Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Denuncia da CIG, 25 anos despois de nacer a norma

Todos os gobernos galegos incumpriron a Lei de Normalización Lingüística

Á denuncia do sindicato súmase outra da Mesa, que alerta de que máis do 40% dos centros de Educación Infantil incumpren o decreto do galego no ensino.

Redacción - 19:35 15/05/2008

A CIG denunciou os "sucesivos incumprimentos" da Lei de Normalización Lingüística por parte dos diferentes gobernos galegos no seu 25 aniversario. O secretario nacional da de Administración do sindicato, Xosé Carlos Crespo, considerou que esta falta de cumprimento se debe á ausencia de "vontade política" que provocou a perda do uso do galego a nivel social en xeral e na administración pública en particular.

Por iso, a CIG está a promover unha campaña que busca fomentar o uso do idioma no ámbito da administración pública dirixida aos traballadores e que coa que esixir aos responsábeis políticos o cumprimento da legalidade. A iniciativa, que terá continuidade ao longo do ano, prevé que se repartan dípticos en todos os centros de traballo e continuará coa distribución doutro cartel coa convocatoria dun encontro de delegados para "concienciar sobre a normativa e promover o coñecemento da lexislación".

O galego no ensino
A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou que o 43,1 por cento dos centros de educación infantil están a incumprir o decreto do galego no ensino, no que se recolle que o noso idioma debe utilizarse canda menos no 50 por cento das clases. Segundo os datos recollidos nun informe elaborado a partir de 170 centros de ensino, arredor do 40 por centro das escolas imparten tan só unha ou menos horas diarias de clase en galego.

A situación agrávase nas sete cidades, onde a porcentaxe de uso do galego na escolarización de nenos e nenas de 3 anos medra até o 69,8 por cento e na dos de 4 e 5 anos até o 63,5 e 62,2 por cento respectivamente. En comparativa, os centros privados son os que máis vulneran a normativa, chegando a cifras do 89,7 por cento en 3 anos; 80 en 4 anos e 83,4 por cento en nenos de 5 anos.

Estes datos mostran, segundo a Mesa, a "política letal para o galego que está a seguir a Consellaría de Educación, que só utilizou o galego para lavar a cara e aparentar que cumpría a Carta Europea das Linguas Minoritarias e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega".

'En Galiza, en galego. Temos dereito'
Por outra banda, con motivo da celebración o día 17 do Día das Letras, varios integrantes de Galiza Nova despregaron o mediodía do xoves na catedral compostelá unha pancarta co lema En Galiza, en galego. Temos dereito para chamar aos mozos do país a que utilicen a lingua en todos os ámbitos da súa vida.

A secretaria xeral da organización, Iria Aboi, explicou aos medios que con esta iniciativa buscan animar á mocidade para que utilice o galego en todos os espazos sociais, como o ocio, o deporte e o traballo, e destacou a importancia simbólica de este aspecto na capital galega.

Touriño di que "fracasarán" os intentos de dividir a cidadanía pola lingua, e Quintana salienta que o galego é unha "marca distintiva" das empresas


5/5 (11 votos)


Comentarios (17)

mceleiro #1 15/Maio/2008 mceleiro

Na Galiza em Galego. As instituições têm deveres.

kkruxo #3 15/Maio/2008 kkruxo

Tranquilos. pero estamos a perder a guerra. Mesmo nos centros con grupos de mozos que estan dispostos a tirar adiante non se chega a unha mínima masa crítica para que se escoite galego cos corredores. Iso si, escriben nas exames un galego correctísimo -e corrixen ao profe, un vello CELGA X. É o que hai.

kkruxo #4 15/Maio/2008 kkruxo

Estou a falar dun contorno moi concreto, na cidade máis poboada da Galiza. Por suposto, espero que isto non sexa o común.

Gaias #5 15/Maio/2008 Gaias

Pasou con Fraga e pasa agora con bipartito.
Foi no goberno fraga cando se aprobou esta lei de normalizacion linguistica, mais iso non supuxo que se levase a practica. So serviu para que Fraga se poidese quitar a etiqueta de ministro do rexima para pasar a ser un galeguista.
Agora o bipartito saca decretos e fai propostas en defensa do galego, pero a realidade e que estan moi lonxe de levarse a practica.
Pura propaganda electoralista.
Se de verdade queren defende o galego non fan falla bonecas ou lapidas en galego, chega con que se fomente no ambito empresarial e no ensino.

Gaviotero #6 15/Maio/2008 Gaviotero

La CIG puede denunciar lo que le de la gana porque no representa nada ni a nadie.

Respecto a la Ley fascista de Normalización Lingüística, lo mejor que podemos hacer los gallegos es no ya incumplirla, sino luchar continuamente por su derogación y mientras tantos, pasar de ella, pues hay una ley superior, la Constitución, que establece el español como la única lengua que tenemos la obligación de conocer.

Por la libertad lingüística, NO a los galleguistas fascistoides.

manual #7 15/Maio/2008 manual

Na Galiza, en galego! Vémonos tod@s o 18, menos o Gaviotero.

prometeo #8 16/Maio/2008 prometeo

Vémonos o 18 e se o fétido Gaviotero quere vir dar unha volta pola festa de tódolos galegos, tamén será benvido, aínda que apeste.

fouze #9 16/Maio/2008 fouze

Tá mal da cabeça o "gaviotas" este.

El_pastorrr #10 16/Maio/2008 El_pastorrr

Carallo, agora o gaviotero saiunos constitucionalista e sabe máis que os maxistrados do TC.

Carlinhos #11 16/Maio/2008 Carlinhos

Tod@s? Irá Orozco?
http://br.youtube...

ecoe #12 16/Maio/2008 ecoe

O cura non vai!

Nada a ver ca GZ -salvo a sua desaparición programada- será xamais normalizada, mentres o poder DECISORIO esté fóra de aquí (subordinado, para poder impedilo)!

jujolor #13 17/Maio/2008 jujolor

Na Galiza em Galego

"algun dia venceremos Nos"


sempre en Galiza

jujolor #14 17/Maio/2008 jujolor

"El castellano es la lengua española oficial del Estado. Todos los españoles tienen el deber de conocerla y el derecho a usarla.

2. Las demás lenguas españolas serán también oficiales en las respectivas Comunidades Autónomas de acuerdo con sus Estatutos.

3. La riqueza de las distintas modalidades lingüísticas de España es un patrimonio cultural que será objeto de especial respeto y protección"

esto es para el buitre lee

sempre en Galiza

galegasenprexuizos #15 17/Maio/2008 galegasenprexuizos

Non coñecín persoa máis parva ca ti, Gaviotero.

Gaviotero #16 18/Maio/2008 Gaviotero

Gracias por vuestros insultos, miserables. Yo también os quiero.

Por lo demás, confiemos que un próximo gobierno gallego se atreva a derogar todos los decretos y leyes de imposición lingüística y deje de subvencionar a ese nido de vividores totalitarios que es la Mesa por la "Normalización" Lingüística, que no es más que una mesa por la Falsificación Lingüística o por la Nazificación de Galicia.

Gaviotero #17 19/Maio/2008 Gaviotero

¡¡¡EN GALICIA, EN ESPAÑOL!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A CIG está a promover unha campaña para promover o uso do galego entre os traballadores
A CIG está a promover unha campaña para promover o uso do galego entre os traballadores
O presidente da Mesa, Carlos Callón, acompañado por un membro da Quadernas-Consultoría, que elaborou o informe
O presidente da Mesa, Carlos Callón, acompañado por un membro da Quadernas-Consultoría, que elaborou o informe