Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Irlanda

Edición xestionada por María Golpe
RSS de Irlanda
Referendo sobre o Tratado de Lisboa

Os primeiros avances prognostican a vitoria do "non" en Irlanda

Observadores de varios partidos confirman que o reconto avanza con maioría do "non" entre os irlandeses á reforma da Unión Europea.

Redacción - 13:15 13/06/2008

Non son aínda datos oficiais, pero a prensa irlandesa xa se fai eco das avaliacións realizadas por diversos observadores das formacións políticas que supervisan o reconto das papeletas. Segundo eses datos, procedentes de varias circunscricións de Dublín, o "non" é lixeiramente maioritario entre o electorado.

O propio ministro para Asuntos Europeos do goberno irlandés, Dick Roche, recoñeceu xa en público que "a cousa non se presenta ben" para o "si" ao Tratado que defendía o executivo. Nalgúns medios especúlase con que unha estreito resultado final en favor do "non" poida facer pensar ao goberno en repetir o referendo máis adiante.

Para ampliar: The Irish Times e a BBC.


5/5 (2 votos)

Comentarios (3)

xoselado #1 13/Xuño/2008 xoselado

Noraboa irlandeses!

Morcego #2 13/Xuño/2008 Morcego

Obrigado Irlanda!!!

Por uma outra Europa, dos povos, democrática, da paz e da justiça social!

luisfoz #3 13/Xuño/2008 luisfoz

Viva Irlanda!!! Os cidadaos espanhois nom temos o direito de opinar, menos mal que os irlandeses figérom-no polos galegos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: