O 80% dos gases de efecto invernadoiro proceden dos países aló reunidos, láianse os ecoloxistas.
Da broma privada que o presidente dos Estados Unidos, George W.Bush, realizou cando se despedía dos outros líderes do G8, conta este xoves o diario británico The Independent. Despois de bloquear acordos máis ambiciosos e de conceder a posibilidade de estudar a redución á metade das emisións de carbono non antes do ano 2050, Bush despedíase cun "adeus" desde o "maior contaminador do mundo".
Remata así unha xuntanza onde o goberno anfitrión, o de Xapón, pretendía que se fixesen avances importantes en materia medioambiental no compromiso dos países máis ricos do planeta. Tal e como recordaban esta semana desde Ecoloxistas en Acción, as oito potencias aló reunidas son responsábeis do 80% dos gases de efecto invernadoiro liberados no mundo. Ao tempo, ademais de incumprir cos obxectivos do Protocolo de Quioto, estes países caracterízanse polas cambadelas continuas á posta en marcha dos compromisos ambientais. "Este cumio pecha con grandes promesas baleiras", láianse desde Ecoloxistas en Acción, criticando que o prazo do 50% de redución cara a 2050, "non ten credibilidade" toda vez que non se acompaña nin de prazos intermedios de recorte de emisións nin de políticas concretas.
Pouco poder ten o público e o voto fronte ás corporacións trasnacionais e o capital...
Tería sido máis relevante o feito dunha muller presidenta que o bluf demagogo dun afroamericano en proceso de descafeinamento. Change. We can believe in!...unha merda!
#2 De mulheres de ferro a dirigirem potências do primeiro mundo já sabemos algo... A Tatcher no Reino Unido, a Merkel na Alemanha... Achas que a Clinton nos USA seria diferente? Ademais, o Obama só é candidato, ainda não chegou a presidir nada. Não ponhamos o carro diante dos bois ;)
Devemos ser justos e olhar também para a faceta ecologicamente positiva de Bush; enriqueceu a biosfera com toneladas de matéria orgánica; fertilizou a Terra com muitos milhares de cadáveres.
O deste tipo e os seus colegas non ten nome.
Dende logo agardar que calquera solución ao cambio climático, a crise mundial, á pobreza e as demás eivas que padecemos veñan destes dirixentes insensibles e depredadores é estar cego.
Só unha loita consecuente dos traballadores, dos oprimidos, do terceiro mundo, dos ecoloxistas, das mulleres, dos xóvenes... pode cambiar este camiño cara ao desastre. Ver máis en:
amoscaesquerdosa.blogspot.com
Os postos son quenes marcan, representan, o papel que teñen a desenvolver. Dá o mesmo a persoa que o ocupe, XA TODO O LEVA PAUTADO, todo o básico e de interese para o SISTEMA.
Outra cousa é na periferia das decisións, sempre teñen unha marxe para o toque de grupo a quen agradecer. Dá o mesmo sexa muller ou home. Entre aquelas, esquecédevos da segunda do terrorista Reagan, que logo fora embaixadora na ONU (menuda!, non menor que calquera home, bush ou bicho que fora)