Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O goberno español abstívose

Alerta sindical pola beizón da UE á semana laboral de 65 horas

O goberno español promete que non adaptará a normativa. O BNG pide que o Parlamento se pronuncie en contra da medida.

Redacción - 09:00 11/06/2008

"Paso atrás", "agresión", "explotación", "ataque aos dereitos" ou "decisión inédita" son algunhas das primeiras avaliacións que chegan desde as diversas forzas sindicais, coincidindo todas elas en denunciar o erro da decisión tomada esta semana polo consello de ministros de Emprego da Unión Europea.

Os ministros decidiron así que o actual límite de 48 horas para unha semana de traballo poida estenderse até as 65 horas. É un dos ingredientes da futura directiva sobre tempo de traballo que debe aínda pasar a peneira do Parlamento Europeo. Reino Unido, Alemaña ou Italia foron algúns dos máis agresivos defensores deste paso nun debate que levaba varios anos na mesa pero que só agora, e con recentes viraxes á dereita nos gobernos de varios estados, semella ser posíbel que saia adiante. O goberno español, que inicialmente anunciara en público que mantiña unha posición contraria a esta medida, decidiu finalmente absterse na votación. A delegación encabezada polo ministro de Traballo, Celestino Corbacho, escusouse dicindo que será posíbel máis adiante emendar o texto final.

Paso atrás na conquista de dereitos laborais
"Galiza ten que fixar unah posición de país en contra desta directiva que supón un paso atrás na loita polos dereitos sociais dos traballadores", explicou este martes Fernando Blanco Parga, voceiro de Emprego do grupo parlamentario do BNG. O Bloque presentará unha iniciativa a prol do posicionamento do Parlamento contra a medida proposta polos ministros de Emprego da UE.

"De seguir adiante na súa tramitación, o texto aprobado sentaría un precedente moi perigoso xa que chega mesmo a recoller a posibilidade de que se superen as 60 ou 65 horas laborais se hai acordo entre os interlocutores sociais e se recolle no convenio", critica Blanco Parga. O deputado nacionalista amosa o rexeitamento do nacionalismo galego perante "medidas regresivas como esta que mesmo inclúe un punto no que se acorda non recoñecer as gardas como tempo de traballo".


5/5 (4 votos)

Comentarios (13)

ulo #1 11/Xuño/2008 ulo

Aproveitando o barullo montado polos pequenos e medianos empresarios co su paro patronal contra a suba dos prezos do petroleo, o Consello de Ministros da UE aproban, sen nengun voto en contro, só abstencions, unha directiva que significa o ataque máis bestia aos asalariados dende ha anos, o aumento da xornada laboral a 65 horas semanais.
Onde queda, non a loita polas 35 horas, que iso xa é unha utopia; senon a famosa loita de 1886 polas 8 horas (8 horas de traballo, 8 de lecer e 8 para durmir). Os capitalistas para recuperar a taxa de lucro, non teñen outra que atacar as conquistas dos traballadores, xa non en aspectos de asistencia social (saúde), senon nas mesmas condicions laborais básicas (xornada e salario, ha unha sentencia dun tribunal aleman aceptando a idea da Directiva bolkestein, de que os salarios dun traballador polaco na Alemaña son os pactados en Polonia, legalizando o que xa se fai, por exe. na Galiza cos traballadores portugueses).
A guerra contra o "terrorismo" dos capitalistas e os imperialistas contra os pobos (ocupacion de Iraq, conflictos en A Latina, etc.) chega xa aos traballadores europeos, que ata agora pensaban que non ía con eles a "guerra contra o terrorismo".
O goberno ZP non se atreveu a votar a favor, e abstivose; mais é evidente que co criterio co que actúa a suposta esquerda institucional, de "non hai outra posibilidade", "é o que hai", aproveitará para, no cadro da directiva, modificar a xornada laboral, por exemplo resgatando a vella proposta de Aznar, e que xa se aplica en moitas empresas (EMESA na Coruña), do computo anual da xornada laboral, de maneira que unha seman podas traballar as 65 horas ou máis.
Ben, o ataque merece unha resposta. As centrais sindicais agrupadas na CES ten que servir para algo máis que viaxar e cobrar dietas para pactar paz social e recurtes nos dereitos dos traballadores. Sabemos que non o van facer por si mesmos, senon que necesitan que a esquerda sindical que, dunha maneira atomizada, existe o longo da UE tiren do carro. Esta esquerda sindical agrupan a milleiros de activistas que postos en movimento teñen máis influencia da que parece. Son os CoBas e sindicatos minoritarios en Italia, e mesmo unha corrente interna na poderosa CGIL, a CGT francesa, os sectores sindicais na Alemaña ligados a Lafontaine, no caso español, a CIG, LAB, SOC andaluz, e agrupamentos minoritarios como CGT, COBAS, AST, CSI asturiana, os que teñen a responsabilidade directa de pasar das palabras os feitos.
Todos eles de certo van sacar declaracions rexeitando a directiva; que presenten un plan de loita contra ela, que leven as asembleas declaracions e comunicados rexeitandoa e chamando a un Frente Unico das organizacions sindicais contra a Directiva.
A esquerda anticapitalista, se é digna de tal nome, ten que pórse a cabeza desta resposta. Se non paramos o ataque, o retroceso non vai ser de anos, vai ser de seculos.... Volveremos o seculo XIX.

