Ignacio González, non elixido por Rajoy para a dirección, e Astarloa, que abandona os seus cargos, principais prexudicados.
A derradeira xornada do XVI Congreso do PP comezou coa primeira reunión do novo Comité Executivo, no que finalmente non se incluíu a boa parte do sector máis crítico. Esperanza Aguirre, que di ser "o verso solto dentro do poema", así o denunciou á entrada. Aguirre dixo que "falta moita xente do partido por integrar". A presidenta do PP madrileño retomou a frase de Gallardón, e asegurou que "agora" é ela "o verso solto dentro do poema", tras configurarse a nova dirección do partido, na que dixo botar "en falta" a "moitas persoas" como Ignacio González, Francisco Selectos, Gabriel Elorriaga, Carlos Aragonés, Manuel Pizarro ou María San Gil.
As queixas de Esperanza Aguirre pola composición da nova dirección do PP suscitaron algunhas reaccións entre dirixentes do partido, entre eles, o ex ministro de Defensa Federico Trillo, quen asegurou que "o que non estea é o que non debeu estar".
En consecuencia, na xornada deste domingo algúns dirixentes deste sector crítico non estiveron presentes nas xuntanzas. Entre eles ausentáronse Ignacio González e Francisco Granados, os "número dous" de Aguire no Goberno rexional e no PP madrileño.
O 21% non votou a Rajoy
Malia a que non se presentaron listas alternativas, Mariano Rajoy conseguiu a cifra máis baixa de apoio para o principal responsábel do PP nun Congreso dende 1990. Rajoy foi reelixido co apoio do 78,8% dos compromisarios acreditados. En total, emitíronse 2.643 sufraxios dos cales 2.187 apoiaron a candidatura de Rajoy, 47 foron nulos e 409, en branco. Sumando as abstencións, as papeletas nulas e os votos en branco, un 21,2% dos compromisarios non aprobou a candidatura do presidente do partido.
O vicesecretario de Comunicación do PP, Esteban González Pons, destacou hoxe que un resultado "case próximo ao 90 por cento deixa ben ás claras o grao de integración que se produciu" no partido. "Ata agora -continuou- non sabiamos cantos apoios ten Rajoy, pero agora xa contamos os votos" e o 84 por cento dos votos emitidos "son de Rajoy, só o resto puidesen ir, se fosen capaces de organizalo, a unha candidatura alternativa".
Ya le gustaría a Quintana tener el 84% de los apoyos en el BNG...
Por cierto, portuguesiños míos, ¿ahora que Portugal está fuera a qué selección apoyáis?
¡¡¡ESPAÑA!!! ¡¡¡ESPAÑA!!! ¡¡¡ESPAÑA!!!
Eu a Alemaña que xa que eliminou a Portugal...
¡¡¡ALEMAÑA!!! ¡¡¡ALEMAÑA!!! ¡¡¡ALEMAÑA!!!
Isto dos PPaifocos é crise ou desaceleración?
E desta volta todos con mais forza para q perda Espanha dunha P vez.
(tivo q ir á prórroga e gañou de chiripa, coma sempre uns ,,chorreros").
Eu, de portuguesiño, nada.
Non sei cántos votos ten Kim no BNG, pero pode asegurar-te que moitos. Hai varias decenas de bandullos agradecidos por pillar moqueta e VISA.
O tema era se o pobre Mariano ten unido o partido ou non. Eu creo que sí, que ten un partido unido que vai perder as vindeiras elecións, incluidas as galegas. Este, o noso pobo, tamén che é moi agradecido co Poder e se non está Manolo Fraga votan a outro, e non pasa nada, caro Gaviotero.
Como non hai dous sen tres, ti berras ¡España! e outro berra ¡Alemaña!. Sen dúbida, un debate de altura.
Supoño que sabes os millóns de euros que vai levantar cada xogador español por gañar a copa esa que está en xogo. Só por esa razón, polo caro que vai resultar, sumo-me á proposta de que retornen canto antes, a ver se aforramos algo neste proceso de crise acelerada.
Mais o interesante é saber qué vai facer Mariano, agora que semella que soterrou a herdanza de José Mari:
1. Venderá Navarra?.
2. Comprará Andorra?.
3. Pactará cos nacionatas periféricos e, incluso, co nacionalismo central?.
4. Aprenderá galego na UNED ou seguirá desprezando a lingua que falaba a leiteira que lles levaba o leite a casa?.
Pobre Mariano. Él pensa que despois do congreso ten medio amañado o tema, e non. Hai tanto cainita e tanta camándula no seu partido que acabarán por lle obrigar a retomar a súa praza de rexistrador en Santa Pola, se é que era alí onde a tiña, porque o de retornar "cual Fraga" a Baviera, pois vai ser que non, que Mariano non retorna a Pontevedra porque él é un emigrante triunfador e se ven de perdedor o cachondeo que se vai tirar todo o Carabela de Pontevedra vai ser total e se vai escoitar en Génova, Italia.
Gaviotero, ti es coma os outros: canto pior, mellor; canto pior vaio todo, mellor.
En fín.
Para os nacionalistas españoles, unha soia palabra que lles desbarata todo:
PORTU-GAL