A boa relación das formacións que en 2004 xuntaron forzas nunha candidatura unida, fai probábel a repetición do acordo, segundo insinuou este xoves o voceiro nacional do BNG.
Hai algo máis de catro anos que os líderes de BNG, CiU e EAJ-PNV asinaron formalmente un pacto que comezaba manifestando o compromiso común destas formacións cunha Europa "democrática, social, solidaria, respectuosa da súa pluralidade nacional e cultural e promotora dun mundo máis xusto e igualitario, ecoloxicamente sostíbel e en paz".
A coalición electoral coa que daquela concorreron conxuntamente ás eleccións ao Parlamento Europeo do 13 de xuño de 2004, baixo a denominación "Galeusca – Pobos de Europa", podería agora repetirse. A un ano da cita, o voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, indicou este venres que esa alianza foi no seu momento "moi positiva" e que o resultado é en si mesmo un "vaticinio do que se pode facer para as próximas eleccións".
Así e todo, Quintana advertiu ao respecto de que o tema non está na axenda inmediata das tres formacións, sinalando que previamente Galiza aínda ten por diante "outro proceso electoral", en referencia ás eleccións autonómicas, que con probabilidade se celebrarían no mes de marzo, un trimestre antes da votación europea.
Quintana subliñaba así o "positivo" balance que o BNG fai da coalición acordada aquel ano, aproveitando o encontro mantido en Compostela co secretario xeral de Convergència i Unió (CiU), Artur Mas. Como exemplo da sintonía, o líder do Bloque expresou a vontade de aproveitar a véspera do próximo 25 de xullo para realizar un acto de conmemoración do 75 aniversario da declaración selada polas forzas nacionalistas de Galiza, Euskadi e Cataluña o 25 de xullo de 1933.
O BNG para ser coerente deveria também aderir ao Partido Demócrata Europeo (com o PNV) ou â Internacional Demócrata de Centro (com CiU e o PP).
Tira duma vez por todas a estrela vermelha do logotipo e declarar-se abertamente de direitas.
Levo meses lendo os comentarios...e cada día era un nova sorpresa...sorpresa de a merda de prexuizos que hai con BNG...que ben se nota que a maioría non traballou na vida dentro da organización e non sabe o que hai...
A sociedade galega acaso é de ESQUERDAS? Vaie contar outro conto a outro...A sociedade galega necesita que moan a paus coma dicía Baudalaire sobor os ladróns...porque joder un sector moi grande dela ten o verbo facil de carallo29.
FARTO ME TEDES. Disculpade as molestias. Tiña que dicilo.
E non estou dentro agora mesmo co cal non vaiades dicindo logo ejjeje ke son un conselleiro e un purgante...
Baudelaire, ho. Baudelaire.
A sociedade galega é tan de esquerdas coma a andaluza e menos mal que aclaras que non representas ao BNG, porque se algún político do BNG preguntase con tanto candor se a sociedade galega é de esquerdas, é que o nazionalsocialismo da nosa musa gaivota consumaríase por completo. Hala rapaciño, colle un libro que sexa bo-de-ler a ver se entendes algo antes de que te nos transformes nun skin moendo sociedades!!?
Recomendaciós sobre o cambio ideolóxico pragmático: tes en edicións positivas s.l. a tradución da novela de Orwell "A revolta dos animais". Moi simple. Máis adiante podes ler a versión liberal/agrarista de Risco, "O porco de pé" Ed. Galaxia, claro e comprenderás primeior o frecuente que é dar gato por lebre ideoloxicamente e segundo, o sensibilizado que anda todo o mundo por causa diso. Así que menos coñas.
eso de esquerdas e dereitas é unha mangancha para durmirnos a todos.
Hoxe faise neoliberalismo ou socialismo, ao estilo venezolano ou cubano. Estan os que resisten e os que insisten contra os que resisten.
O pobo galego non é de nada, é de si mesmo: tradicional, o liberalismo matao porque mata a tradición, digamos idioma, digamos costumes, economía.. Imponse o uniformismo algo ao q o BNGé contribue moi ben. a nova burguesía galega non entende de tradición senón de facer caixa e como dicían algúns neoliberais españois "estas cosas de la tradición no dan dinero"; digamos q o noso pobo é unha carreira de letras.
o demáis q se de esquerdas q se de dereitas... son pallas mentais! "para que se cayó el muro de Berlín sino, hombre!"
Sí, sí, que se junten de nuevo. Que ya dejamos fuera en las pasadas al vejestorio del BNG y ahora estamos dispuestos a volverlo a dejar fuera!!! ¡¡¡JAJAJAJA!!!
¡¡¡GALICIA BILINGÜE!!! ¡¡¡VIVA LA LIBERTAD!!! ¡¡¡NO AL TERRORISMO NACIONALISTA GALLEGO!!!
Gaivioteiro: A persoas coma ti vai adicado o noso logo.
Ven o I SERAN RAMON CABANILLAS en Cambados - ACTUACIÓN DE TREIXADURA . DIA 21 DE XUÑO ÁS 21 HORAS
Máis información en
http://www.unhagrandechea.org....
A sociedade galega é maioritariamente o povo trabalhador. De classe baixa, mas sem consciência de classe. Porque a rede caciquil do franquismo com a democrácia só se ampliou com a novidade do voto.
A burguesia galega é ridícula, comparada com a basca ou a catalã. Tanto em número como em poder.
Ideológicamente o povo galego é de ESQUERDAS. Ideologicamente de ESQUERDAS. Paradoxos (sic) deste pais, vota às direitas.
O BNG deixou de fazer pedagogia da democrácia (o que lhe dera o seu grande avanço eleitoral na era Beiras) para centrar-se em criar uma burguesia galega ao jeito basco ou catalão.
Visto algum comentário, parece ser que sim, que o grande trunfo do capital vestido de liberdade (queda do Muro de Berlim) é matar as ideologias.
Mas as ideologias existem. Ou extás com o povo de Ferrol ou estás com Tojeiro. Por exemplo. Chamam-se "antagonismos", não se pode beneficiar simultaneamente a extremos opostos.
Difamazom, Calumnia, IgnoRRancia, Mentira, Violencia Verbal Continuada....O termo Galiza nom e ilegal, a Academia Galega recomenda mais nom e umha policia linguistica com decissons vencelhantes como voce seguramente sabe e ainda assim segurament prefire incidir na calumnia...eis a sua educazom -ou falta de-la- ou os seus valores - ou falta de-les-- como tamem e de mal gosto (penosa educazom outravolta) e de referir-se a alguem com um nome que nom e o seu (e estamos a falar dum nome verdadeiro e de alguem que e persoeiro publico e reprsentante dos cidadans, nom coma outros que mentem, calumniam, arengam e exclamam des a impunidade do anonimato dum foro no que lhe permitem expressar tudo tipo de xenreiras -incluida cara o proprio jornal que abeira a sua participazom, o cal e umha demosntrazom da altura de miras de "Vieiros"- agochado sob o nome dumha ave marinha...Que bravura!! que afouteza!! Por certo, ninguem lhe tira a vostede da sua liberdade pra falar castelhano, astur-leones, vietnamita ou aymara...Por certo tamem o nacionalismo e um movimento civico que, como outros -ismos (fascismo, absolutismo, liberalismo, comunismo, etc etc) e por culpa da perverssom humana na procura de interesses egoistas e umha sociedade desestruturada pode rematar em violencia fisica e mal-vive a base violencia verbal...Mais coma sempre, se o nacionalismo nom e o da minha corda vai ser que @s outr@s som daquela ou bem opressores ou terroristas ou o que seja...Humanizazom Cero...Assim nom ha futuro possibel....
Por certo, ja dissemos umha e outra vez que La Coruna e um galeguismo em castelhano, nessa lingua e Coruna e na original galego-portuguessa e a Coruna (como o Porto, a Povoa de Varzim, a Povoa do Caraminhal, a Fonsagrada, o Carvalhinho, a Estrada, a Laracha, etc etc )..E moito comum em galego-portugues, nom tanto em espanhol (agas nalguns povos de Leom pola influencia astur-leonesa-La Baneza- e outras excepcons a regua geral) onde o artigo normalmente se emprega se o toponimo vai acompanhado dum "de" coma nos casos de Las Palmas de Gran Canaria, La Palma del Condado, mais ainda assim o castelhano tende a nom incluir artigo assim temos Carrion de los Condes ou a mesma Coruna del Conde (Burgos)...Insistir na ignorancia e refugar o conhecemento chama-se fanatismo...mais tem cura...tudo tem cura (agas a morte coma dizia minha avo)
De acordo en todo con mceleiro (excepto en que xa non vota ás dereitas maioritariamente). Está tamén moi ben recordar que o BNG, se non quita representación (bastante probable) en Galeuscat beneficia ás dereitas europeas. Sempre queda o consolo de que as dereitas se moderen con CiU fronte ao PP, pero a min non me chega.
Ante certos comentarios prefiro o silencio, así que só me resta felicitar efusivamente a Maeloc e mceleiro.
GALEUSCAT? QUINTANA VAI CAGAR!!
Não gosto da ideia do BNG partilhar com CiU candidatura, mas lembremos que isto não vem da época de Quintana senão na que Beiras era o porta-voz. Digo porque, arrea, aqui semelha que todos os males do Bloco, incoerências, o que queirais são dos últimos três anos...pois um pouco de memoria e veracidade, ok? Ou onde é que estavais vós daquelas, companheiros, e que diziais, quando já há anos o BNG recuperou a ideia de Galeuscat? Não foi a actual direcção...
Tens razão, moledo. Galeuscat foi já com Beiras. Mas eu lembro que se armara uma boa polêmica. E que havia um sector que defendia uma aliança com ERC e EA. Também que a Galeuscat que se queria recuperar era a da II República, com um espírito de agrupar ao nacionalismo não espanhol. Falava-se também de Europa e do espírito da Carta de Brest, lembrada estes dias com a homenagem ao Foz.
Os objectivos da Declaração de Barcelona não são os mesmos que a simples coligação tripartita actual. Tampouco a situação política desses partidos é a mesma agora que na altura. No caso do PNV e CiU mudou radicalmente, tanto nos parlamentos autonómicos como no espanhol.
O BNG necessita urgentemente de assambleias (reais, não as burocráticas) para definir muitíssimas questões. O que se pretende com Galeuscat seria uma das inevitáveis.