Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SISTEMA MÉTRICO DECIMAL

O Reino Unido terá que abandonar os seus "ferrados"

A Unión Europea impón o uso oficial da hectárea fronte ao tradicional acre a partir do ano 2010, para enfado dos conservadores.

Redacción - 13:30 21/07/2008
Antiga oficina británica de pesos e medidas en Middlesex / Flickr: NicoHogg

Antiga oficina británica de pesos e medidas en Middlesex / Flickr: NicoHogg

Os británicos ou, cando menos, os representantes do Partido Conservador, están furiosos pola intromisión da Unión Europea, que decidiu suprimir a unidade de medida imperial de superficie, o acre, en favor da internacional hectárea. A norma entrará en vigor no ano 2010.

O voceiro conservador para asuntos europeos, Mark Francois, tacha de "interferencia absurda nos recunchos da nosa vida nacional que provoca o rexeitamento da xente contra a UE" e afirmou que esa é unha decisión británica, e non europea. Tamén criticou o feito de que non se enviase un ministro para defender os intereses británicos, segundo conta o Telegraph.

Até agora, o Reino Unido gozaba dunha moratoria para usar as súas unidades de medida tradicionais fronte ao resto da Unión. Agora, os británicos teranse que afacer mentalmente a que unha hectárea son 2,471 acres. Do mesmo xeito que en Galiza aprendemos a convivir xa hai moitas décadas entre a unidade de medida oficial e os nosos ferrados, concas ou fanegas.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: