O presidente do PPdeG di que os socialistas se "venderon" ao BNG por unha política de "imposición" lingüística.
Núñez Feijoo con Mariano Rajoy, presidente do PP, e Alberto Ruiz Gallardón, alcalde de Madrid
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, volveu pedir este luns unha reforma da lei electoral para que só poida gobernar o partido máis votado. Nunha intervención en Madrid, no Forum Nueva Economía, Feijoo pediu unha reforma que "perfeccione o sistema democrático" e que "se alguén se presenta ás eleccións de forma conxunta hao de facer de xeito transparente, que as coalicións teñen que pasar polas urnas".
Para o responsábel do PP en Galiza, actualmente no Goberno hai "división", que é o "pecado orixinal" dun bipartito "cegado polo obxectivo común de que o PP non gobernase". Nesa liña, asegurou que os socialistas téñenlle que "pagar" ao BNG un "prezo" para gobernar, que é a política lingüística: "Deixoulle a porta aberta para que as clases en educación primaria e secundaria se impartan só en galego".
Núñez Feijoo amosouse a favor da "liberdade" de escolla e do "bilingüismo" para, paradoxalmente, non "afogar o galego". Por último, o responsábel do PP en Galiza tamén se amosou favorábel a que os emigrantes voten nas mesmas condicións ca os residentes no Estado, como pactaron os tres grupos do Parlamento.
Reacción do PSdeG
O voceiro parlamentario do PSdeG, Ismael Rego, acusou a Feijoo de "mentir con descaro" e de ter unha postura "antidemocrática" sobre as coalicións de goberno. Deste xeito, reafirmou que o bipartito "emana das decisións dos cidadáns expresadas nas urnas", e dixo que unha lei nunca "poderá obrigar a que goberne o PP contra a opinión da cidadanía".
Frijolito, ti segue asíq ue vas ben! Por certo, non é antidemocrático prohibir que goberne unha coalición? Existe algún estado no que suceda iso?
E que Franco resucite!! Que patéticos estes do PP, e se são da Galiza ainda mais, porque querem seguir a "cooerte" espanhola e fazem grandiossamente o ridículo... É um pracer olhar como já "abuchean" até ao facha de Fraga...
Sr. "Feijuelo", como não resucitar Franco, tem-no cru!!
Feijoo PALETO!
:-D:-D:-D:-D:-D:-D:-D:-D:-D:-D
Este tipo onde vive? Impór o galego?? :-D:-D:-D:-D:-D
Que bebes Feijoo?
Como a coalición PP-PSOE na Fegamp, refírese? E Feixoo si que non pasou polas urnas para ser "xefe da oposición", ese papel reservámosllo os galegos a Fraga, que fuxiu e o nomeou a el a dedo.
Este home non pode disimular o seu enorme desprezo pola nosa lingua, identidade... non di mais que mentiras, non para de lamerlle o cu os seus en Madrid, se fai falla atacando os intereses galegos como a nos lingua, e ainda asi mesmo os seus despreciano.
A unica lingua que se impon en Galiza, dende tempos do franquismo ou antes, chamase CASTELAN.
Os unicos dereitos que non estan garantidos son os dos galefalantes.
E a unica division atopase no PP. Donde estan os da extrema dereita e os que estan ainda mais a extrema dereita, pelexando a morte polo poder no seu partido que o unico que lles importa.
Feijoo anda fainos un favor, quedate nos madriles.
Os unicos que cambiaron de postura sobre a lingua atopanse no PPdeG. Ou non lembran que foi o seu partido, con Fraga, co apoio do resto de forzas, os que aprobaron a lei de normalizacion linguistica?.
Agora cambian de estratexia por ordes de Madrid,igual que fixeron con boicot o estatuto, pq hai unha politica de persecuccion das linguas distintas do castelan, por inteses centralistas globalizadores.
Non entendo como un galego pode votar a un home que non defende os intereses galegos e permite que Galiza non teña os mesmos dereitos que catalans, valencianos ou andaluces.
O que deveria de pedir é uma lei que exija que um candidato tenha um coeficiente mental aceptável. As integração social de pessoas com deficiências mentais não deveria de ser no âmbito parlamentar.
Feijoo é moi malo como politico, ninguén se pensa que pode gañar unhas eleccións.
Feijoo é moi malo como politico, ninguén se pensa que pode gañar unhas eleccións.
En esto he de darte la razón, Atlantico...ni yo mismo creo que vaya a ganar Feijóo las elecciones.
A pesar de lo cual apoyo que gobierne el partido más votado, de forma que no precise de chantajes políticos, también llamados coaliciones.
Y comprendo que esto no os guste, porque de ser así el nacionalismo gallego iba a tener los días contados.