Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACORDO

Jove, Campo e Jacinto Rey alíanse con Ence para pelexar polas concesións eólicas

O acordo empresarial, que se presentou no último día de prazo, propicia a saída de Ence fóra de Pontevedra.

Europa Press / Redacción - 22:15 17/06/2008

Os empresarios Manuel Jove, ex presidente de Fadesa; Jacinto Rei, presidente do Grupo San José; e Epifanio Campo, dono de Cerámica Campo, pecharon un acordo co grupo Ence para constituír unha empresa e optar ás concesións que a Xunta vai repartir nos vindeiros meses.

A nova sociedade ten previsto construír unha papeleira en Galiza que permita pechar o ciclo produtivo e proceder ao traslado de Ence fóra da ría de Pontevedra antes de 2018. O municipio das Pontes xa anunciou que estaba disposto a albergar a polémica factoría.

O empresario da Laracha Epifanio Campo e o pontevedrés Jacinto Rey, que amasan dúas das maiores fortunas de Galiza, lograron finalmente entenderse pese a que hai poucos meses romperan os negocios que compartían no grupo enerxético Gaelsa, que promove Manuel Jove.

Por outra banda, tamén opta ao concurso eólico Banco Pastor, que presentou a súa proposta asociado con Gas Natural e coa empresa galega Alen Ingeniería. Fontes que participaron neste proxecto destacaron a Europa Press que Banco Pastor e Alen achegan a parte galega desta proposta e fixeron fincapé na "solidez financeira" da cal dota ao proxecto o banco galego e en que Gas Natural é "líder no sector da enerxía".

Outras entidades financeiras, como Caixanova e Caixa Galicia e outros grupos empresariais galegos tamén pelxan polos novos parques eólicos que permitirán que Galiza conte no ano 2012 cunha potencia de 6.500 megavatios.

Industria quere resolver en outubro o concurso
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, asegurou na tarde deste martes que a intención do departamento que dirixe é resolver o concurso eólico para adxudicar 2.325 megavatios "en tres ou catro meses" e sempre antes de outubro, e resaltou a importancia de todos os proxectos presentados tanto no ámbito enerxético como no terreo industrial.

Fernando Blanco recoñeceu a importancia de que os empresarios Manuel Jove, Jacinto Rey e Epifanio Campo lograsen constituír unha empresa con Ence para poxar no concurso eólico, xa que iso favorecerá a construción dunha papeleira en Galiza que permita trasladar Ence fóra da Ría de Pontevedra, que recordou que é "non só un compromiso político do Goberno, senón con esa cidade e co conxunto de Galiza".

Porén, subliñou que "todos os proxectos", dos "moitos e moi importantes" presentados ao maior concurso de megavatios eólicos da historia de Galiza, teñen trascendencia porque permitirán que "nun período de crise, Galiza conte con proxectos industriais con capacidade de xerar actividade económica e emprego".

Ademais, Fernando Blanco indicou que "o abano moi amplo" de aspirantes permitirá que o país entre en sectores nos que até o de agora non está presente, como a aeronáutica, aínda que evitou concretar que empresas lideran este plan en concreto. En todo caso, insistiu en que os proxectos abranguen dende a I+D+i, até a gandeiría ou o sector industrial e o naval.

O obxectivo da Consellería de Innovación e Industria é axilizar os prazos de resolución do concurso eólico, de forma que non se cheguen a esgotar os seis meses que permite a orde de convocatoria, para isto reforzouse o persoal destinado a avaliar os proxectos presentados.

Fernández Antonio: “Proxecto estratéxico”

Preguntado respecto a que Jove, Campo e Rey lograsen pechar o acordo con Ence para concorrer ao concurso eólico, o conselleiro de Economía, José Ramón Fernández Antonio, sinalou que deben ser os promotores desta alianza estratéxica os que detallen os pormenores, pero destacou que se trata dunha operación "impulsada polo Goberno galego" porque é un proxecto "estratéxico para Galicia e para o desenvolvemento da súa industria forestal e enerxética".

En declaracións a Europa Press, Fernández Antonio fixo fincapé en que se trata dun "proxecto sólido e estratéxico que permitirá cumprir o compromiso de trasladar Ence fóra da ría de Pontevedra", que recordou que é unha das promesas do Goberno recollida no pacto do bipartito entre socialistas e nacionalistas.

Ao seu xuízo, a constitución da empresa conxunta con Ence e de capital maioritario en mans de empresariado galego supón "un paso determinante" para conseguir pechar o ciclo do papel en Galiza. "O Goberno animounos a presentarse ao concurso eólico porque teñen un proxecto estratéxico dende o punto de vista forestal e enerxético que foi callando e evolucionando de forma positiva", recalcou Fernández Antonio.

O responsábel de Economía manifestou o seu convencemento de que o proxecto de construír unha papeleira en é "viábel, positivo e rendíbel" para Galiza. Aínda así, apuntou que os propios empresarios serán os que deban decidir a situación do novo complexo papeleiro, xa que á Xunta o que lle corresponde é "fixar as condicións ambientais".



2,54/5 (13 votos)


Comentarios (25)

Atlantico #1 17/Xuño/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ou sexa, que seguimos cos eucaliptos e por ende cos incendios. E ainda por riba co pais cheo de aeroxeneradores que exporten enerxía ó pais veciño.

Moltres #2 17/Xuño/2008 Moltres
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aí carallo aí, xuntouse a gana coa gana de comer. Tres grandes do ladrillo, da tella e do bloque deitados coa que moitos que agora están no goberno lle chamaban "a cheirona". Todos contentos. Neste país ninguén perde, agás a clase traballadora. Se hai 10 anos alguén escribe esta comedia todo o mundo diría que é ciencia ficción

mceleiro #3 18/Xuño/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estes andam ao que andam. Alguém leu o que diz o Fernando Blanco?

Em duas palavras IM-PREZIONANTE! Vivam os monopólios depredadores!!!

Como para cruzificá-lo nas aspas dum aerogenerador.

Atlantico #4 18/Xuño/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Só poden facer algo peor, un pecado, darlle xigavatios os impresentables de Fenosa e Endesa, os que expoliaron As Pontes e expolian as centrais hidroelectricas para leva-los beneficios a Madrid.

Pero por qué non imitan a Navarra, onde a émpresa eolica é publica e non teñen porque expoliar o seu pais.

xardon #5 18/Xuño/2008 xardon
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

a política forestal nas mans de quen apenas pretende o lucro en base a unha materia prima xerada no detrimento da nosa ordenación territorial e da nosa planificacións ambiental. Algús esquecen (seica é o que lles toca sufrir, pobriños) que eses "nosa" significan do pobo e pró pobo, e aí a variante "interese de ence e do empresariado autóctono no alcolito" non encaixa nin pra tras... rir por non chorar e ao carallo!

Jatopardo #6 18/Xuño/2008 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Como era iso de "Galiza non se vende"?, ¿Non se vende? xa, xa...

Na miña zona (Ría de Muros e Noia) van ter que empezar a poñer muiños nos tellados das casas porque nas montañas xa non caben máis.

Atlantico (4) pos como exemplo de desenvolvemento eólico a Navarra. Ao mellor si ollas esta páxina xa non pensas así: http://www.gurelur.org/eolica....

Troita_de_pe #7 18/Xuño/2008 Troita_de_pe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ah, pero non estabamos enerxéticamente colonizados? cómo era aquel conto?
Jové, Campo.... e toda esa tropa? agora falan galego? eu quero tamén que me dean unha concesión que son moi autóctono e quero forrarme e pasarlle finanaciación ao BNG para seguir forrándome mentres eles pintan estreliñas de azul...

maruxo40 #8 18/Xuño/2008 maruxo40
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se sae ben, unha operación intelixente e redonda; e aínda así... en fin, aquí algúns non inventaban o lume por medo a queimarse.

Jatopardo #9 18/Xuño/2008 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Si, si, a operación é redonda, de aquí a uns anos, en vez de árbores imos ter o monte cheo de muiños e entón farase realidade a famosa predicción de George Bush, "se cortamos as árbores acabaranse os incendios forestais". Vemos que ao final as prediccións do bo de Xurxo crean escola.

opeisano #10 18/Xuño/2008 opeisano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois eu creo que o empresario máis intelixente desta nazón de Breogán é don Jacinto Rey. Primeiro fai cartos a moreas con San José na construcción. Agora que o o cemento non vai tan ben, refúxiase nun negocio redondo que é o enerxético. Por se fora pouco, fai unha xogada que habería que estudar nas universidades: pecha o ciclo aliándose con Ence. Así xa ten papel máis barato para o periódico do que é dono.

Polo resto, claro que prefiro que encha Rey, Jove e Campo os petos ca que o faga Endesa e Fenosa (aínda que digan que o capital nin ten corazón nin patria). Pero, estando como está o Bloque no poder, nós non apostabamos por uns recursos naturais públicos. Non podía Industria constituír unha sociedade pública onde a Xunta tivese a maior parte das acciós?

ulo #11 18/Xuño/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por certo, non fai tanto, hai un ano aprox, Jacinto Rey fixose accinista maioritario de.... A Nosa Terra.
Dime con quén andas, e che diréi quen eres.

condedecotobade #12 18/Xuño/2008 condedecotobade
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Home por poder, a Xunta pode crear unha sociedade pùublica para o eólico. O que non teño tan claro é que poda ter o monopolio dos parques eólicos. Quero dicir, a empresa pública tería que concorrer coas privadas neses concursos (penso, non o sei seguro) co cal tampouco tería moito sentido.

botanico #13 18/Xuño/2008 botanico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aínda que os benefícios da especulaçom eólica recaiam agora em empresários com morada na Galiza (os benefícios vam ser privados, assim que nada de "fazer país"), o possível impacto sobre a biodiversidade pode ser irreversível. E isso nom se amanha aínda que cedessem o 100% dos seus benefícios à Junta.
O que me parece vergonhento de todo é o facto de que nom fossem quem de planificar estes novos parques entre o Patxi e mais o Fernandinho Blanco. Umha outra consequência de termos dous governos paralelos.
http://www...

mceleiro #14 18/Xuño/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Não sei se alguém reparou que centos de projectos de eólicos estão localizados em montes que arderam quando houve o cámbio de governo. Aqueles incêndios provocados por pepeiros resentidos....blablabla...culpa de Suarez Canal....blablabla....casualidades....blablabla....

Deve de ser uma extranha forma de reforestar.

xoca #15 18/Xuño/2008 xoca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non sei se os do BNG esqueceron que o capital non ten fronteiras.
Para fecer esta política non fai falta un Conselleiro da UPG, pode facela calqueira.
Supoño que esta escena de cama do Blanco con Jove, Rey e Campo a veremos no cine dentro de pouco.

alog #16 18/Xuño/2008 alog
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Prefiro a estes señores que aos endesos, entracanales e demaís. Confió en que as licencias estén vinculadas a unha forte inspección ambiental e paisaxista, ademáis do proxecto industrial... e bueno os que están en contra so digo unha cousa, ou seguimos sendo petroleodependentes, ou consumimos un 50% menos -e dicer algo casi imposibel no noso pais- ou temos que ir a estes sistemas. Que non son perfectos, iso xa o sabemos, pero supoño que será mellor esto que ter dous centrais termoelectricas que producen mais co2 que toda a republica checa xunta... E si a rendabilidade quedase eiqui mellor que en Madrid. Por certo habera que ir-lle dicindo o Jacinto que poña a funcionar a sede social en Santiago e se deixe de tanto Madriz...

Atlantico #17 18/Xuño/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se todo eso está moi ben, pero alguén se cree que necesitamos semellante burrada de Xigavatios, non hai que enganarse, a maior parte desa electricidade vai ir para Madrid, para non ter que mercar eles o barril a 140 dolares.

ecoe #18 18/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ai sí, sí. Confía!

E sobre todo que non presionen ás eólicas concedendo terreo limitado en extensión, propiedade e tempo, a fin de que diseñen máquinas que fagan o mesmo mais dividindo o seu número por 10, poñamos por caso.

Dogma #19 18/Xuño/2008 Dogma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Somos do mundo onde todo está mal por algo, que lle imos a facer nunca chove a gusto de todos, pero o que si teño claro é unha cousa, O NEGOCIO ELECTRICO EN GALICA EXISTE DENDE SEMPRE, PERO PARECE QUE ESTA VAI A SER A UNICA VEZ QUE LLE QUITEMOS PROBEITO, E ¡ALGUEN PENSA QUE OS PARQUES NON SE IAN A CONSTRUIR? SE NON OS APROBA A XUNTA OS APROBAN DENDE MADRID POR ORDE DE URXENCIA QUE HAI QUE CUMPLIR CON KIOTO...

mceleiro #20 18/Xuño/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ah, Dogma, iluso! Tu ou eu vamos sacar proveito? Os de sempre, amigo. Os galegos de a pé não veremos um cão.

Por aprovar-se em Compostela já deixa de ser colonialismo? Que mais tem assassinato ou suicídio. Ambos são morte.

O problema não é criar parques eólicos. O problema é o onde e o como. A gestão dos mesmos e os monopólios mafiosos desta gente.

Galiza não é Castela (Núcleos cada 30 km e entre eles território vácuo, montes desertos), na Galiza entram em conflito com outras actividades produtivas, roubam montes de mão-comum aos vizinhos, destroçam ecosistemas e paisagens únicas, e não deixam nada de dinheirinho nesta Terra.

O de sempre, o lucro para eles, a merda para nós.

Tragas com muita facilidade. Deverias de fazer zoom no escudo do teu avatar e ler a legenda.

Dogma #21 19/Xuño/2008 Dogma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ver non veremos un can coma dis....
Pero ...
1º Dende logo as comisións, e taxas van quedar aquí, que xa non se perden no camiño dende Madrid a... ¿?¿?

2º Calquera empresa estranxeira que os quera non terá que facer en compensación factorias nin en Madrid nin en Cataluña, que se terán que facer "aqui".

Asi que ver non veremos un "can", pero probeito lle sacamos home.

lura #22 20/Xuño/2008 lura
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

patético...

ecoe #23 20/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aquí non hai que facer nada, que os dereitos serán SEMPRE en Madrí, onde se corta o bacallau gordo, e menos si se tira, do saco de desaparecer, unha lei por exemplo supramunicipal ou como lles pete facer.

Ademáis unha vez pillado o negocio, multiplícase o seu valor por cen e antes de un ano VENDEN a unha xaponesa, ou ianque ou da Conchinchina e asunto feito, cartos pró meu caixón. Ésta é a vaca de munxir no €$tado, pois!

Ou non é?

Troita_de_pe #24 20/Xuño/2008 Troita_de_pe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Fernando Blanco e o seu grupo político son uns traidoeres e uns impresentabeis. Para qué queremos producir máis electricidade? para as luces de nadal dos madrileños e vascos? que poñan os muíños na Sierra madrileña. Acaban co país e punto. Ademáis de putas poñemos a cama?
Qué conquiren? que o de sempre, Jové, Campo e Rey financien o BNG e os seus chiringuitos. Punto.

Barcelos #25 22/Xuño/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os Caciques alíanse co vertedoiro de Galicia. Cheiran o diñeiro como voitres.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: