Os 'populares' defenden o seu "galeguismo aberto, cordial e integrador", xa que "abraza a lingua e non a afoga".
Bieito Lobeira
O Parlamento aprobou esta cuarta feira, cos votos a favor dos deputados do PSdeG e do BNG e co rexeitamento do PPdeG, unha iniciativa en que lle reclama ao Goberno que incorpore "a implicación das empresas no uso do galego" como un criterio na concesión de axudas públicas aos comercios ou dos contratos destes coa Administración.
Nesa liña, a Cámara tamén reclama que en todas as axudas se introduza "unha cláusula de promoción do galego". Asemade, a proposición aposta por incentivar a rotulación interior e exterior en galego e por fomentar o desenvolvemento de accións de información e asesoramento dirixidas a comerciantes, asociacións e entidades do sector.
O deputado do BNG Bieito Lobeira, promotor da iniciativa, considerou que "é obriga dos poderes públicos actuar en defensa dos dereitos lingüísticos" e arremeteu contra o PPdeG porque, segundo el, as emendas que presentou, e que non foron aceptadas, "rebaixan os contidos" previstos no Plan de Normalización Lingüística.
"Nada por debaixo do Plan de Normalización"
"Nada por debaixo do Plan de Normalización", advertiu Lobeira. Ademais, acusou os populares de ser "reféns" de determinados medios de comunicación e denunciou que coa súa actitude non van contra os nacionalismos, senón que "combaten a identidade do país".
Pola súa banda, o deputado do PSdeG Francisco Cerviño salientou que o obxectivo da iniciativa, con emendas dos socialistas, é "incentivar a voluntariedade, nunca sancionar". Así, avogou por garantir os dereitos dos que queiran vivir en galego, porque "os que queren vivir en castelán non teñen dificultades". Tanto Cerviño como Lobeira acusaron os populares de romper o consenso en materia lingüística.
Porén, o deputado do PPdeG Maximino Rodríguez destacou que a súa formación é partidaria das axudas para o uso do galego, tras o cal xustificou a súa decisión de votar en contra en que debe tamén se garantir que os comerciantes poidan rotular os estabelecementos no idioma que consideren máis axeitado aos seus intereses.
"Contraproducente Alarmismo" sobre a situación do galego
Finalmente, avisou de que o "alarmismo" sobre a situación do galego "vólvese contraproducente", e defendeu o "galeguismo aberto, cordial e integrador" do PPdeG, xa que "abraza a lingua e non a afoga".
Só transitoriamente se pode aceptar ese condicionamento das axudas públicas ó respecto dos dereitos lingüísticos na Galiza.
Xa vai sendo hora de que os violadores deses dereitos vaian sentindo a existencia dun estado de derito que un día si e outro tamén lles enche a boca e incha o peito.
A ninguén se lle paga ou premia por circular pola man de uso obrigado senón que se sanciona ou castiga os que circulan por onde está prohibido.
Os dereitos lingüísticos sonvos DEREITOS, non beirarrúas, corredoiras ou alfombras.
El PP se ha opuesto a la imposición fascistoide y totalitaria del gallego que va a hacer que cada vez más gallegos odiemos un idioma como el gallego que a pesar de su belleza, están convirtiendo en un idioma excluyente y asociado a una ideología nada atractiva por su carácter liberticida.
Ante la imposición galleguista: ¡¡¡LIBERTAD, LIBERTAD, LIBERTAD!!!
Antes que gallegos, ¡¡¡LIBRES!!!
NINHADA DE RATOS!!!!!!!!!
DA-ME A MIM O CORPO QUE FEIJOOY
VAI SER TÃO PRESIDENT COMO RAJOOY...
CUÑAAOOO
Pues en mi empresa, a partir de ahora, TODO EN ESPAÑOL.
E inglés, como mucho...
Aunque bueno, para imitar a los tonechos aceptaremos que se utilice eso que llamáis gallego y que no es más que una variante dialectal del castellano con algunos términos del gallego normativo inventado hace cinco años.
Incluir a língua da Pérfida Albion na tua empresa!?
Jamais permitas isso; procede da mistura de povos Atlánticos com bárbaros centro-europeus.
Só espanhol que já se falava na Pré-história e tem o refinamento mediterráneo, berce da civilizaçom!!
Vai reconquistar a América e já seredes imparáveis no vosso Destino Universal.
Boa Viage.
q pena das troll...
...cada vez as tuas respostas teñen menos base (se e que antes a tiñan). E van máis a demagoxia barateira, e a burrada tras burrada.
adicate a outra cousa...home, fai algo da túa vida, que dicir parvadas non as converte en realidade, a ver se te das de conta.
(q aturarte sempre eiquí, as veces é bo porque escacho a rir, e outras...cansas por parvo!).