O rexedor dun dos concellos máis afectados polo decreto do catastro, norma española en favor das eléctricas, critica o pau do executivo estatal aos municipios.
Eran as mellores terras do Ribeiro, recordan os veciños do lugar sobre os terreos hoxe en día asolagados polas augas do encoro de Castrelo de Miño. Décadas despois de arramplar con terras de privilexio a prezo de saldo, a empresa eléctrica que explota este salto na actualidade vaise ver beneficiada polo Decreto 1464/2007 de 2 novembro, onde se estabelecen as normas técnicas de valoración catastral. Segundo esta modificación legal, as empresas do sector eléctrico gozarán de reducións medias de entre o 40e o 50% na cota a aboarlle aos municipios.
No caso concreto de Castrelo de Miño, trátase dun recorte na taxación catastral que baixa de 16 a 9 millóns de euros. Ademais, os coeficientes correctores aplicados en función do tipo de embalse, lonxitude, antigüidade e outros criterios, reduce aínda máis a cota, deixándoa con probabilidade en apenas o 20% da cantidade que pagaban até o de agora. Para un concello pequeno como é o de Castrelo, isto implicará se cadra a perda de arredor de 200 mil euros, caendo o seu orzamento por baixo do millón de euros (o goberno local xestionou 1,2 millóns o último exercicio).
"Un pau moi forte" para un concello de dous milleiros de veciños onde a dispersión complica e encarece a prestación de servizos, segundo explica para Vieiros o seu rexedor, o nacionalista Xurxo Rodríguez. "Fálase moito de autonomái local e de mirar pola suficiencia financeira, pero aquí vemos o que sucede na práctica: intromisión e ataque a uns ingresos consolidados", quéixase o rexedor, quen cualifica de "atraco" o acontecido e láiase de que unha vez máis o goberno español lexisle "en favor das empresas eléctricas, que son as principais beneficiarias" deste cambio.
O alcalde ourensán confía en que a chegada ao Senado da iniciativa recente do BNG poña o asunto nas axendas e poida corrixirse. A Federación de Municipios Afectados por Encoros, colectivo que defende os intereses de ducias de concellos en todo o Estado, estuda xa o procedemento legal a seguir para loitar contra a situación. Non descartan ter que acudir finalmente á vía xudicial para resolver o problema.
Madrid precisa enerxia mais barata e iso o pagan os Galegos como se diria sempre.
Pero eu diría mais ao PSEO saiulle as eleccions moi caras e teñen que devolver os cartos.... e como eles din "hai que facer o que hai que facer", pois se lle sumamos iso a suba do 20% da tarifa nocturna e do que parece vai ser o 11% da facturación normal mais a implatacion de novas nucleares.... Os ricos das enerxeticas van a ser mais ricos co goberno progresista ha ha ha...
Menos mal que deron un novo xiro a esquerda no último congreso ha ha ha.... ¿alguen podese creer isto?.
Primeiro Portomarín,
logo Castrelo do Miño.
¡Dispois tocoulle As Encrobas
sufrir parello destiño!
Raposos capitalistas
que non deixan un torrón,
sementan todo de lixo,
porcallada e polución...
Manuel Maria
E o mais patético é a tatexada traizoeira da FEGAMP....
Por si quedaba algún resquicio de dúbida de quénes marcan a política no Partido Electricista Financiero €$pañol de ZP e Mr. X, que se lle vaian desfacendo: o Gran Botín de $antander e as €léctrica$, duas Sociedades Anónimas Limitadas (non son para todos, ou).
Tal e como recordan na poesia de Manuel María o dín todo.Raposos capitalistas, e o Psoé a facerlle o traballo ao capital. Que farían senon estivesemos os nacionalistas ? Necesitamos mais cidadanía galeguizada, concienzada é que se dé conta da ultraxe que fan sempre que poden estes chamados "Sociolistos". Necesitamos a unión de todos os nacionalaistas. Onde están os de Galiza non se vende?
Teño unha dúbida: esta é unha desas medidas que ten ZP para axudarnos na crise? Baixa os impostos (que el non recibe, por certo) aos que recadan moito e que duplican e triplican os seus beneficios, para que os concellos teñan que subir os impostos aos cidadáns para seguir tendo os servizos que xa tiñamos.
Outra medida socialista froio desas mentes pensantes
"Miren señores que historia
nun pobo do noso Ourense
que ten xuez e segredario
e tamén señor forense.
Cheo de uva e de amor
era un val tan fermosiño
era en Galiza unha frol
era Castrelo de Miño.
Hasta que chegou o día
nunha mañá moi fermosa
en que chegou a Castrelo
o Conde señor Fenosa.
Ademiraba aquel conde
non as ringleiras do viño
senón o embalse futuro
do meu Castrelo do Miño.
Cando en Castrelo se soupo
das intencións daquel conde
o pobo en hirmandade
ante a infamia responde.
Estas verbas di Fenosa
"si les jodo que mas da
a mi lo que me interesa
es la electricidad".
"Que el embalse se construya"
dixo Paco entusiasmado
e alí mandou os ceviles
pra impoñer seu mandado.
Pedradas mandou o pobo
que lles foron a perilla
pros que enchen de auga Castrelo
e dan a lus a Castilla.
Fíxose logo o mandado
pagaron a patacón
a vila nun pedregallo
a xente na emigración.
Hoxe volven as andadas
mais encoros van facer
probiños dos nosos rios
e de nos que vai a ser.
Esta foi a triste historia
dun pobo do noso Ourense
que ten xuez e segredario
e tamén señor forense."
Suso Vaamonde