Arrancou este sábado en Compostela a campaña dos nacionalistas 'Cremos neste país', previa ao Día da Patria, cun acto ante máis dun cento de simpatizantes.
O voceiro nacional do BNG e vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, pediulle este sábado á militancia traballar no camiño dunha "nova fronteira para o nacionalismo", co fin de que o BNG se converta na casa común de todos os galeguistas do país".
No acto de arranque da campaña dos nacionalistas previa ao Día da Patria, baixo o lema Cremos neste país, Quintana indicou que o BNG ten como "claro obxectivo" liderar o Goberno e non ser un "complemento" para crealo, así como "facer políticas para as maiorías" e aumentar a súa presenza e "influencia en Madrid".
Durante a súa intervención nun céntrico hotel da capital do país, e ante máis dun cento de simpatizantes, o líder nacionalista fixo ademais balance dos tres anos do BNG na Xunta.
Para Quintana esta etapa estivo marcada polas "transformacións profundas de cara á mellora de Galiza", como o cambio da "política do cemento pola política das persoas", a valorización dos recursos propios e a "dignificación como pobo".
Neste senso, indicou que aínda que é "un bo balance" e que se está "no camiño correcto", non se pode ser "autocompracente", polo que manifestou a súa vontade de "ser ambiciosos, inconformistas e loitar por grandes avances".
"Cambio tranquilo" e a "autodeterminación" como meta
No acto tamén interviñeron a voceira do BNG no Concello de Santiago, Socorro García, que insistiu no "orgullo" da súa formación como "alternativa política para Galiza" e "artífice" dun "cambio intelixente e tranquilo".
Pola súa banda, a deputada nacionalista Ana Pontón destacou o "decisivo" papel do BNG na Xunta e pediulles aos militantes o "ser ambiciosos" para "intensificar o nacionalismo en Galiza e lograr o recoñecemento como nación", coa meta posta na "autodeterminación".
Quintana segue na sua linha de cópia de slogans vazios dos seus referentes políticos (agora que mesmo o PNB se lhe fai excesivo):
http://www.ciu...
E eu nom é que seja mui velho, mas a deriva vê-se até no vocabulário: o do "cámbio tranqüilo" era o mantra do PSOE nas autonómicas do 2001, frente ao "cámbio transformador" do que falva o Bloco, transmutado logo em "cámbio galego" para as do 2005.
E o reconhecimento nominal de Galiza como naçom, sem nengúm dos direitos políticos que de ser tal se derivam, outra armadilha lampedusiana do PSOE que alguns teimam em tragar até a fim...
A dirigência actual do BNG, em processo de descomposiçom até no discurso.
eso é o bloque hoxe: cartel. Ambiguidade para captar simplemente votos, ningún proxecto transformador máis ala das institucións. Ben parabenizaban os medios da dereita o paso do bng do que eles chamaban "ong" a "partido serio y responsable". Agora falan de recoñecemento de galicia como nación: que é eso do recoñecemento? xa é unha nación, as nacións existen e elas mesmas se fan recoñecibles sen necesidade de que as recoñezan. Elas mesmas se expresan, non precisan do recoñecemento institucional. Falan do fogar do galeguismo, un termo ambiguo no que poden pescar desde pperos ata PsóE. Non existe nada máis alá da ensoñación de san caetano. O máis chamativo é que se recoñezan unha simple visagra, só valen para eso?
quero ver a ver canto dura o sr. quintana a partir das autonomicas despois do desprezo q lle infrinxiu a base do bng.
Totalmente dacordo: fume fume e fume.
O BNG nem sequera é já cartaz. É cartaz destintado dum candidado com traje e garavata de hominho oficial, com a legenda ambígua coincidente com o castelhano (não o vaia ser que o identificarem com um galegista) sobre um fundo com a bandeira sem a estrela vermelha (não o vaia ser que o identificarem com um esquerdista). "Cambio tranquilo". "Inteligente"?
Já podeis fazer bom marketing, mas vender uma imagem tão desprestigiada com esse discurso vazio, pouco atractivo vos dá.
A suposta "casa comum dos galeguistas" é relamente uma "casa de putas", VENDIDAS por bem POUCO, na que entram novos clientes, mas os galeguistas fugem. Demasiada doença venérea, alguma muito perigosa.
Nas próximas eleições que a pronosticada ligeira subida de votos não vos engane, não são votos de APOIO, são votos na CONTRA duma maioria absoluta do PSOE.
Aos iluminados em geral:"nom ponhades tachas á obra mentes nom esté rematada"
Di-vos algo esta frasse?
Mais, que é iso de galeguistas? O BNG perdeu os papeis pretendendo unha franxa de poder e esquecerse da Nazón.