ulo #2 11/Xuño/2008 ulo

E o BNG pode facer unha cousa, máis aló das preguntas de rigor: que ameace a Touriño con romper os acordos de goberno co PSOE, se iste non rexeita legalmente a directiva, exixindo a reduccion da xornada laboral.
Nun momento de crise e ameaza de despedimentos, en vez de repatir o traballo existente (escala móbil de horas de traballo, chamabase hai anos), o que se fai e aumentar a competencia entre os traballadores para reducir os salarios reais, ampliando a xornada, a idade de xubilacion, etc., é dicer, aumentado o que Marx chamaba "exercito industrial de reserva", de maneira de cantos máis mellor para que o capitalista teña onde escoller.

amoscaesquerdosa #3 11/Xuño/2008 amoscaesquerdosa

Aínda temos a oportunidade de botar abaixo esta directiva europea (de obrigado cumprimento se se alega ante un xuíz nacional e sempre que previamente haxa "pacto" entre empresario e traballador... nun país coma este en que hai ducias ou centos de candidatos por cada posto de traballo, xa podemos imaxinar o resultado)se os sindicatos dan a batalla con forza e coherencia.
Neste momento necesitamos máis ca nunca a unidade de CCOO, UGT, CIG e todos os demais na procura dun obxectivo común:
NON A DIRECTIVA DAS 65 HORAS!
Hai que espallar a loita por toda Europa e chegar, se preciso for, ata a FOLGA XERAL EUROPEA.
amoscaesquerdosa.blogspot.com

ecoe #4 11/Xuño/2008 ecoe

Que algúns dos sindicatos se manteñan calados, pois moito axudaron a que a burguesía emPPresarial saíse reforzada, nomeadamente desde 1982 e o comenzo da desfeita dos dereitos -adquiridos literalmente con sangue nas loitas obreiras- das clases traballadoras.

A burguesía xamáis se contenta: sempre vai a máis beneficios privados. Só a sua DESAPARICIÓN pode crear unha sociedade xusta e alegre de vivir.

Repararon algunha vez nas caras, nos semblantes, que pola rúa andan?

charino #5 11/Xuño/2008 charino

“Se China, declara o miembro do Parlamento Stapleton ós seus electores, “Se China se converte nun gran país industrial non vexo como poderá aguantar o combate a poboación obreira europea sen descender ó nivel dos seus competidores” (Times 3 de setembro de 1873) Xa nin sequera salarios continentais: salarios chineses, ese é agora o obxectivo do capital inglés” Marx, O capital, Libro I, vol 2., p.244, da edición de Grijalbo 1976. Nesas estamos PSOE, UXT, CC.OO., BNG...

ulo #6 11/Xuño/2008 ulo

Aos que queremos rexeitar a medida da UE, porque non nos poñemos en contacto, cara a facer presion nas direccions dos sindicatos, comezando pola CIG, que é o que manten a dignidade da loita e de rexeitar os pactos sociais.
Mais dirixido a todos. CCOO e UXT non se libran, por moito que leven anos asinando conxelacions salariais nos ANCs.
O ataque é tan forte, que nin eles poder ollar para outro lado.
correntevermella@corrienteroja.net

Lead_bocas #7 11/Xuño/2008 Lead_bocas

Agora a camorra empresarial multinacional decretou crise e tócanos pagala aos currantes.

A UE de Aznar, Blairlusconi e os xemelos ultracatólicos segue aí, en pe, e hai que chimpala se queremos sobrevivir a esta nova ofensiva dos capitalistas.

Tácticas anticonsumo e imaxinación contra os paros patronais e as folgas á chilena.

Tavia #8 11/Xuño/2008 Tavia

Há que voltar à garrafa de gasolina. Istes caras da UE gostam muito do trabalho (dos/as demais)

Jatopardo #9 11/Xuño/2008 Jatopardo

Din que non vai ser obrigatorio que os países estabelezan a xornada de máis de 65 horas. Pero unha cousa está clara, se hai dous países, un onde hay un límite de 40 horas o outro donde o límite é 65 horas, moitas empresas instalaranse neste sengundo país e acentuarase a deslocalización.

