Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Despois de rexeitalas en referendo

Italia volverá construír centrais nucleares

Vinte anos despois de renunciar á enerxía atómica, o novo goberno Berlusconi confirma a viraxe.

Redacción - 09:00 23/05/2008

Pouco despois de que o planeta asistira á catástrofe da central ucraína de Chernobil, acontecida en 1986, Italia votaba en referendo sobre o futuro das centrais nucleares. Deste xeito, os cidadáns avalaban directamente a decisión de pechar as catro centrais que o país tiña naquel momento.

Agora, máis de vinte anos despois, o ministro de Desenvolvemento Económico, Claudio Scajola, anunciou este xoves e diante do principal grupo da patronal italiana, que nesta lexislatura se iniciará o proceso para a construción de varias centrais nucleares "de nova xeración".


5/5 (2 votos)


Comentarios (6)

amoscaesquerdosa #1 23/Maio/2008 amoscaesquerdosa

O que está a pasar en Italia é a consecuencia da nefasta política levada antes polo "centro-esquerda". Se queres ver unha análise das causas, pássate por amoscaesquerdosa.blogspot.com

ecoe #2 23/Maio/2008 ecoe

O que lle faltaba a unha Italia, intervida desde o exterior (o Imperio), e cooptada desde o primeiro segundo da sua existencia posfascista polos propiamente "posfascistas" (ou sexa, "ex"-fascistas) foi a tremenda catástrofe que significou o sometimento e a non independencia da sua esquerda, en especial a institucional do PCI (mais os enxendros que dou en parto).

Un grande paralelismo con outras partes como xa vostedes entenden.

ecoe #3 23/Maio/2008 ecoe

Excusas. Esquecíame de que ante a inexistencia de oposición social organizada, un gobernante profascista pode desdecir, -e obrar en contra-, a soberanía popular, que só consta nun papel, na sua "Constitución" (tamén con P)sempre vulnerable desde o poder real.

Freixo #4 23/Maio/2008 Freixo

Xa veremos de onde sacan os cartos. Porque a enerxía nuclear sen axudas públicas non é rendible e coñecendo como funciona a política italiana, dubido que este plan se leve a práctica.

Lead_bocas #5 23/Maio/2008 Lead_bocas

E o feo de Sarko nucleariando todo o Magreb!

A canalla neoliberal volve con violencia, a por todas:
GNU (no medio da ría), encoros nos ríos, eólica no monte / eólica-offshore, térmica no val...

Non hai máis alternativa que pararlle os pes a esta camándula e deixarlle ben claro que NON SE VENDE.

COUTOVEN #6 24/Maio/2008 COUTOVEN

Enerxía nuclear e fascismo. Moi interesante. Eu creo que os gobernos tanto de extrema dereita como de extrema esquerda e todos os que poidan caber entre estes extremos. Poden e deben ser criticados por moitas cousas. Pero utilizar o tema nuclear para criticar unha forma de política é un simplismo.

A ninguén lle gusta a enerxía nuclear. A ninguén lle gustan os refugallos nucleares. E estou falando en función de persoas normais.
Todas as potencias capitalistas e comunistas teñen as súas historias negras sobre o uso desta enerxía. De tal xeito que vexo ben o articulo cando fai mención de Chernóbil. O cal non só foi un gran desastre que acaeceu nun país comunista. Onde quedo demostrado. Que non só a enerxía atómica é perigosa. Senón que é máis perigosa cando un goberno pretendeu esconder a información, someteu ás comunidades contiguas a un alto nivel de contaminación. Non lle importo para nada mandar a persoas a resolver o “problema” cando moi no fondo sabían que serian sometidos a unha horrible morte. E quede claro que o ocorrido puidese pasar nun país capitalista e ser igualmente manexado de forma inadecuada (Palomares por exemplo). E conste, non é o comunismo e o pensamento socialista o responsable disto. Son os políticos que en nome dunha ideoloxía, o que perseguen é facerse do poder se é posiblemente de forma eterna.

O problema é que o mundo cada día está máis famento de enerxía e algúns países non teñen como producila e certamente a enerxía nuclear é unha alternativa.

Porque se critica a Italia por tomar a vía nuclear. Faise por que realmente é mala ou polo simple feito de que esta Berlusconi no goberno? Isto é simplemente suficiente para emprender a crítica, non á enerxía, senón realmente é ao político e a súa forma de política? Poñamos un exemplo en Francia, o cal é un país con gobernos de socialistas democráticos durante unha boa parte do século pasado o desenvolvemento da enerxía nuclear foi primado por encima doutras formas de enerxía. Ho é que Francia e outros países comunitarios deixaron de utilizar esta enerxía? É máis, a tecnoloxía nuclear francesa é a que axudou ao desenvolvemento das plantas nucleares en países do terceiro mundo con gobernos non precisamente democráticos. E alguén di algo?

É triste ver como moitas persoas repiten frases baleiras onde todos os males son culpa do imperio, da CIA pare vostede de contar. Ninguén pretende negar que a conduta dos países occidentais sexa directa e indirectamente influenciada por Estados Unido do mesmo xeito que o establecemento dunha cultura de consumo e de competencia desmedida entre as persoas desnaturaliza o sentido de humanitarismo e de irmandade entre os pobos. Pero que exemplos nos poden dar modelos fracasados como o comunismo Soviético e as políticas desenvolvidas detrás da cortina de ferro que sumiron aos seus pobos nun capitalismo de estado ineficiente e corrupto. Onde a gran diferenza é que no capitalismo occidental os ricos son as oligarquías e as grandes corporacións e no comunismo é a alta cúpula do partido a que detenta o poder de forma omnímoda.

De tal xeito. Que aos extremos da política de dereita e esquerda sempre lles gustou polarizar á poboación. O xogo é que o pobo non se unha. É dividilo en faccións e fomentar o odio entre as mesmas para que se maten entre eles e simplemente escudar a ineficiencia dos gobernos invocando inimigos externos e internos que son reais. Que son perversos. Pero que non dan para explicar décadas de incompetencia, corrupción e falta de alternancia política. Hai moitos exemplos como Cuba e por desgraza Venezuela. Onde nin sequera con ter un dos potenciais enerxéticos máis formidables do mundo. Non é capaz de garantirlle ao seu pobo unha semana sen un apagamento nalgunha das cidades do país. E eu pregúntome. Algún dos que invocan á CIA, IMPERIO criticaría ao goberno Venezolano por emprender a construción dunha central nuclear cando para nada a necesita?

http://es.youtube.com/watch?v=...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: