Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Na súa "xira" europea

Os indíxenas brasileiros reciben o apoio do Papa

Bieito XVI garantiulles a dous líderes das tribos da Raposa Serra do Sol que vai axudar a protexer as súas terras. Esta quinta feira chegaron a Portugal.

Redacción - 10:35 05/07/2008

O papa Bieito XVI garantiu esta semana aos dous líderes indíxenas (Jacir José de Souza, de 61 anos, da tribo Makuxi, e Pierlangela Cunha, de 32, da tribo Wapixana, coordinadora das escolas da reserva Raposa Serra do Sol) que vai facer todo o posíbel para protexer as súas terras, segundo informou a pasada cuarta feira.

Os dous líderes indíxenas foron escollidos polo Conselho Indígena de Roraima (estado do fronteirizo do norte do Brasil) para viaxar por Europa reclamando os seus asentamentos históricos. Están no continente dende o pasado 16 de xuño, e xa visitaron o Vaticano, onde obtiveron este compromiso do líder relixioso: "faremos todo o posíbel para cos axudar a defender as vosas terras", foron as palabras exactas de Bieito XVI.

A campaña Nossa Terra, Nossa Mãe chega a Portugal
Esta quinta feira Pierlangela Cunha e Jacir José de Souza chegaron a Portugal, o país no que termina o seu periplo polo vello continente, para divulgar a campaña de defensa dos seus asentamentos, "Anna Pata, Anna Yan" (Nossa Terra, Nossa Mãe), e denunciar os crimes dos que son albo por parte dos facendeiros que pretenden ocupar as terras.

Segundo dixeron, unha vez desembarcaron do avión no aeroporto de Lisboa, "Portugal pode ser determinante" na súa loita, axudando a que se ratifique a Convención da Organización Internacional do Traballo (OIT) sobre os dereitos dos pobos nativos.

"Temos a convicción de que Portugal nos pode apoiar bastante porque coñece moi ben a nosa realidade. Esperamos a solidariedade da poboación, das institucións e do Goberno portugués para a nosa causa", afirmou após aterrar a delegada indíxena Pierlangela Cunha.

A causa dos indios da Raposa Serra do Sol
A reserva indíxena da Raposa Serra do Sol asistiu durante décadas a unha loita entre as tribos indíxenas e seis grandes facendeiros, que ocupan perto de seis mil hectáreas do territorio e que se negan a saír del, considerando que os indios "atrancan o progreso".

Na segunda semana de Agosto, o Supremo Tribunal Federal brasileiro (STF) debe decidir se é constitucional ou non homologación continua das terras de forma, feita pelo presidente brasileiro, Luis Inácio Lula da Silva, en 2005.
Os delegados indíxenas esixen que o STF ratifique o decreto de homologación e que faga cumprir a retirada dos agricultores, que "alén da violencia e intimidación" desenvolven actividades cun "impacto ambiental altamente prexudicial na zona e nos recursos naturais dos indios".

A reserva Raposa Terra do Sol, de 1,67 millóns de hectáreas, foi demarcada polo Goberno Federal após 30 anos de reivindicacións dos case 19 mil indíxenas das tribos Macule, Wapixana, Taurepang, Patamona e Ingarikó, que habitan na zona.


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Mapa do estado fronteirizo de Roraima, onde se atopan os asentamentos indíxenas de Raposa Serra do Sol
Mapa do estado fronteirizo de Roraima, onde se atopan os asentamentos indíxenas de Raposa Serra do Sol
Captura dun vídeo dos enfrontamentos entre os indíxenas e as facendeiros
Captura dun vídeo dos enfrontamentos entre os indíxenas e as facendeiros
Jacir José de Souza e Pierlangela Cunha na embaixada do Brasil, en Londres
Jacir José de Souza e Pierlangela Cunha na embaixada do Brasil, en Londres