Piden a súa intervención ante a "situación de censura" detectada na canle pública, e lembran que son o partido maioritario do país.
O PPdeG presentou este luns por medio do seu secretario xeral, Alfonso Rueda, unha queixa ante o Valedor do Pobo para requirir a súa intervención ante a "falta de neutralidade e veracidade" e a "situación de censura" detectada na TVG.
Os populares bótanlle a culpa desta situación á dirección "sectaria", que din está "ao servizo" dos intereses das formacións que sustentan o Goberno, PSdeG e BNG, e non aos "magníficos profesionais" da canle pública.
Rueda lembrou a condición do PPdeG como formación maioritaria do país, polo que solicitou que se "respecte a pluralidade e a representatividade que os galegos lle deron cos seus votos". Xa que logo, solicítanlle ao Valedor que lle recorde ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, os seus "deberes constitucionais e legais", para que a TVG "sexa imparcial e obxectiva".
Situación que antes criticaban PSdeG e BNG
O escrito presentado está acompañado de "máis de cen folios" que "acreditan", segundo Rueda, o "tratamento tendencioso" da Galega. Preguntado por se esta situación é a mesma que criticaban PSdeG e BNG cando eran oposición, o secretario xeral do PPdeG rexeitou pronunciarse sobre "o que fagan outros".
No entanto, para solucionar a situación de "falta de pluralidade" do ente, Rueda suxeriu que "sería un bo punto de partida" que os tres grupos políticos pactasen que o Parlamento, e non o presidente da Xunta como acontece na actualidade, nomease o director da CRTVG, algo que, recordou, figura no pacto de goberno de PSdeG e BNG.
Ha ha ha, Se é que dende que non está Urdarci, a tv soio di mentoiras, que o saibades todos, o do M11 foi o PSOE mais ETA ha ha ha...
Estes do PP que chistosos me son... pero claro teñen que facer algo pois vanlles a chegar xuizos por todo-los lados de corrupción e xa teñen que ir preparando a defensa, e como non "TODOS MENTEN"...
Que Telegaita es un tugurio al servicio del bipartito ya quedó claro tras el lamentable episodio de manipulación protagonizado por el segundo de Anxo Quintana (el tal Antoñito Losada).
Pero claro, ellos, los progres, se tienen en gran consideración a sí mismos y por naturaleza progre, ellos nunca manipulan.
¡Jajaja! Y encima se lo creerán...
Levamos tres anos carroñero vos levadeches 18 y foi denigrante, por a etapa negra da TVG. Esquenzamola.
Queremos comunicarvos que o 21 de Xuño vindeiro ás 21 horas vai ter lugar oi I Serán Ramón Cabanillas en Cambados que vai constar de tres partes:
1º.- Actuación dos grupos de gaitas de Cambados (máis menos de 21 a 23 horas).
2º.- Actuación de Orfeón Treixadura Gaiteiros (máis menos de 23, 30 a oo,30 horas
3º.- O rematear Serán libre o pe do monumento a Ramón Cabanillas.
Non vai faltar mexilóns, empanada, polvo e albariño.
Agredecemos a divulgación, achegamos cartel anunciador.
Grazas anticipadas e un saudo.
Máis información en http://www.unhagrandechea.org....
E eu pregúnto-me: QUE TAL LLE SENTA AOS PPAIFOCOS A SUA PROPIA MENCIÑA?
PENA Q NON SEXA VELENO!!!!
Eu flipo co GAVI e que non ten mais idea que ista... ha ha ha
¿Gavi como o BNG pode manipular unha TV se nensequera na actualidade ten representantes no consello consultivo? ha ha ha e mesmo o SR QUINTANA renunciou a sair na mesma tv ao ver ao inicio da lexislatura que mesmo en declaracións publicas non se presentaban os reporteiros.. ha ha ha
Como decia no primeiro comenterio TODOS MENTEN, de feito GAVI nolo confirma...