Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ENERXÍA

A Federación Ecoloxista considera que o Plan Eólico é "inasumíbel" ambientalmente

Sostén que os proxectos poñen en perigo espazos naturais de gran importancia e critican á Xunta por non ter minimizado os riscos.

Redacción - 19:00 19/06/2008

A Federación Ecoloxista Galega di que o Plan Eólico de Galiza é ambientalmente “inasumíbel”. A FEG, que agrupa a 16 colectivos do país, tamén critica á Consellaría de Industria e á de Medio Ambiente por non ter consultado cos ecoloxistas os proxectos.

Dende á coordinadora ecoloxista consideran que as consecuencias poderían terse minimizado de “terse presentado, aprobado e consensuado, antes de repartir e asignas ás empresas os novos territorios de estudo, unha cartografía de exclusión definida por estritos criterios ambientais.

A FEG denuncia que algúns dos novos parques van ocupar terreos de zonas limítrofes á Rede Natura e “destruirán hábitats esenciais para numerosas especies ameazadas”

Poden ampliar esta información no Canal Verde


4,4/5 (20 votos)

Comentarios (15)

mceleiro #1 19/Xuño/2008 mceleiro

«A FEG denuncia que algúns dos novos parques van ocupar terreos de ZONNAS LIMÍTROFES á Rede Natura e “destruirán hábitats esenciais para numerosas especies ameazadas”»

ZONAS LIMÍTROFES??????????

Este parque eólico está TOTALMENTE dentro da Rede Natura 2000, LIC Ancares-Courel.!!!!!!!!!!!!!!!!


Resolución de 31 de mayo de 2007 por la que se autorizan las instalaciones electromecánicas, se aprueba el proyecto de ejecución, se declara la compatibilidad con los permisos de investigación San Gil 5675, Oribio 5817, y con la solicitud de concesión de explotación Ampliación a Vetusta 5667, se incluye en el régimen especial de producción de energía eléctrica y se declara la utilidad pública, en concreto, de las instalaciones del proyecto del Parque Eólico Serra de Oribio situado en los ayuntamientos de Samos y Triacastela (Lugo), promovido por Fergo Galicia Vento, S.L. (Expediente 071/EOL).

http://www.xunta.es/Doc/Dog200...



Esta é a declaração de impacto ambiental:
http://www.siam-cma...

Resumo algumas pérolas:

« 2.4.1. Sobre a fauna.

1. Para levar a cabo os labores de corta e roza de vexetación escolleranse datas fóra das épocas de nidificación e cría da fauna máis sensible a este tipo de actuacións, que se determinarán en función do inventario faunístico incluído no estudo ambiental, implementando en todo caso as medidas necesarias para non alterar a fauna.

2. No caso de que nas vías de acceso sexa preciso instalar pasos canadenses para impedir o paso de gando, deberán adoptarse medidas que posibiliten o escape dos pequenos vertebrados que poidan caer ao foxo, que poderán consistir, sen prexuízo doutras igualmente efectivas, nunha rampla de subida ou facer o foxo cun ou os dous laterais abertos.

3. Respecto á avifauna e aos morcegos, realizaranse comprobacións periódicas que permitan determinar a existencia ou non de afeccións sobre os seus efectivos poboacionais e detectar cambios no comportamento e usos do hábitat producidos pola instalación e/ou presencia dos aeroxeradores. Para tal fin, levaranse a cabo os plans de seguimento de avifauna e quirópteros propostos no estudo de impacto ambiental.»

«3.1. Sobre a integración paisaxística.

1. Co fin de compensar a incidencia visual do parque eólico, adoptaranse as medidas compensatorias propostas polo promotor e consensuadas coa Dirección Xeral de Turismo, destacando as relativas ao pintado das torres dos aeroxeradores con motivos do Camiño de Santiago, implantación de pantallas vexetais naqueles puntos onde teña lugar o impacto visual da obra proxectada e adecuación dunha sala como aula didáctica da enerxía eólica, entre outras.»

Fotos de onde o Fernando vá plantar aerogeneradores:

http://bp0.blogger.com/_RGX1UY...
http://bp1.blogger.com/_RGX1UY...


Mais informações:

http://triacastelaviva.blogspo...


PD: Curiosa a forma dos administradores de Vieiros de rapidamente substituir as notícias que colgam.

simplemente #2 20/Xuño/2008 simplemente

Estou canso, moi canso que os administradores de Vieiros non fagan máis que enmudecer o traballo de ADEGA, parece que nunca fan nada, e en cambio cando a feg ou os verdegaios, fan calquera chorrada aparecen amplamente neste espazo informativo.

Máis democracia inforamativa é o que fai falla.

Xos #3 20/Xuño/2008 Xos

Parece que non se pode facer nada, o petróleo é malo, as nucleares nin de coña, e agora resulta que Galicia non lle pode sacar partido ao sector eólico. JODER, pois vamos listos. Haberá que escoller ben os sitios, pero caramba, o sector é necesario, ou ¿como carallo queremos loitar contra o cambio climático?.

Ademáis, tampouco se poden facer piscifactorías, ja ja ja

Reboredo #4 20/Xuño/2008 Reboredo

E as medidas correctoras do impacto sobre a paisaxe son para rirse dun na sua mesma cara?

3.1. Sobre a integración paisaxística.

1. Co fin de compensar a incidencia visual do parque eólico, adoptaranse as medidas compensatorias propostas polo promotor e consensuadas coa Dirección Xeral de Turismo, destacando as relativas ao pintado das torres dos aeroxeradores con motivos do Camiño de Santiago, implantación de pantallas vexetais naqueles puntos onde teña lugar o impacto visual da obra proxectada e adecuación dunha sala como aula didáctica da enerxía eólica, entre outras.

Brais #5 20/Xuño/2008 Brais

Simplemente, eso de que non sae Adega...Fins Eirexas sae máis veces en Vieiros ca Rodríguez de la Fuente na TVE de Adolfo Suárez

Jatopardo #6 20/Xuño/2008 Jatopardo

¿Queresme dicir, Reboredo, que todo o que van facer estes impresentables políticos galegos será pintar os muiños coa cara de Peregrín e poñer catro árbores diante para tapar o aeroxenedor? Supoño que importarán secuoias xigantes de California, cun mínimo de 500 anos de antigüidade, porque para tapar un muiño fai falta moita árbore de dios.

¿E as innumerábeis carreteras coas que cortan as montañas para comunicar os muiños va facelas baixo terra tipo Metro de Nova Iork?

¡Pero que cachondos son estes da Xunta! mexan por nos e enriba tómannos por parvos.

Non quero deixar pasar a ocasión para lembrar que nestes intres, Galiza xa exporta case a metade da electricidade que produce. ¿Imos seguir destruíndo a nosa terra para proveito duns poucos e que en Madríd teñan luz a cambio de esnaquizar os nosos montes e montañas?

carlosroca #7 20/Xuño/2008 carlosroca

Hai superar a fase infantil da consigna.....

Jatopardo #8 20/Xuño/2008 Jatopardo

Sobre Adega teño que dicir que acabo de entrar na súa páxina http://www.adega.info/ e vexo que non teñen ningunha noticia sobre esta subasta que está a facer a Xunta de Galicia dos montes galegos para maior gloria das eléctricas.

Será que o tema non lles interesa ou é que están dacordo co Plan eólico?.

Espero que non sexa esto último.

Jatopardo #9 20/Xuño/2008 Jatopardo

Foi falar carlosroca, pois non será que ti presentes moitos argumentos na túa mensaxe. Xa sabes, a predicar co exemplo.

carlosroca #10 20/Xuño/2008 carlosroca

Para intervir sobre a realidade hai que partir dela, non inventarse mundos e despois aplicar consignas.

Eis o labor do BNG no goberno, intervir na realidade e como pode. E se pode apoiar ou criticar, pero aplicar consigna en base a mundos irreais non. A demostración é que da consigna non se pasa a política e acción pública , queda en grupiños e chirinbguitos de autosatisfeit@s infantis e automarxinalizados.

mceleiro #11 20/Xuño/2008 mceleiro

Sobre o comentários que sairam sobre Adega, há que dizer que há na organização pessoas com uma trajectória e um trabalho ao longo dos anos que não se pode pêr em causa. Pessoas com uma adicação do seu tempo livre e uma generosidade que não só merecem todos os respeitos, senão o agradecimento eterno dos galegos. Pessoas como por exemplo, Daniel Vispo, mereceriam um monumento.

Esquecer aos membros de Adega e quando de fala de Adega "abstracta" é um bocadinho injusto.

