Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Dende esta semana

Cabo Verde tamén ten un goberno paritario

Ou mellor, con maioría de mulleres, porque dos 15 ministros do executivo de José Maria Neves, 8 son mulleres, por primeira vez na historia das illas.

Redacción - 10:50 06/07/2008
José Maria Neves

José Maria Neves

O pasado 27 de xuño José Maria Neves (Partido Africano da Independência da Guiné e Cabo Verde, PAICV) saía reelixido como primeiro ministro, e a pasada segunda feira formaba un goberno con 15 carteiras, 7 delas para homes e 8 para mulleres. Era a primeira vez na historia que en Cabo Verde ían mesmo alén dun goberno paritario, habendo máis ministras do que ministros.

Esta igualdade e equidade de xénero, segundo dixo Neves na súa investidura, deberan ser destacados. De feito, o primeiro ministro caboverdiano (está no posto dende 2001) opinou que a maior presenza de mulleres nas carteiras ministeriais non significa só paridade, senón tamén a valoración da competencia que teñen demostrado en varios sectores da sociedade: "Penso que é preciso dar valor ao trabalho que as mulheres cabo-verdianas têm desempenhado a todos os níveis e este é um contributo que considero de valor para a melhoria da qualidade do trabalho governamental", salientou Neves.

As oito ministras
As carteiras que recibiron as novas ministras son a de Reforma do Estado e da Defesa Nacional (Cristina Fontes Lima), Finanças (Cristina Duarte), Justiça (Marisa Morais), Economia, Crescimento e Competitividade (Fátima Fialho), Trabalho, Formação Profissional e Solidariedade Social (Madalena Neves), Descentralização, Habitação e Ordenamento do Territorio (Sara Lopes), Educação e Ensino Superior (Vera Duarte) e Presidência do Conselho de Ministros e dos Assuntos Parlamentares (Janira Hopffer Almada).

Máis información no xornal O Expresso da Ilhas.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: