Ocupa un cargo que deixou baleiro Alfonso Guerra hai 11 anos. Tamén fan parte da Exectutiva Federal os galegos Sánchez Bugallo e Carme Silva.
Xosé Blanco no congreso
Nun congreso no que o PSOE teimou en profundar nas políticas sociais, o galego Xosé Blanco foi elixido novo vicesecretario xeral do partido. O até hoxe secretario de Organización do PSOE ascende dentro da formación, ocupando un cargo que deixou vacante Alfonso Guerra en 1997. A donostiarra Leire Pajín ocupará, á súa vez, o lugar que deixa o político galego, exercendo como "número 3" do partido.
Ademais, a última hora da tarde tamén se soubo de dous galegos máis que han pasar a facer parte da Executiva Federal do partido: o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo e a voceira do PSOE no Senado, a viguesa Carme Silva.
Na liña das políticas sociais
Como se escoitou toda esta semana, o PSOE continuou, no seu congreso, na liña de traballo relacionada coas políticas sociais. De feito, un dos puntos máis destacados da xuntanza socialista foi o que falaba dunha "reforma vangardista" da Lei do Aborto, que ha recoller, segundo dixo a vicepresidente primeira do goberno español, María Teresa Fernández de la Vega, "as experiencias máis innovadoras das leis de indicacións e prazos que xa contemplan outras lexislacións europeas".
Aínda que nun comezo a dirección do PSOE non tiña incluído a interrupción do embarazo na relatorio marco, as emendas presentadas polos militantes obrigaron a modificar as previsións, porque é "precisa a revisión e actualización da lexislación sobre o aborto, tras 23 anos da súa entrada en vigor", detalla o texto. De todos os xeitos, pese á apertura, os socialistas descartaron pedir, polo momento, unha lei de prazos, pois podería entrar en discusión coa doutrina do Tribunal Constitucional.
Já, pero vai mandar (aínda máis) em vós e em Tourinho desde a capital do Império.
Aqui estava melhor; nós sabemos que é parvo e em Madrid pensam que os galegos todos somos assi.
En min non creo que mande moito. Sempre o digo, non hai que ter medo a facer limpeza, que leven a éste, os marulos que animan a "roja" e uns cantos milleiros de persoas que estan de señoritos españoles no noso Pais.
Un congreso con resultados contraditorios:
-Por unha banda, tímidos avances en materia de dereitos legais, como no tema do aborto.
-Pola outra, retrocesos en mataria de dereitos socio-laborais, como no caso do eufemístico "flexiseguridade", que non pasa de ser un recoñecemento e apoio a unha maior precariedade laboral e a unha aposta por cargarlle o peso da crise nos hombros dos traballadores.
amoscaesquerdosa.blogspot.com
Parabenizar ao sr Sanchez Bugallo: así xa poderá estender as políticas anti-democráticas q experimentou na Sociedade de Xestión de servizos culturais de Compostela.
A persecución tenaz dos representantes dos traballadores cando kixeron convocar eleccións sindicais, presións, subornos, ameazas e demais tácticas ,,democráticas" fixénoro subir a vde coma a espuma.
Deus nos colla confesados!