Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Tag: emilio-perez-tourino


TAV
26/Xuño/2008 /

Touriño recoñece a "falta de cintura" do PSOE ao rexeitar a moción sobre o TAV

O PSOE vota en contra dunha moción do BNG, apoiada por todos os grupos, para crear unha comisión que vixíe o cumprimento dos prazos.


10/Xuño/2008 /

Os socialistas admiten que cómpren máis cartos para garantir o TAV en 2012

O voceiro do PSdeG no Parlamento, Ismael Rego, recoñece que é necesario un volume de licitación maior que acelere o proceso.


28/Maio/2008 /

Touriño desmárcase da petición de Industria para que se mantivese a tarifa nocturna

O presidente considera que a subida do prezo da electricidade é unha proposta "obrigada e necesaria".


Alberto Núñez Feijoo
22/Maio/2008 /

Feijoo pide a cabeza de altos cargos socialistas polo caso da axente electoral

Trátase dos conselleiros de Traballo e Presidencia, do alcalde de Muxía -que compareceu este xoves- e da deputada Marisol Soneira.


19/Maio/2008 /

"Quero que saibades que Galiza se sinte orgullosa da súa emigración"

Touriño aproveitou a celebración en Bos Aires para destacar que o Goberno traballa para que os galegos do exterior poidan votar “como se vota plenamente en democracia” mediante sufraxio “libre, directo e segredo”.


16/Maio/2008 /

O PSdeG agarda a que o PSOE estabeleza os criterios para a provincialización

O texto que lle enviarán a semana que vén ás agrupacións locais non mencionará a organización provincial.


    14/Maio/2008 /

    A 'provincialización' do PSdeG abre a batalla entre Touriño e Blanco

    O Secretario Xeral do PSdeG oponse á pretensión de Ferraz de instaurar un modelo provincial forte. Detrás do telón agóchase un pulso entre os dous homes fortes do socialismo galego.


    28/Abril/2008 /

    A Unesco convida a Xunta a apoiar a candidatura do patrimonio inmaterial

    Desde Ponte nas Ondas subliñan o interese mostrado polo director da Unesco, Koichiro Matsuura, e piden que o Goberno colabore coa presentación da candidatura galego-portuguesa.


    Emilio Pérez Touriño
    24/Abril/2008 /

    A negociación do financiamento autonómico, 'entre todos'

    Touriño avisa de que o repartimento de cartos debe acordarse de modo multilateral e non en comisións a dous.


    Hospital
    24/Abril/2008 /

    Touriño recoñece que hai “disfuncións” en determinados hospitais

    Asegura que a Consellaría de Sanidade está traballando para evitar que se sigan a adiar durante meses as citas con especialistas públicos.


    2/Abril/2008 /

    Facilitar o aproveitamento do teto europeo e internacionalizar as pemes

    A Xunta crea un centro de negocios en Bruxelas para facilitar a captación de fondos e estimular que as pemes procuren oportunidades no contorno da UE.


    31/Marzo/2008 /

    Touriño promete inxección "renovadora" nas estruturas do PSdeG

    O secretario xeral do PSdeG avanza que á volta do verán haberá un congreso que facilitará o protagonismo dunha "nova xeración" no seu partido.


    30/Marzo/2008 /

    O PSdeG "saca peito" fronte ao PSOE e o BNG convida os socialistas a "mover ficha"

    Pacto sen aclarar aínda ás portas da constitución das Cortes, o próximo 1 de abril.


    12/Marzo/2008 /

    O Goberno recupera o proxecto da axencia tributaria

    Coa probábel reapertura a nivel estatal do debate sobre o financiamento autonómico, o executivo marca posicións.


    9/Marzo/2008 /

    Touriño, Quintana e Feijoo chaman a participar e a pensar en Galiza

    Os líderes das tres principais formacións do país -PPdeG, PSdeG e BNG- acudiron este domingo a votar nos seus respectivos colexios electorais.


    8/Marzo/2008 /

    Feijoo sae a correr, Touriño pasea polo campo e Quintana dedicase aos fillos na xornada de reflexión

    Os líderes das tres principais formacións do país, PPdeG, PSdeG e BNG tratarán de se evadiren tras dúas intensas semanas de campaña electoral.


    6/Marzo/2008 /

    A Xunta anuncia 150 millóns en obras a tres días das eleccións xerais

    Touriño asegura que se intenta combater a desaceleración económica e dixo que as inauguracións quedaron na época do PPdeG.


    14/Febreiro/2008 /

    Sete universidades para unha "eurorrexión do coñecemento"

    Os gobernos de Galiza e Portugal coinciden en subliñar o potencial dun espazo capaz de darlle soporte científico a unha armazón produtiva de 565 mil empresas.


    11/Febreiro/2008 /

    "Abonda con que lles digan aos seus alcaldes que paren de talar árbores e co cemento e o ladrillo"

    O secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, ironizou así sobre a proposta do PP de plantar millóns de árbores en catro anos.