O voceiro do PSdeG no Parlamento, Ismael Rego, recoñece que é necesario un volume de licitación maior que acelere o proceso.
Co novo plan de Fomento confirmaríase que a alta velocidade chega a Galiza máis lenta que a outros puntos do Estado. "Calquera nube de incerteza que se poida producir sobre isto convén despexala con claridade", demandaba este luns o voceiro do grupo parlamentario socialista. Ismael Rego chamaba a "permanecermos pegados" ao compromiso asumido no seu momento polo presidente do do goberno español.
"Hai un espazo de oportunidades importante para dar cumprimento a eses prazos e o que fai falta é que o goberno español os manteña ao mesmo nivel de tensión na tramitación dos proxectos das obras para permitir que polo menos ao longo de 2009 estean licitados todos os proxectos e no horizonte de 2012 poidan concluírse", explicaba Rego. Nese escenario, na súa opinión sería necesario incrementar o volume de licitación das obras da alta velocidade de conexión de Galiza cara á meseta para que se cumpra o prazo de finalización en 2012, o último comprometido polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.
A reflexión do deputado socialista chega despois de que no seu último mapa estratéxico, o Fomento non incluíse a alta velocidade a Galiza no apartado das obras que finalizarían no horizonte de 2013, quedando nun espazo xenérico 2013-2020. De paso, a ministra de Fomento comparaba a alta velocidade ferroviaria coas "obras dunha casa", explicando que "sábese cando chegan os obreiros pero non cando marchan". O presidente da Xunta referírase criticamente ás palabras de Álvarez, indicando que a ministra se "confundiu de casa e operarios" cando realizou o que Pérez Touriño cualificou de "fabulación" ao respecto das obras e o atraso.
2020? Não tenhas presa, mulher! Com calma!
2020, entre atrasos na execução, buracos no chão, arranjo de trabalhadas e outros imprevistos o primeiro TAV que ande a linha completa sairá para o 2035. Se ainda existem os TAV, claro. Tu já estarás possivelmente criando malvas (a esperança de vida tampouco dá para tanto) e ninguém te pedirá responsabilidades.
están a comprometer os nosos diñeiros cara unha inversión innecesaria ou cando menos, non prioritaria. pero como van a facelo de outra forma? os fabricantes de automóveis necesitan que non haxa vertebración interior para que en cada familia haxa tres á porta. veña carreteiras, veña portos exteriores, veña cidades da cultura... veña gasto público para mantelo conglomerado funcionando.
Polo que lin en skyscrapercity (foro de enxeñeiros dos cales varios traballan nas obras) no 2012 pode estar o eixo atlántico coa excepción da ponte sobre a ría de arousa e a integración en Vigo. Se os fieis empregados de Villar Mir deixan que as obras comecen en Serrabal o tramo Santiago-Ourense pode estar rematado daquela tamén. Pero o tramo de Ourense á fronteira con España antes de 2015 difícil.