Os iluminados son os do Bloque, iluminados polos flashes dos media e os pequenos e gorentosos privilexios da poltrona e do anaquiño de poder. Mais a culpa non é dos seus dirixentes autonomisteiros, 'galleguistas', cada vez máis dereitosos e traidores, con estreliñas azuis, senón dos militantes que tragan con rodas de muíño e non recoñecen que o Bloque, como iniciativa de esquerdas e soberanista, non existe xa. Eles, incapaces de romper coas siglas que os teñen fascinados e que significan para eles un pasado que xa non é real (igualiño que lle pasara aos socialdemócratas do SPD na Alemaña de 1918).
mceleiro comenta "Já podeis fazer bom marketing, mas vender uma imagem tão desprestigiada com esse discurso vazio, pouco atractivo vos dá." O nacionalismo não é um assutnod e atractivo nem de imagem, mas de trabalho, não de crítica fácil. A frase de castelao que eu lembro referida a isto é`Non lle poñades tachas a obra mentres se fai, traballade nela´. As e os galeguistas não fogem, e muito menos "fugem" (??), como diz mceleiro.
É preciso ler as palavras ditas pelas mulheres, neste caso da Ana Pontón, coma s que termina o relato da notícia: "Ana Pontón destacou o "decisivo" papel do BNG na Xunta e pediulles aos militantes o "ser ambiciosos" para "intensificar o nacionalismo en Galiza e lograr o recoñecemento como nación", coa meta posta na "autodeterminación"."
Quem quiser queixar-se à espanhola, que se queixe.
aldaraonline xa asumiu ben o discurso da relatividade dos termos. Manda carallo, xa non é que aprenderades ben a lección do caciquismo, é que a perfecionastes. Os do PP e os do PsoE tamen citan moitas veces a castelao e... unha cousa... que obra é esa? a que se levaba construindo tantos anos e que derrubaron por unhas migallas na xunta?
"GALICIA SERÁ NACIÓN DENTRO DO ESTADO ESPAÑOL" recoñezamolo...
simplementeego:
Para chegar ao segundo passo há que chegar dar o primeiro. Reconheçamo-lo. Se queres chegar à outra beira do rio precisas é de passares pela ponte. Se não te serve a ponte da autodeteminação, propõe outra que não será o BNG quem to proíba.
P.D.: "com a meta posta na autodeterminação". Leiamos também.
E lembro-te que Galiza já é nação, simplesmente nação, simplesmenteego.
O proxecto de Quintana, sen calado politico, é proxecto persoal de continuar no coche oficial arroupado polos que comen grazas aos cargos e prebendas que acompaña o poder. O deterioro e desmoronamento do BNG como proxecto politico transformador para a Galiza detectase no que xa apuntan alguns comentarios: a connivencia dos militantes cos estas maneiras de facer vacias e ata insultantes. Na miña opinion quen lle esta a poñer tachas á obra necesaria que vislumbrou Castelao son os vicequintanas. Que se definan dunha vez: ou cos da feira ou cos do mercado.
Sodes penosos,que o BNG non ten proxecto político? Dereita?
Seguide coa vosa basquitis,e a bailar o kortatu no avante e a ponher petardos sen sentido,así vos vai. Rapazada...en fin,pais
Antes bailando e escoitando boa música que convetindo ao partido galego por execelencia nun partido de dereitas que lle da a espalda aos problemas que máis sufre a nosa terra, como é Planta de Gas.
Canta xente se esta afiliando ao bng? uns cantos. Pero fano para medrar economicamente, non por que sexan galeguistas.
O de poñer petardos é unha parvada, non serve pra nada.
¿Casa Común? En Italia con tanta casa común da esquerda e volveu Berlusconi.
Galiza precisa dun BNG cunha base social ampliada, na que mesmo sexan quen de estar xentes nacionalistas de centro ou dereita.
Norabóa Quin. Adiante co BNG!!
Com tanta cedência ideológica as coisas começam a perder um pouco o sentido. É importante que a Galiza se afirme como estado, sem dúvida, mas que a estratégia esteja em consonância com a grande parte das aspirações da militância de esquerda e anti-capitalista do Bloco, que quer construir uma alternativa socialista, ou não?
Queria dizer como nação....mas também como estado, porque não?!
aldaraonline:
O problema é cando non se sabe cal é o río ou.. aínda pior, cando non se rema para ningunha beira. E vexamos pois cal é esa autodeterminación.. a de participar na patraña electoral? e no caso de que ese fora o río, cal é a súa desembocadura.. ir sacar unha foto a Madrid con ZP a cambio de garantizar grandes inversións para o país, todas moi beneficiosas para o pobo en xeral como non, ou é esa autodeterminación como dicían por aquí de esquecer ao pobo que sufre a presencia de reganosa na ría de ferrol, ou é esa autodeterminación venderlle os montes comunais as eolicas por decreto como xa está pasando. En que consiste esa autodeterminación que busca o noso benfeitor BNG, casa común do galeguismo? é acaso facer que os mozos traballen e non emigren? porque emigran, facer que o noso rural teña futuro, que os nosos pescadores poidan vivir? Podese discutir moito, pero que moito estas cousas da linguistica, pero os feitos son indiscutibles e amosan a realidade. A realidade amosa máis ben un camiño que se andou e no que queda moita sangue vertida que agora mesmo se está a desandar. Hai que observar quen é o bloque hoxe: un cumulo de famentos. O que o BNG quere facer, esa historia da gran burguesia galega é suicida porque olvida que o capital "galego" non é tal: é español, e que pobo galego é traballador.
