredón a mais xente que soio defendia "A LEGALIDADE".

Pero bueno... aqui vai o meu terceiro comentario e este persoal... decir que Touriño defende tanto por activa ou pasiva ao galego eu creo que é para flipar, soio se ten que ver que aprobeita e vaise a America (en parte para seguir roubando votos ao PP), para non estar aquí nun día coma este con manifestación que lle recorda que os forrasteiros teñen mais dereitos que os galegos na propia galicia... se estes do novo PSOE... se se preocuparan o mesmo pola xente de aquí coma polas mulleres que ten un home ou dos emigrantes de italia.... quizais farian algo bo e todo.

En canto a ti gavi... recomendote que vexas menos peliculas fascistoides (destas que din que los españoles estan perseguidos en galicia por cousas do idioma), e que penses en que non se pode amenazar coma o fas á xente, entre outras cousas porque con violencia coma estas facendo non gañas nada.

Gaviotero #6 19/Maio/2008 Gaviotero

Para Dogma, que te va el nombre perfectamente por otro lado...

1º Efectivamente, en España hoy parece mentira que haya territorios en los que un alumno no tenga el DERECHO a recibir su educación en castellano (Galicia, Vascongadas, Baleares y Cataluña)

2º Veo que no entiendes bien el español. Digo que si a los totalitarios de hoy en día que pretenden imponer colectivamente el gallego, un idioma que además por Ley no tenemos la obligación de conocer, les hubiera tocado vivir durante el franquismo oponiéndose a él y no viviendo de un régimen tan totalitario como aquél en lo relativo a los derechos y libertades individuales, como todo buen nacionalismo, no hablarían con la alegría con la que lo hacen en la actualidad.

3º Respecto a la actitud de Touriño, te remito a un decreto totalitario como el del gallego que nos obliga a todos los gallegos a educar a nuestros hijos en al menos el 50% en gallego, incluyendo las asignaturas principales, a pesar de no tener el deber de conocer dicho idioma. Y no sé a quien llamas forasteros, pues en Galicia, o sea en España, todos los españoles somos de la tierra.

Lo de irse a América es para comprar votos por un lado, pues el fraguismo continúa aunque ahora Fraga esté en ese gran mausoleo inútil que es el Senado, y para cederle todo el protagonismo al BNG y al virrey totalitario.

Y puedo asegurarte que el viaje a América de Touriño fue acordado con Quintana y deseado por este último para acaparar todo el protagonismo y convertir el día de las letras gallegas en una fiesta de exaltación nacionalista más.

Comprendo que niegues la realidad y consideres que en Galicia no hay nadie al que se le niegan los derechos de la misma forma que la Alemania nazi se negaba a ver los campos de exterminio. Ya abriréis los ojos tarde o temprano...

Y para violencia la que me aplicáis a mí los nacionalistas, con amenazas de muerte incluidas.

Ve con dios.

luimipi #7 19/Maio/2008 luimipi

Vascongadas? hahaha, rapaz ti eres todo un show en ti mesmo do friki que és.

por outro lado, ti na escola tamén estudias en castelán, asiq non fales de que non se cumpre o dereito pq si, outra cousa é SO EN CASTELAN...hehehe, VAI PRA MADRID!!!!.


por certo, non te dixeron que falas como Jimenez losantos? (ese tan ghuapiño e listo que fala na cope)...seguro que ti tes os mesmos complexos.



e por outro lado, se non sabes xeografía, estudia home!!! eu non son andaluz, por moi español que sexa!!! asiq non todos os españois son galegos, non son da terra...aprende xeografia...NACIONALISTA ESPAÑOL!!!!


por certo e pra rematar...


DASME UNHA PENAAAA hahahahahaha, tanto amargue, tanta papanatada, que pouco felíz que eres ti en galiza...hahahaha, emigra home, se tan malos somos todos na galicia e ti so amas o estado español, o castelán, a súa cultura...home tes castilla dabondo.!!!!


veña home, vai con Juan Canalejo, con Losantos ou con todos eses exemplos moderados...

alí o mellor a ninguén lle chama a atención que digas "vascongadas"...sobretodo cando non o estudiaches así...hahahaha.


eiquí sobras...inda que as veces es moi divertido, do friki e amargado que es. E mira, se os de vieiros non te botan, po-lo menos reiremos un rato das tuas parvadas...hahahahaha.

Dogma #8 20/Maio/2008 Dogma

mira... ¿que é iso de "territorios"?...
non sei onde vives a realidade sexa esa, supoño que vives en extremadura ou asi, se non non o comprendo, eu dende logo (e gracias por permitirme escribirte na miña lingua, que non é o castelan pero é tan española coma o mesmo, anque se lle neguen os dereitos que ti ben soupeches decir, porque.. claro ahi coincido como ti en que hai uns fascistas que non saben nen que é a cultura, (ata se lles deu por fusilar a poetas), asi que creo que pasarei de esplicarlles a riqueza cultural que dá unha lingua, e aplicando o seu fascismo discriminan a uns millons de persoas polo simplefeito de falar distinto, por eso repito gracias por deixarme falar na miña lingua), Eu cando falo ou me falan de "pais", creo que non me refiro nen a madrid nen a cataluña... xa me diras ou che diran aqui cando pides un viño ou un queixo ou mais simple cando pides pan do pais a que te refires.... e non é a falar de vascongadas...

En canto a gracia (porque sabes es moi gracioso), """"España hoy parece mentira que haya territorios en los que un alumno no tenga el DERECHO a recibir su educación en castellano """".... Mira... é que aquí en galicia.. o castelan non é a lingua propia.... parecería mentira que por exemplo ti foras a inglaterra e dixeras o mesmo... creo que asi entenderías a porque rimos aqui tanto con tigo... (creeme o pasamos de puta madre). en canto a imposición do castelan nas escolas, creo que non hai problema algun xa se leba facendo dende moito tempo.... (deberias de dar gracias a Fraga e non ser tan pouco considerado con el, que para iso estibo aprendendo nos seu anos mozos das xubentides hitlerianas).

En canto a que sigas falando (creo que dos teu bos tempos, aqueles en que vivia Franco) de que se viviran naquel tempo ias a ser mais feliz porque os que defenden un dereito (auspiciado pola ONU, que é o de ter a tua propia cultura), os ian a dar o paseillo.... creeme que te estas facendo un fraco favor...

En canto a se entendo o castelan... CARALLO EU ESTUDIEI EN VALLADOLID E VIVIN EN SIMANCAS... e creeme que fiplo con xente coma ti, pois mesmo a xente dalí que lles chaman "FACHADILID", non te chegan nen aos pes.

Mira GAVI (e chamote GAVI con cariño)... non me sexas tan remoroso.. que con remora non chegas a ningures... o teu odio encamiñao para algo mellor e non adicarte a maipular a xente, que a mais o fas fatal... ¿porque que queres decirme con cousas tan simplonas coma """un idioma que además por Ley no tenemos la obligación de conocer"""?... Que se quero ter O MESMO DEREITO XA QUE OS DEBERES SE ME ESIXEN TODOS coma un castelano falante teño que coller e independizarme do resto de España????, porque se é por iso.... JODER OS NACIONALISTAS ESPAÑOIS SODES MAIS SEPARATISTAS QUE O CARALLO VINTENOVE.

ha ha ha...

E o gracioso é señores e isto vaia para todos, que eu estou seguro que GAVI, o noso GAVI cree que o problema o teño eu.

Bicos Gavi, queremoste moito, e esperamos que recuperes.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: