A Xunta sairá do padroado dos 34 entes creados polo anterior executivo. En troques, o departamento de Suárez Canal manterá os centros comarcais.
A disolución das fundacións comarcais, unha das promesas do bipartito, vai ser unha realidade co remate da lexislatura. O conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, compareceu este martes diante dos medios de comunicación para anunciar que o seu departamento sairá dos padroados das 34 fundacións que existen na actualidade. Sen o financiamento económico da Xunta, estes entes creados pola Xunta de Fraga (e no que participan concellos e asociacións) terán que manter o persoal con fondos exclusivamente municipais ou optar pola disolución.
Mais os cambios que vai anunciar Suárez Canal van máis aló. O conselleiro nacionalista tamén explicou que eliminará a Sociedade de Desenvolvemento Comarcal de Galiza. Porén, neste caso, os traballadores, tanto fixos como temporais, serán recolocados nos vindeiros meses noutros organismos como o Agader ou o Bantegal.
Suárez Canal inistiu en que a Sociedade Comarcal e as fundacións estaban a duplicar os servizo que xa presta tamén Agader. De feito, o conselleiro xustificou que se mantivese o ente até o final da lexislatura porque moitas das fundacións estaban xestionando até o de agora fondos europeos.
O que si quere manter Medio Rural é a tutela dos quince centros comarcais. Dende este departamento subliñan que no seu momento supuxeron un forte investimento e sosteñen que poden aproveitarse os inmóbeis para darlle servizos ás comarcas.
O Parlamento terá que reformar logo do verán a Lei de Desenvolvemento Comarcal, aprobada en 1996, para que, acto seguido, a consellaría poida proceder ás simplificacións de organismos. Máis aló do aforro económico, Suárez Canal destacou que o resultado serán uns instrumentos de goberno máis eficientes.
Parabéns a Suárez Canal, hai que botar por terra as estruturas dos caciques.
Agardo que os carronheiros que se botan ao pescozo por outras decisións saian felicitando a S.Canal e ao resto do seu equipo :)
Os meus parabéns á equipa de Medio Rural. Unha estocada aos caciques!!
Eu tamén me sumo aos parabens a Suarez Canal, penso que é o mellor Conselleiro da Xunta, pola confianza que inspira nas suas decisións, pola maneira que ten de explicar os proxectos, e sobretodo polos cambeos estructurais que esta a facer no medio Rural. Parabéns.
Moi ben, xa era hora. Había que rematar xa con esa rede do Opus Dei que fundou Andrés Precedo Ledo e Fraga. Parabéns a Suárez Canal.
O mellor conselleiro, Qué bon! só lle falta saber algo do campo, da lexislación, de desenvolvemento rural, etc. É un bo plantador de pinos, como Franco, por exemplo.
E respecto ás fundacións, se necesitou tres anos para fulminalas... estivo de vacacións? enterouse agora da súa existencia?
Peniña auténtica dan el e a sua equipa.
O mellor Conselleiro da xunta de Galiza e sacándolle moita vantaxe ao segundo. Agora sinto unha ledicia tremenda por ver que esos neo-caciques das fundacións coma por exemplo a da Comarca de A Ulloa se lles corta a billa que os enchía de cartos a eles e aos seus amiguiños. A poder ser que a reubicación desta xente lles cause tanta dor como a que eles causaron aos que non eran afíns e que aprendan dunha vez o que custa gañar os cartos.
Noraboa señor Canal.
Parabens ao conselheiro. O único que trabalha com a vista no futuro da Galiza além dos interesses do partido. Afronta uma conselharia em ruinas, mas está a sementar excelentes políticas a longo prazo.
Tem a coragem de manter-se ergueito. Com opositores até dentro do bng. Por algo é.
Asi poderan montar mais "chirinjitos" cos cartos que aforran. Touriño, convoca eleccions xa! que nos quedamos sos
E cál é o segundo? Fernando Blanco!? qué bon! un planta pinos e o outro aeroxeradores! Qué políticas máis innovadoras! nunca tal se viu! en 5 anos este país non o coñece nin a súa nai, se Castelao levantara a cabeza!
Si quisiéramos eliminar las estructuras caciquiles, Suárez, el culpable de los incendios, el embustero que habló de tramas inexistentes, debería ser el primero en abandonar su puesto.
Qué ganas tenemos algunos de que el Tribunal de Cuentas empiece a investigar a este departamento de la Xunta...¡¡¡no van a dar abasto!!!
ha ha ha
Oes Gavi saente solas ou as pensas??? cad vez que che leo partome o cu e non sei coma facer porque mo paso tan ben que teño que seguir a lerte.
"Si quisiéramos eliminar las estructuras caciquiles, Suárez, el culpable de los incendios, el embustero que habló de tramas inexistentes, debería ser el primero en abandonar su puesto."
SUAREZ EL CULPABLE DE LOS INCENDIOS... ¿Entón tamén será o culpablede que o ano pasado non os houbera e que a superficia queimada batirara records de minimos? ha ha ha
TRAMAS INEXISTENTES... Coma motobomabas que non se empregaron porque alcaldes non o quixeron (AHHHHHHHHH PERDÓN NON ERAN OS ALCALDES, ERAN OS SUBALTERNOS POSTOS A DEDO) ha ha ha... partome o cu...
E que mais falta...
""Qué ganas tenemos algunos de que el Tribunal de Cuentas empiece a investigar a este departamento de la Xunta...¡¡¡no van a dar abasto!!!""
HA HA HA, ¿SUPOÑO QUE DIRAS QUE IGUAL QUE CO CASO DA CIDADE DA CULTURA ? ha ha ha ha ha
GAVI QUEREMOS UN FILLO TEU, que se nos abandonas non temos de quer rir... ha ha ha
Dogma, esquece-o fai favor...que o unico que quere e que lhe respostem...Deixa que ouve-e ele sozinho, ja o deixou o Celso A. Caccamo no seu sitinho e nom ousou dizer rem (coma tantas vezes que se pretende dialogar com esse "ente"..ele ronha e insulta ou fai-se o insultado -nom procura outra cousa com a sua total falta de respecto e de educazom- cando a gente se lhe fai um juizo de valor encol da sua opiniom (ele sim que gosta "cagarse nas "puneteras" nais dos outr@s", etc etc)...Nom ha nivel pra debater, tam so xenreira, falsidade e tristeiros orneios de impotencia...Esquezamo-lo (o nom ter educazom pode nom ser unicamente a sua culpa)...Ja cansara...Obrigado
Os meus parabéns.Xa era hora de rematar con semellantes medios de manipulación e "amiguismo" sustentabel.