"lingua proletaria do meu pobo"
Bem, então deve ser que temos um BNG "com a meta posta na autodeterminação", só que os seus grandes líderes seguem uma estratégia segreda que a gente da plebe, não nos dá a inteligência para comprender. Devemos simplesmente limitar-nos a tragar, obedecer e votar. Com fé cega no bloco salvador que nos há-de levar ao mesmo paraiso.
O BNG também será entáo que tem um projecto claríssimo, possivelmente super-esquerdoso, mas estão a ocultá-lo por segurança, e fazendo políticas de direita para enganar aos fascistas.
Comprendemos que a herdança do fraguismo e o psoe como parceiro são limitações importantes, mas não excusas para justificar os erros próprios.
O BNG, nesta legislatura demostrou a incapacidade para COSTRUIR país, sem saber realmente que construir, nem como. O que sim demostrou foi a sua capacidade para DESTRUIR. Umas vezes como promotor, outras como cómplice e outras coma agente mudo.
"com a meta posta na autodeterminação", autodeterminação como? quando? de que? duma nação que não se considere já nação? dum país com os seus sectores produtivos exterminados? dum povo desterrado à diáspora? dum território arrasado e desestruturado?
Eu no único caminho luminoso no que acredito é na fibra óptica. Deixai-vos de caralhadas e mitos e a ver se abrimos os olhinhos.
Hoxe por hoxe, sendo realistas o BNG tennos que dar cobixo a todos i é a unica forza que fai país.
I SERÁN RAMON CABANILLAS EN CAMBADOS O 21 DE XUÑO.
http://www.unhagrandechea.org....
Si, país do carallo... 29. Ou país español, será. E neoliberal, para mellores sinais de identidade...
A verdade, xa o dixeron todo mceleiro e simplementeego. A xestión do BNG dende a Xunta é DEPRIMENTÍSIMA, un salto atrás tanto na economía e política de esquerdas como na reivindicación nacional que nen os peores detractores do Bloco poderían ter imaxinado nos tempos do fragarato. A realidade supera á ficción, non é?
O BNG xa fixo creba e bancarrota coma proxecto de esquerdas e autodeterminista. Agora só fica esperar (e ver como se desfai país entrementras) ata que boa parte da militancia caia da burra e comece a construír de cero a necesaria alternativa.
Sí, sí, moito dar-lle ao pico e moito bater no BNG... mais cando chegan as elecións votades ao BNG. Ou non?. Até un home tan fóra do BNG como Foz declarou que vota BNG.
E vos?. Qué raio votades senon BNG cando toca ir votar?.
Xabi1...Jaora que votamos ao BNG, e ainda assim pode-se e deve-se ser critico com um/a mesm@ e com o voto de um/a...O triste e nom se questionar as razons do voto e triste e ter que votar ao BNG por nom ter-mos alternativa soberanista seria, responsabel e nom-violenta (e isto ultimo e chave, independentemente que me falem da violencia estrutural do Estado, da demagogia e do cinismo do PiPe bardante a ETA e da injusta indiferenza geral que produciu o facto de o Pisoe ter as mans ensanguentadas co GAL...Tenho pra mim que a violencia seja do tipo que for e inmoral e por acima nom fai mais ca germolar mais violencia...ALGUEM TERA LOGO QUE TER DIGNIDADE AVONDO PRA RACHAR O CICLO PRA CONSTRUIR-MOS O FUTURO NACIONAL E SOBERANO DO NOSSO PAIS NO CONCERTO EUROPEU E MUNDIAL COM DECISSOM E AFOUTEZA, MAIS SEM VIOLENCIA, S-E-M V-I-O-L-E-N-C-I-A independentemente das "provocazons", "aldragens", etc etc... Temos as de perder, os meios som maioritariamente espanhois ou espanholeiros e asemade estam em castelhano...polo que ja se sabe que ha que fiar bem fino e ainda assim aturar "faltadas" de tudo tipo...Mais ninguem disse que fosse doado e que o caminho-congostra nom estuvesse inzado de coios, mais as pessoas com coragem erguem-se e caminham cara diante e sem-violencia ...Apertinhas