Noutros tempos isto chamábase competencia desleal e explotación obreira, agora chámanlle flexibilidade laboral.

Xabi1 #10 11/Xuño/2008 Xabi1

Ai, Ulo. Vaia unidade de forzas sindicais que fas... e esqueces unha. Alá ti.
Mais pedir agora a "unidade sindical" cando no 1º de maio estamos gloriosamente separados por motivos fartamente miserabeis, non che ten moito aquel.
E, imos ver: ao mellor resulta que a xornada laboral na hostelería é hoxe... inferior ás 10 horas? Tamén é inferior na costrución? E nas contratas do metal e do noval, tamén, tamén son inferiores?
Para qué está pensada esta xornada laboral?. Pois para sectores laborais onde se manexa man de obra precaria, por un, dous, tres meses. Precisamente aló onde os sindicatos de xestión, os sindicatos inzados de liberados (CIG ten o maior número de liberados sindicais de Galiza), os sindicatos cheos de langráns (con todas as excepcións, que hai, e muitas) parasitados polos orzamentos públicos vía subvencións políticas (un repaso ao BOE clarifica todo o que trincan os sindicatos).
En fin, a norma non fai máis que sacar á luz unha situación laboral que leva corroempendo-se desde hai décadas sen que os sindicatos maioritarios píen ren.
E así vai a xogada.

ulo #11 11/Xuño/2008 ulo

Moi ben Xabi1, todos coñecemos, un, a situacion en moitos do sectores de traballadores como hosteleria ou a construccion, onde máis da metade son "autonomos" ou traballadore inmigrantes con menos dereitos que ninguen.
Mais, e o capital o sabe, ha unha proporcion importante da clase traballadora que ainda ten algunhas, que non moitas, conquistas. Que haxa xente cunhas condicions desastrosas, non quere dicer que non loitemos. A túa posicion esta chea de escepticismo.
E a segunda. Todos coñecemos, tamen, aos actuais sindicatos, uns, cunha politicas que como dixen, cheiran a pacto social e conxelacion salarial, CCOO e UXT, e outros nun camiño de burocratizacion acelerada, CIG. Si. Mais, iso non impide para que loitemos.
Por que a desconfianza é a norma, o máis evidente é que, se queremos loitar, agrupemos aos que consideramos que o camiño non é o do sindicalismo de servizos, senon o de loita e independencia do estado -sen subsidios e trapalladas polo estilo-, e pulemos polo obxectivo, frear unha medida que iguala a todos.... por abaixo.
Mais, hoxe non existe outras organizacions que esas, e son as que ainda teñen certo respaldo na clase traballadora, sobre todo a CIG. Por iso, temos que organizarnos, para exixiles que fagan o que ha que facer, mobilizar contra o ataque e deixarse de farrapos de gaita.
Co escepticismo non imos nin a volta da esquina.

ulo #12 11/Xuño/2008 ulo

Moi ben Xabi1, todos coñecemos, un, a situacion en moitos do sectores de traballadores como hosteleria ou a construccion, onde máis da metade son "autonomos" ou traballadore inmigrantes con menos dereitos que ninguen.
Mais, e o capital o sabe, ha unha proporcion importante da clase traballadora que ainda ten algunhas, que non moitas, conquistas. Que haxa xente cunhas condicions desastrosas, non quere dicer que non loitemos. A túa posicion esta chea de escepticismo.
E a segunda. Todos coñecemos, tamen, aos actuais sindicatos, uns, cunha politicas que como dixen, cheiran a pacto social e conxelacion salarial, CCOO e UXT, e outros nun camiño de burocratizacion acelerada, CIG. Si. Mais, iso non impide para que loitemos.
Por que a desconfianza é a norma, o máis evidente é que, se queremos loitar, agrupemos aos que consideramos que o camiño non é o do sindicalismo de servizos, senon o de loita e independencia do estado -sen subsidios e trapalladas polo estilo-, e pulemos polo obxectivo, frear unha medida que iguala a todos.... por abaixo.
Mais, hoxe non existe outras organizacions que esas, e son as que ainda teñen certo respaldo na clase traballadora, sobre todo a CIG. Por iso, temos que organizarnos, para exixiles que fagan o que ha que facer, mobilizar contra o ataque e deixarse de farrapos de gaita.
Co escepticismo non imos nin a volta da esquina.

Xabi1 #13 12/Xuño/2008 Xabi1

Moito ben, Ulo. Concordo con case todo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: