Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cara á aprobación definitiva

Consenso para que a Lei da Paisaxe garanta "o desenvolvemento económico" das zonas protexidas

A nova norma recoñece o "dereito ao desenvolvemento económico" das persoas que vivan en zonas de interese paisaxístico. Con todo, desde o PPdeG insisten en que facilita "expropiacións encubertas".

Redacción - 10:00 14/06/2008
Paisaxe na Ribeira Sacra / Flickr: vorjales

Paisaxe na Ribeira Sacra / Flickr: vorjales

A Comisión de Ordenación Territorial do Parlamento aprobou esta sexta feira unha emenda ao proxecto de Lei de protección da paisaxe de Galiza, para que as persoas que viven en zonas de especial interese paisaxístico "se lles recoñeza o dereito a un desenvolvemento económico, cultural e social, equilibrado e sustentábel"

Esta modificación saíu adiante cos votos a favor de nacionalistas e socialistas, e co voto en contra do PPdeG, que lles pediu aos outros grupos, a través do seu deputado, Jaime Castiñeira, que reconsiderasen a normativa antes de que chegue a pleno para a súa aprobación definitiva.

O PPdeG tiña formulado 41 emendas a esta norma, "nun intento de corrixir algunhas das carencias que presenta, que van afectar especialmente aos propietarios de comarcas como a Ribeira Sacra, aos que somete a unha normativa ríxida que vai provocar custes adicionais, sen obter contraprestación algunha da Administración".

Calquera protección "é unha expropiación encuberta"

De feito, Castiñeira considerou no pleno que, a pesar a emenda, a norma non garante que as propiedades dos veciños destas zonas non perdan valor cando se produza a protección. Ademais, o popular dixo que, ao seu ver, calquera protección "é unha expropiación encuberta".

Fronte ás queixas de Castiñeira, a deputada socialista Laura Seara asegurou que a Xunta "nunca lle expropiou nada a ninguén nos espazos protexidos de Galiza", e advertiulle ao deputado popular que a súa afirmación é "perigosa". Nesta liña, a nacionalista Ana Pontón acusou a Castiñeira de un "acto de irresponsabilidade" e asegurou que a súa "política alarmista" non se corresponde co texto da Lei.

Porén, na súa contrarréplica o deputado popular comentou que, se a protección é "un premio", que sexan os conselleiros os primeiros que o reciban: "por que non comezan por protexer as casas dos membros e membras do goberno de Galiza?", ironizou.

Máis críticas á nova Lei

Terminando xa o pleno, os populares continuaron a criticar a nova norma, que consideran "intervencionista", e copiada da catalá; os nacionalistas salientaron que esta lei aínda vai ter dous meses de exposición pública antes de ser aprobada; e os socialistas consideraron ilóxico que o deputado do PPdeG criticase a lei por "pouco ambiciosa e, á vez, por intervencionista", e lamentou o "rictos dramático e tráxico" de Castiñeira á hora de analizar a Lei, que lle lembraba, segundo dixo a Carlos Arias Navarro trasladando a noticia do pasamento de Francisco Franco.

A Lei da Paisaxe de Galiza

Este lei ten por obxecto o recoñecemento xurídico, a protección, a xestión e a ordenación da paisaxe galega, co fin de preservar e ordenar todos os elementos que a configuran no marco do desenvolvemento sustentábel.

A normativa, que previsibelmente vai ser debatida e aprobada no último pleno deste período de sesións, prevé o desenvolvemento e a aplicación de catálogos da paisaxe de Galiza, das directrices da paisaxe, de estudos de impacto e integración paisaxística e de plans de acción da paisaxe en áreas protexidas.

No caso concreto das directivas da paisaxe, estas han recoller normas e recomendacións para a definición dos plans urbanísticos e sectoriais e das estratexias para o desenvolvemento sustentábel do territorio. Estas normas terán carácter vinculante para os instrumentos de planificación sectorial e urbanística.


5/5 (5 votos)


Comentarios (7)

unhagrandechea #1 14/Xuño/2008 unhagrandechea
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ven o I SERAN RAMON CABANILLAS en Cambados - ACTUACIÓN DE TREIXADURA . DIA 21 DE XUÑO ÁS 21 HORAS
Máis información en
http://www.unhagrandechea.org....

Gaviotero #2 14/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Obligará la ley del paisaje a que los pajarillos y demás animalillos del bosque se expresen exclusivamente en gallego? ¡Jajaja!

mceleiro #3 14/Xuño/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Só aos burros, aos porcos e às vívoras. Por isso a camada do Feijoo está tão preocupada.

Quanto às gaivotas a lei leva um anexo com um plano de exterminação. Só fazem que cagar.

Maeloc-do-Rouco #4 14/Xuño/2008 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#2...Acho que necesitas ajuda...nom se pode amossar um comportamento tam ruim, tam demente e tam infantil a um tempo...Tu mesmo estas num jornal galeguista escrevendo em castelhano compulsivamente e ninguem che pom um simples obice -faltaria mais-...coussa que nos foros espanholistas ou espanholeiros a situazom inversa nom e que seja dificel....E impossivel (sobre tudo de alguem que constantemente calumnia sem achegar nem dados nem probas nem argumentos (esgutios e berros figurados entre exclamazons som a ssuas preferidas) e insulta a aqueles que lhe permitem fazer precissamente isso)...E certamente miseravel, nom voce sr #2 (que sera um ser humano com as tuas virtudes e os teus defectos), mais a sua actitude irrespectuossa ate no mais basico (a falta de educazom nom e ideologica, e simplesmente falta de educazom e isso pode nom ser culpa sua.....umha magoa)

aldaraonline #5 14/Xuño/2008 aldaraonline
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#4:

Maeloc #4, deixa estar o #2. Olha como se ridiculiza a si próprio o sr. #2 nessa personagem grotesca que interpreta através dos seus comentários.

Seja como for, personagem ou pessoa real, alguns dos comentários não têm a suficiente inventiva e engenho, embora outros sim, ainda dentro de uma enorme estupidez. Mas dedicar tanto tempo à estupidez não pode ser muito bom. Em ocasiões, conduz a problemas sérios, refletindo também problemas sérios, especialmente mentais. Tomemo-lo menos a sério. Não nos chateemos polas súas 'bufonadas', pois ele aqui interpreta o papel do "bufón" galego que balbuceia desde a vergonha da própria identidade.

Parabéns a VIEIROS pola magnífica gestão informativa e pola possibilidade de participação através dos comentários, que é sempre um espaço de liberdade.

Maeloc-do-Rouco #6 15/Xuño/2008 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tes razom Aldara, eu as vezes tentei-no mais o problema e que sempre vai haber alguem que lhe conteste, se nom som eu ha ser outr@..Se calhar deveria ser umha actitude (civica) colectiva o de ignorar a este sujeito...Obrigado pola tua generosidade e boas palavras

Tarelo #7 16/Xuño/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A lei, esta lei, maís a outra lei, pa qué?. Pa encher titulares, e nada máis!. Ca Lei da paisaxe, vai Caixa Galicia e os seus socios abandoar a expoliación e explotación do Courel? Vai Caixanova esquecerse do seu porxecto urbanistico no Salgueiron, Cangas? NON, NON. Eso é o que entenden os políticos cando se di, "que as persoas que viven en zonas de especial interese paisaxístico se lles recoñeza o dereito a un desenvolvemento económico, cultural e social, equilibrado e sustentábel".

Se lles dan igual as leis! Fan e desfán o seu antollo, e nunca responden ante ninguén.

Por outra banda, a ver cando nos damos conta que non somos propietarios de nada, ou mellor nos iría (e menos da paisaxe), que o que temos ou debamos ter, é prestado e témolo que traspasar en identicas ou mellores condicións ás xeracións vindeiras.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: