Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sete persoas detidas

Arrestan en Galiza un presunto membro da ETA

A Garda Civil informou da detención en Nigrán dun suposto membro do chamado "Comando Biscaia".

Redacción / Europa Press - 11:00 22/07/2008
Tags: arresto ETA

Aitor Kotano Sinde, veciño da localidade biscaíña de Elorrio, foi detido por axentes da Garda Civil na madrugada do luns ao martes nunha vila costeira da provincia de Pontevedra, segundo confirman desde ao propio grupo de apoio a presos Askatasuna.

Atribúeselle a pertenza ao grupo que o Ministerio de Interior bautizou como "Comando Biscaia" da ETA, grupo presuntamente autor da maioría de ataques realizados pola ETA desde a fin do cesamento de fogo.

Outras detencións producíronse nas localidades biscaíñas de Getxo e Elorrio, onde foi arrestado, Arkaitz Goikoetxea, a quen as fontes policiais consideran líder deste grupo.


Detención "illada"

O delegado do goberno español en Galiza, Manuel Ameijeiras, asegurou este martes que a ETA non conta con ningún tipo de estrutura "nin estábel nin itinerante" no país. Ameijeiras desvinculou a detención do presunto membro do 'Comando Biscaia' en Nigrán dos explosivos colocados a pasada fin de semana en localidades costeriras de Cantabria.



Segundo as informacións reveladas, o detido en Nigrán, Aitor Kotano Sinde, veciño da localidade biscaíña de Algorta, "foi seguido" até Galiza por axentes da Garda Civil e estaba no municipio pontevedrés "por unha relación persoal". Manuel Ameijeiras comentou ademais que esta detención non modificará o dispositivo de seguridade xa deseñado para o contorno do Día de Galiza.





5/5 (1 votos)


Comentarios (7)

baltar69 #1 22/Xullo/2008 baltar69

ter nome vasco nas terras asimiladas ó estado español é coma ser árabe nos usa ou cobrizo na royaume unit.
todos á audiencia, todos a guantánamo, mentras a movida vive o rollo freak de zapatero y sus muchachas. le freak, le chic, freak out.
a vida tal e como remataban os resentidos unha canción, fai un fato de anos: ay, me encanta españa. e a influencia en madrí, apostillo eu agora.
le chic, le freak, fuck off.

mceleiro #2 22/Xullo/2008 mceleiro

Muito se falará do tema panaceia que é ETA nos próximos dias para calar o escándalo de fugida de capital ao exterior do Banco Santander e a operação de Martinsa.

Supostos artefactos em Cantábria, deteções de supostos etarras, De Juana Chaos,...

Aumentarão este tipo de informações de distração segundo se aproxime o referendum de Ibarretxe e aumente a crise das altas finanças, malchamada imobiliária.

Panis et Circensis

mceleiro #3 22/Xullo/2008 mceleiro

O terrorismo deverá ser novamente a primeira preocupação dos súbditos do reino post-franquista.

galego83 #4 22/Xullo/2008 galego83

mceleiro......supostos artefactos en Cantabria?¿?¿

eu creo que supostos sobra....ou tamén hai un "suposto" terrorismo en España?¿

supostos etarras si que son, hasta que na audiencia se demostre o contrario, que de seguro se demostrará.

AGIL #5 22/Xullo/2008 AGIL

Serão ou não serão "supostos", mas sim são oportunos. Para o que foi dito, "crise" (que não é), martinsa-fadesa, santander fugado... e Dia da Pátria galega... Desmentir vale por mentir duas vezes: «No es cierto que ETA tenga que ver con...» Que é o que entende a gente? Que ouve? ETA... atentados... Nigrán... «Ah, por tanto fue ETA la que colocó los explosicos en Nigrán! Ya lo decía yo...»
A desinformação e a propaganda (nacionalista espaÑola) vão da mão...

Anti_Lusista #6 22/Xullo/2008 Anti_Lusista

Tamén era mentira o intento de rapto a Franqueira? A ver centrémonos, unha cousa non quita a outra, que ETA ten bontade de atentar é algo que ninguén dubida. Se lle fixera caso a ETA ao IRA acadaría moitos dos seus obxectivos, deixando as armas, pero deste xeito non van a ningures e mais matando xente. Como dicía Marco Aurelio "O mellor xeito de desprezar a alguén é non imitar as súas pegadas".

mceleiro #7 23/Xullo/2008 mceleiro

Num momento "quente" da política portuguesa, também ETA pus bombas no Alentejo. Como bem sabemos para se independizar Euskadi da República Portuguesa....Enfim

Todo lo que dicen en la tele es la verdad y toda la verdad!

Como diz AGIL, agora vêm de ligar as ações de Resistência Galega com a mesma ETA.

Não sei se alguém se apercebeu que nesta semana é o Dia da Pátria. Nada extranho seria ver independentistas galegos detidos acusados de colaborar com os supostos etarras na Galiza.


PS: Até que ETA diga que colocou essas bombas, ou a justiça o demostre com provas, a autoria de ETA é SUPOSTA.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: