Defende a representatividade e legalidade do encontro e amósase "aberto" a que se una o sector crítico.
Terra Galega desenvolveu, finalmente, o sábado en Compostela o seu polémico congreso. O presidente da formación, Pablo Padín, asegurou que se viviu con "serenidade e sen tensións". Tamén defendeu a representatividade da xuntanza, á que acudiron o 72% dos compromisarios, de cinco das sete grandes cidades e de 37 das 47 agrupacións do partido. O 95% deles ratificaron as propostas que se presentaron.
A nova directiva do partido seguirá encabezada por Pablo Padín, mentres que o novo vicepresidente será o tenente de alcalde de Ordes Roberto González. O cargo de secretario xeral recaerá en Xermán Tobío, edil de Cedeira, e a vicesecretaría irá para Xosé Luís Vilas. Isto supón unha renovación "do 50 por cento, e tamén do 50 por cento do consello político", explicou Padín.
Con respecto ao anuncio do sector encabezado por Xoán Gato de impugnar o congreso, Padín asegurou que "todo o mundo é libre de actuar con respecto ao estado de dereito" e asegurou que se presentou toda a documentación. Segundo el, Gato non conseguiu as súas pretensións de modificar os estatutos do partido: "Marcha e pretende impoñer a súa legalidade". O presidente de Terra Galega tamén afirmou que o líder do 'sector crítico' chegou a recoñecer a validez do congreso nunha entrevista.
"O que nos interesa é seguir avanzando nas ideas do partido. Estamos abertos a toda a militancia", asegurou. "Se o sector encabezado por Gato quere achegarse, nós estamos abertos. Se fixemos o congreso apresuradamente foi porque eles o quixeron", conclúe.
Pablo Padín dixo que remataron o congreso "tristes, porque pode haber xente que marche, pero ilusionados e abertos a que se sume máis xente a este proxecto. Recibimos chamadas de apoio, de que falásemos co Partido Galeguista e creemos un partido, o único de Galiza serio e asentado de cara ás autonómicas e de cara ao futuro".
Pois nada, outro intento de artelhar umha direita nacionalista abortado.
Estos van a tener menos votos que Unión, Progreso y Democracia, aunque lamentablemente Vieiros no le va a dar a este último partido ni la mitad de espacio que a estos tipos de Tierra Gallega a los que no vota prácticamente nadie.
Moi curioso amigo P.P. (Pablo Padin); segun as tuas palabras asistiron o 72% dos compromisarios. Se 62 concelleiros e 5 alcaldes consideran ilegal o congreso e decidiron non asistir ¿Como é posible que os restantes 6 concelleiros, de un total de 68, teñan o 72% dos compromisarios no congreso?.¿Democracia orgánica?.
Efectivamente P.P., tentas crear un partido ficticio, en paralelo a Terra Galega, para o teu acubillo e os catro pretorianos que te acompañan. Non tés futuro ningun. Incluso te abandonaro os ilustres Carlos Marcos e Corcoba, os teus grandes pilares que te sustentaban. Por suposto que no Partido Galeguista xa mudaron de opinión e non queren saber nada de ti.
Por suposto que Terra Galega vai continuar, vaise presentar ás autonómicas pero dirixidos por unha representación democrática dos militantes reais e non dos inventados. Por suposto que aproveitaremos para soltar lastre e poñer no seu lugar a cadaquen.
O que eu nom entendo é como um indivíduo como este fulano se colou aí, mas bom...
Isto é o que se defende na páxina de TEGA "Pablo Padín e Xermán Tobío fracasan no seu simulacro de congreso ilegal", o ligazon é ista http://www.terragalega.eu/nova.... Se isto é certo, e a xente de Xoán Gato faise co partido deséxolle o mellor a TEGA, compre que haxa dous nacionalistas neste país.
*partidos
Carallo, sí que é grande a liorta porque semella que pecharon a páxina web do partido.
Pois si, é certo o da páxina web. No entanto, aínda está aberta a das mocidades, que seica apoia a Gato e demais (casualidade que a sede de referencia das mocidades estea en Narón...).
E que Narón, no proxecto gatuno, e a futura capital dunha Galiza burguesa e amante do teatro.
Unha vez máis confirmase a teoría de que algúns non queren que Galiza sexa un país normal. Cada vez que aparece un partido nacionalista moderado dinamítano. Se o señor Padín lle quixese algo a este país tería deixado traballar a quen sabe e están avalados pola confianza dos cidadáns, sen embargo a súa teima de se relacionar con cadáveres políticos coma Corcoba, Cacharro ou o simpático Carlos Marcos acabou por convertelo nun máis deles. ¿Por que non montan un partido que se chame "Resentidos por Galicia"?, o nome iríalles ao tal. Fixo ben Gato en arredarse deles, non sei como non veu antes que Padín non era de fiar, pero máis vale tarde ca nunca. Ánimo aos que de verdade aman Galiza e ogallá desta si saia un partido que represente verdadeiramente o sentir maioritario dos galegos, ánimo a Gato e ánimo as mocidades que parecen ser xente comprometida co país.
Quixen estar ao marxe de toda esta polémica na rede, pero como o partido está secuestrado véxome na obriga de confirmar o que escribiu algún compañeiro e mais de engadir algunhas cousas:
Para empezar, a páxina web non está pechada, sofreu dous ataques informáticos que coincidiron con publicacións críticas co que sucedeu no "congreso" do sábado.
En segundo lugar, como militante deste proxecto asumo a parte de responsabilidade que temos diante da opinión pública galega polo espectáculo que se está a dar, pero quero lembrarlle a algúns que pensan que isto morreu que o importante non son as siglas senón o proxecto político e o capital humano que hai tras delas, e a día de hoxe poido asegurar que isto ten continuidade a medio prazo porque o partido, paradoxicamente, está máis unido que nunca ao redor da figura de Xoán Gato.
En terceiro lugar, o verdadeiro motivo desta crise é a falta de escrúpulos e principios do señor Pablo Padín, que negociou ás costas do partido con personaxes tan como Diz Guedes, Cacharro Pardo, Carlos Marcos e Corcoba. Non só iso, senón que tentou suprimir por dúas ocasións a palabra nacionalista do ideario do partido e avergoñou á nosa militancia con mensaxes de contido tan retrógada e machista como a súa opinión sobre as seleccións galegas de fútbol. A súa manipulación do censo de afiliados para se crear unha maioría de compromisarios afíns, igual que nas eleccións da Restauración os gobernadores civís facían o "encasillado" favorable ao partido de turno, non é máis que o Austwich político dun personaxe lamentable que pasará á historia como o señor que se gababa de ter estado na comisión do "Estatuto dos 16", que tentou enchufar a filla como asesora cando era conselleiro e que quixo volver á primeira liña política cando nin tan sequera tiña capacidade de presentar unha lista electoral na súa cidade... RIP
O nacionalismo de centro é necesario para o noso país e ademais ten unha base sociolóxica onde medrar; sei que algúns pensarán que xa volvemos ás mesmas e que esta é unha crise máis que dispersará todo o que se conseguiu unir... nada máis lonxe da realidade. Nunca vin un grupo de xente tan comprometido co proxecto de levantar o noso país e de ofrecer unha alternativa ao panorama político existente, e ogallá que isto non sexa máis que unha anécdota desagradable que nos axudou a crecer e consolidarnos.
Outro militante de Terra Galega
penso, en base ao que xa se sabía e ao comentario #13, que de sobreviviren á esta tronada o proxecto da dereita nacionalista terase ceibado dun lastre importante.
Toda a sorte do mundo para Terra Galega. Sería clarexador para o panomarma político galego un nacionalismo de centro(ou non marxista, como se queira dicir). Eu sinto o país até o cerne da alma, mais non aturo que un jarrai deses me diga que son un cipallo porque... ben, imaxinade o que se me podería dicir. Con todo, polo de agora vou seguir votando ao que hai; ademais penso que xa hai un partido liberal no BNG (o PNG??).
Parece que cada vez hai máis xente que aposta por un nacionalismo moderado e de centro que faga fronte ao marxismo que dende a UPG controla ao Bloque. A referencia ao PNG e´stá moi ben máis todos sabemos que non pintan nada e que ao final nin Quintana nin ninguén se atreven a facerlle fronte aos coroneis upegayos, máis ainda con Paco Rodríguez de volta en Galiza. Por iso é necesario que Terra Galega con nacionalistas de corazón e libres coma Xoan Gato saia reforzada desta crise e se desfaga de impresentables coma Padín , quen coas súas declaracións aos medios dos últimos meses deixou claro que de nacionalista non ten nada, menos ainda despois de terse xuntado con personaxes coma Corcoba ou o Marcos ese.
O marxismo pode estar nas formas ou no fondo. O problema da UPG é que ainda por riba o seu marxismo só está nas formas, na mnetres no fondo non nson tan diferentes á dereita caciquil que gobernou este país dende a restauración da democracia; é dicir , máisca de marxismo habería que falar de staliniso, isto é, ou comigo ou contra min, e xa sabes o que che espera, non hai máis ca mirar como acabaron grandes políticos coma Beiras ou camilo Nogueira. Quintana está preso por esa mesma corda e hai del se se intenta ceibar. Contra isto sería moi necesario que os nacilnalistas librws encabezados por Gato tirasen do carro para que dunha vez Galiza teña o partido nacionalista que se merece. Ogallá sexan quen de se desfacer dunha vez de personaxes escuras coma Pablo Padín e as súas amizades perigosas e cheguen con forza ás elección galegas. Galiza mereceo e os galegos hano entender.