Mas trás do bipartito, o BNG está tentar meter as suas sujas mãos em Adega, tentando calar e matipular esta organização. Deve ser que as Conselharias emitem extranhas radiofrequências que criam interferências na Delegação Nacional de Adega em Compostela.

Os poucos activistas estão tão saturados de trabalho no país das mil desfeitas como para preocupar-se em atingir os temas dos que "desde dentro" não se importam.


Há que sumar esforços entre as diferentes associações ambientalistas e deixar-se de guerras entre elas.

mceleiro #12 20/Xuño/2008 mceleiro

Xos, não confundas.

O ecologismo revindicou desde sempre energias limpas. Entre elas a eólica. Mas não ao chou. Eólica sim, mas racionalmente.

Na Catalunha há eólicos. Mas não no Monserrat. Extranho, não é?
Placas solares cubrindo a fachada da Catedral de Santiago?

Não se pode confundir.

Mas uma coisa é instalar eólicos e outra QUANTOS, ONDE e COMO.

Na Galiza, terra das minicentrais, supercentrais, térmicas e eólicos, há aldeias que ainda não têm electricidade a 220v. Extranha política energética.

A electricidade vai a fora da Galiza a DESPILFARRAR-SE. Foder o nosso património natural para que brilhem luzes de Natal. Gastará-se em milhões luminárias alumeando toda a noite no meio da nada.

A actual produção elétrica da Galiza, tendo em conta o imenso consumo que é a fábrica de alumínio de Alumina em São Cibrão, dá para cubrir as nossas necessidades actuais e a meio prazo. Ainda tendo excedente que vai para fóra. O Estado Espanhol, por exemplo, fornece desde a Galiza o 28% da electricidade que consume Portugal, sem nós recibir nem directa nem indirectamente um euro do lucro que isso produz. Porque entre outras coisas, o sector eléctrico é privado. Somos uma colónia energética.

Está a aumentar-se exponecialmente o consumo eléctrico para justificar inversões no sector energético, demandas muitas vezes falsas que são um "pelotazo eléctrico" ao jeito do "pelotazo imobiliário" bem conhecido por todos.

As políticas de aforro ou optimização duma rede eléctrica com umas perdas de energia no seu transporte brutais ficam bem longe dos projectos dos politiquinhos-empresários.

Outro problema, são as concessões. Estão-se a dar a autênticas máfias, que pressionam aos vizinhos, compram aos políticos e roubam todo o que podem, baixo umas condições que simplesmente não podem (devem) ser.

Jatopardo #13 23/Xuño/2008 Jatopardo

E absolutamente certo que o traballo que fan os membros de Adega é impagábel e xa nos gustaría que houbera moita xente máis como eles. Por iso, dá máis pena se cabe ver como algúns politicastros ben mantidos intentan meter as súas pezuñas na emblemática asociación ecoloxista galega para taparlles a boca e que non denuncien as múltiples falcatruadas que están a facer, empezando polo Plan acuícola, seguindo polo eólico, e por suposto pasando polas canteiras a tutiplé, e sen esquecerme do nulo respecto a especies como o lobo ou o raposo ás que permiten cazar para que catro escopeteiros podan matar por matar.

Estes son os que intentan meter as mans no ecoloxismo galego, para intentar taparlles a boca, por suposto.

ecoe #14 24/Xuño/2008 ecoe

e destrozan os valores non só paisaxísticos: o entrelazado de sulcsos naterra destroza toda a superficie, sexan prantas de interese (turbeiras, endóxenas, carnívoras...).

A Consellería -e o Goberniño- non ten capacidade, nin intelectual nin política, para facer fronte ó presente nin ó futuro, só sabe andar para o pasado, para o obsoleto e denostado noutros lugares pioneiros.

É (son) incapaz de salvar TODA A RIQUEZA DE TODO TIPO que os montes agochan en tódolos eidos de valores que se queiran medir.

É unha grande oportunidade -da que son incapaces de axir- de parar a pensar no Territorio, ónde e cómo xerar RIQUEZA PARA TODOS -proxección comunitaria- ó xeito do proxecto presentado polas cooperativas gandeiras capitalizadas (!), mais claro está, CONTRA A MODA IDEOLÓXICA DO MERCADO "LIBRE" ECONÓMICO, cousa que nin soñaron de cativiños.

ecoe #15 24/Xuño/2008 ecoe

Con celeiro e jato

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: